Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome do centro: IES TERRA DE TRASANCOS

A dirección do centro é: Camiño Real s/n 15570 Narón(A Coruña)

O correo do centro é: ies.terra.trasancos@edu.xunta.es

A nosa páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterratrasancos/

Temos arredor de 429 alumnos e 54 profesores que imparten a docencia en ESO, Bacharelato, Fp Básica e Comercio e Fp Básica de Electricidade e Ciclos Medio de Administrativo e Ciclo Superior de administración e finanzas.

No centro ademais traballan dúas conserxes, tres limpadores e unha administrativa.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

O Instituto de Ensino Secundario Terra de Trasancos é un centro do Concello de Narón (A Coruña) de titularidade pública. Atópase no lugar de Camiño Real S/N e o acceso principal ao centro resólvese dende a Estrada de Cedeira. A distancia do IES aos núcleos urbanos do concello, así como a procedencia dos alumnado, fai que este utilice para o acceso ao centro o transporte escolar, e, no caso dos alumnos de ciclos, transporte privado cando o seu horario lectivo non coincide co do resto dos alumnos. Este feito supón un condicionante na actividade do centro, pois, na práctica, o desenvolvemento de calquera actividade fóra do horario lectivo implica o desprazamento dos participantes polos seus propios medios sen que exista, nin sequera, transporte colectivo público nas proximidades. Os rapaces adscritos ao noso centro proveñen a súa maioría do CEIP Gándara e en menor medida do CPR Santiago Apostol e do CEIP Jorge Juan.

O Plan Dixital que estamos a realizar vai contribuir a organizar mellor os recursos dixitais cos que conta o centro, para que todos os Departamentos poidan coñecer e utilizar os devanditos recursos, e tamén para poder mellorar as nosas debilidades e afianzar as nosas afoutezas.

As novas tecnoloxías están presentes no noso centro dende fai anos e tentamos fomentalas con diversos Plans de Formación de Profesorado, e incorporando as novas tecnoloxías no noso traballo diario, para que nos poidan ser útiles tanto como Claustro como individualmente.

O plan dixital vai estar presente na Programación Xeral Anual, tanto dende a organización de formacións iniciais para todo profesorado, como dende o seguimento que faremos ao longo de todo o curso.

Breve xustificación do mesmo

Para a elaboración do Plan dixital do noso centro tívose en conta:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

Os integrantes do equipo encargado da elaboración do presente plan son os seguintes: Galdo Vigo , María Graciela; Rivera Herrero , Sabela e Suárez Sanjuás , Vicente.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Para a análise DAFO empregaranse as dúas ferramentas proporcionadas pola administración educativa: O test de avaliación SELFIE no que participaron profesorado e alumnado dos distintos niveis educativos. O test CD co que o profesorado autoavaliou a súa competencia dixital.

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H13:Resolver problemas técnicos. Alumnado Non
Debilidade C10: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe para levar a casa. Alumnado Non
Debilidade C13 Traer o propio dispositivo. Alumnado Non
Debilidade C13 Traer o propio dispositivo. Familias Non
Debilidade C15: Tecnoloxías asistenciais. Infraestruturas Non
Debilidade C10: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe para levar a casa. Infraestruturas Non
Debilidade C15: Tecnoloxías asistenciais. Organización de centro Non
Debilidade C13 Traer o propio dispositivo. Organización de centro Non
Debilidade A6: Participación das empresas na estratexia Organización de centro Non
Debilidade G6: Comentarios a outros alumnos sobre o seu traballo. Organización de centro Non
Debilidade A4: Tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Debilidade B4: Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Organización de centro Non
Debilidade A4: Tempo para explorar o ensino dixital. Organización de centro Non
Fortaleza C8: Dispositivos dixitais para a aprendizaxe no instituto. Alumnado Si
Fortaleza H1: Aprender a actuar de maneira segura en internet. Alumnado Non
Fortaleza H7: Creación de contidos dixitais. Alumnado Si
Fortaleza H8: Aprender a comunicarse utilzando a tecnoloxía. Alumnado Non
Fortaleza H10: Utilizar as TICS en diferentes materias. Alumnado Si
Fortaleza H3: Aprender a actuar de maneira responsable e a respectar en internet. Alumnado Non
Fortaleza C5: Asistencia técnica. Infraestruturas Non
Fortaleza C3 Acceso a internet. Infraestruturas Si
Fortaleza C1:Infraestructura. Infraestruturas Si
Fortaleza C2: Dispositivos dixitais para o ensino Infraestruturas Si
Fortaleza C8:Dispositivos dixitais para a aprendizaxe no instituto. Infraestruturas Si
Fortaleza A3: Novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza A3: Novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza C5: Asistencia técnica. Organización de centro Non
Fortaleza E3: Empleo de entornos virtuais de aprendizaxe. Persoal docente Si
Fortaleza A3: Novas modalidades de ensino. Persoal docente Si
Fortaleza D2: Participación no Desenvolvemento Profesional Continuo. Persoal docente Non
Fortaleza E1: Busca recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza E1: Busca recursos educativos en liña. Persoal docente Si
Fortaleza D4: Oportunidades DPC. Persoal docente Non
Fortaleza E4: Comunicación coa comunidade educativa mediante tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza F1: Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza G7: Avaliación dixital. Persoal docente Si
Fortaleza D3: Intercambio de experiencias. Persoal docente Non
Fortaleza F4: Inclusión do alumnado Persoal docente Non
Fortaleza D3: Intercambio de experiencias. Persoal non docente Non
Fortaleza E1: Busca recursos educativos en liña. Persoal non docente Si
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B4:Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia. Outras Non
Ameaza A6: Participación das empresas na estratexia Outras Non
Oportunidade C1: Infraestructura. Administración educativa Si
Oportunidade C3: Acceso a internet. Administración educativa Si
Oportunidade C2: Dispositivos dixitais para o ensino. Administración educativa Si
Oportunidade A5: Nornas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Lexislación Non
Oportunidade C1: Infraestructura. Outras Si
7 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xenerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
01PD_2324 Promover a utilización da aplicación abalar para a comunicación profesorado-familias.
02PD_2324 Utilizar a aula virtual como recurso educativo.
03PD_2324 Mellorar a infraestructura e equipamento informático do centro (rede, equipos,...).

Seguimento

Procedemento
1º Trimestre

Ao comezo do curso cumplíronse os indicadores correpondentes:

  • Promover o uso da app abalar: dar instrucións ao profesorado para o seu uso
  • Aula virtual: enviar instrucións sobre o funcionamento da aula virtual.
2º Trimestre

Planifícase a mellora das infraestructuras informáticas do centro:

  • Substitución de equipamento obsoleto.
  • Mellora do equipamento dos membros do equipo directivo,
  • Mellora do equipamento nos talleres de FPB.
  • Dotación de portátiles para o alumnado nos cursos de PDC.
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Haberá dous tipos de avaliacións:

  • Avaliación procesual ao finalizar cada trimestre que consistirá en:

    • Actualización da táboa de equipamento.

    • Seguimento dos plans de accións dos distintos obxectivos.

    • Propostas de mellora.

  • Avaliación final ao remate do curso académico que consistirá en:

    • Actualización final da táboa de equipamento.

    • Valoración final das accións levadas a cabo durante o curso.

    • Incorporación das propostas de mellora ao novo plan dixital

    • Redacción da nova versión do plan para a súa aprobación no claustro e consello escolar.

Valoración xeral
Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan dixital e as súas sucesivas actualizacións serán publicadas na web do centro para a consulta por parte de toda a comunidade educativa.

A ligazón ao plan  é: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15026455