Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos identificativos

Nome/ Código: C.E.I.P. Joaquín Rodríguez Otero - 15021861

Enderezo: Campo de Xaviña, s/n CP. 15111- Buño

C.I.F.: Q 6555347 A Teléfono/ Fax: 881 88 07 40 / 881 88 07 47

Correo electrónico: ceip.joaquin.rodriguez@edu.xunta.gal

Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipjoaquinrodriguez

Lexislación

Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021- 2022.

Artigo 30.1 do DECRETO 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 15 da ORDE do 30 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 150/2022, do 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Artigo 34.1 do DECRETO 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 14 da ORDE do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 155/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación primaria na Comunida de Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

A preocupación pola presenza das novas tecnoloxías na realidade do centro educativo non é algo novo . Hai xa mais de 10 anos que aparece recollido no punto X- Plan de introdución ás novas tecnoloxías, do Proxecto Educativo.

Desde o curso 2017 o claustro do centro está a participar en PFPP relacionados coas novas tecnoloxías:

  • PFPP 2017/18 Introdución á robótica en Primaria.

  • PFPP 2018/19 Robotizando a escola.

  • PFPP 2019/20 Robotizando a escola.

  • PFPP 2020/21 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.

  • PFPP 2021/22 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.

  • PFPP 2022/23 A aula virtual do centro. Recurso para un ensino non presencial.

  • PFPP 2023/24 Os Polos Creativos como espazo de innovación e creatividade.

Ademais , o profesorado do centro realizou as actividades formativas de actualización de ferramentas tecnolóxicas para docentes organizadas polo CEFORE.

Esta formación aplícase nas aulas, a través da proposta de actividades de programación e robótica en obradoiros anuais e , especialmente nos grupos de 3º a 6º de primaria.

Esta formación é tamén aprobeitada para dentro do PLAMBE crear o espazo TIC na biblioteca do centro.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Por tratarse dun centro con un claustro reducido de 8 docentes, a dirección propuxo o asesor de formación do CEFORE a posibilidade de realizar dentro do PFPP do centro no curso 2021/22 un itinerario sobre a elaboración do PD. En consecuencia, na realización do PD participou todo o profesorado do centro, exercendo a función de coordinado o director do centro. Seguindo a temporalización planificada realizáronse tres fases:

  • Fase I. Análise e diagnose de situación do centro.
  • Fase II. Deseño e elaboración do PD.
  • Fase III. Implementación,seguimento e avaliación.

As dúas primeiras fases realizáronse ao longo do curso 2021/22 , quedando a 3ª fase axendada para o curso 2022/23 , no que se aprobou o Plan Dixital con 3 obxectivos que , tal como se recolle na avaliación realizado o final do curso , foron acadados.

Para o curso 2023/24 , propóñense novos obxectivos tendo en conta o recollido na avaliación do curso anterior e as necesidades previamente detectadas. 

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Autoavaliación SELFIE.

Test CDD

Interno
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade O alumnado con necesidades educativas especiais ten acceso limitado a tecnoloxías asistenciais. Alumnado Non
Debilidade Competencia dixital baixa do alumnado en ofimática Alumnado Si
Debilidade Baixa competencia dixital das familias. Familias Si
Debilidade Dispoñibilidade de equipamentos dixitais nos fogares. Familias Si
Debilidade Equipamentos dixitais antigos que precisan dun mantemento continuo e sofren avarías habituais. Infraestruturas Non
Debilidade Disparidade nos sistemas operativos e programas ofimáticas dos computadores do centro. Infraestruturas Non
Debilidade Conectividade a internet reducida nos fogares. Infraestruturas Non
Debilidade Facer máis explícita a estratexia dixital. Organización de centro Si
Debilidade Falta de tempo para realizar actividades en colaboración con outros centros ou organizacións. Organización de centro Non
Debilidade Escasa oferta de formación dixital para as familias desde o centro. Organización de centro Si
Debilidade Incidir no respecto os dereitos de autor e uso de contidos de código aberto. Organización de centro Non
Debilidade O centro obtivo un nivel Integrador/a (B1) no TestCDD de nivel de competencia dixital. Persoal docente Non
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais para que o alumnado realice observacións construtivas sobre o traballo dos seus compañeiros. Persoal docente Si
Debilidade Falta de dinámicas de avaliacións do progreso de ensino aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Escaso uso de técnicas de avaliación a través de medios dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Uso das tecnoloxías dixitais para documentar a aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Uso de tecnoloxías dixitais para que o alumnado reflexione sobre a súa aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade Disparidade na resposta por parte do alumnado na realización de actividades colaborativas. Persoal docente Non
Debilidade As actividades actividades dixitais propostas non resultan motivadoras para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a codificar ou programar. Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de xeito responsable e a respectar aos demais cando utiliza internet. Alumnado Si
Fortaleza Dispoñibilidade de equipo dixitais para o uso dos docentes e alumnado. Alumnado Si
Fortaleza Dispoñibilidade de espazos adaptados o uso das tecnoloxías. Alumnado Si
Fortaleza Uso da páxina web e a aula virtual do centro. Alumnado Si
Fortaleza O alumnado utiliza a tecnoloxía en diferentes materias e crea contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza A través de abalarMobil reciben avisos e notificacións , así como poden solicitar titorias ou xustificar faltas. . Familias Si
Fortaleza Acceso á páxina web do centro para seguir as actividades realizadas. Familias Si
Fortaleza Boa conectividade a internet e dotación de equipos EDI nas aulas. Infraestruturas Si
Fortaleza Disponse de espazos virtuais nos que compartir contidos entre os docentes. Infraestruturas Non
Fortaleza Disponse de dispositivos portátiles que o alumnado pode levar á casa se é necesario. Infraestruturas Si
Fortaleza O centro difunde a información de interese e facilita o seguimento da actividade académica do alumnado a través dos servizos dixitais. Organización de centro Si
Fortaleza Hai medidas para identificar os retos que xorden coa aprendizaxe hibrida relacionadas coas necesidades de aprendizaxe do alumnado e o contexto socioeconómico. Organización de centro Non
Fortaleza O centro conta con experiencia na organización de espazos de aprendizaxe virtual e acceso a recursos dixitais en liña. Organización de centro Non
Fortaleza A estratexia dixital do centro involucra a todo o profesorado, que se sinte animado a probar novas formas de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado crea recursos dixitais para reforzar o seu labor docente. Persoal docente Si
Fortaleza O profesorado utiliza tecnoloxías dixitais para adaptar o ensino ás necesidades individuais do alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades formativas organizadas no centro e pola administracións educativa (FPP) Persoal docente Non
Fortaleza Profesorado motivado a introducir as tecnoloxías dixitais na aprendizaxe de aula. Persoal docente Non
38 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Equipamento antigo necesitado de renovación e actualización para adaptación ás novas aplicacións. Administración educativa Non
Ameaza O centro non ten bibliotecas en liña. Administración educativa Non
Ameaza Falta dun servizo de asistencia técnica da consellería que resolva os problemas técnicos nos equipos dixitais. Administración educativa Non
Ameaza Falta de tempo do profesorado para organizar e preparar contidos dixitais para a aula. Administración educativa Non
Ameaza Mala conectividade na contorna rural do centro. Contorna Non
Ameaza Escaseza de equipamentos dixitais nos fogares. Contorna Si
Oportunidade As actividades formativas organizadas pola administración educativa axústanse ás necesidades formativas en competencia dixital do profesorado. Administración educativa Non
Oportunidade Dispoñibilidade de aula virtual de centro para o seu uso por parte da comunidade educativa en caso de aprendizaxe presencial e híbrida. Administración educativa Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Promover o uso da Aula Virtual corporativa.
O02PD Implementar un proxecto dixital interdisciplinar por trimestre.
O03PD Capacitar aos membros da comunidade educativa no uso dos recursos dixitais presentes no centro.
O04PD Utilizar os recursos TIC do centro.

Seguimento

Procedemento

O seguimento do PD farase a través dunha avaliación procesual , realizada polo dinamizador do PD en coordinación co equipo directivo de xeito trimestral.

Buscarase un seguimento da realización dos obxectivos propostos e posta en común da evolución do traballo anual proposto dentro das reunión mensuais da CCP.

1º Trimestre

Seguimento por parte da asesora en dúas visitas o centro e na que se acordaron as seguintes accións:

  • Visita do 28/09/2023 :  Revisión dos obxectivos en Educalidade.
    • O1 - Establecer unha estratexia dixital para mellorar os obxectivos do curso pasado e tratar de empregar os novos recursos que chegan o centro.

    • O2- Aumentar os recursos subidos á Aula Virtual. Recoméndase  empregar as actividades interactivas H5P da propia Aula Virtual, os foros e que o alumnado suba tarefas por medio da mesma.

    • O3- Aumentar o número de actividades dentro dos proxectos interactivos.

  • Reunión do 23/10/2023 (a través do espazo ADIX de videoconferencia). Recomendacións de mellora da asesora nos obxectivos , accións e indicadores do Plan Dixital 2023/24.Fixación da data de peche do 6 de novembro.

  • Comunicación do 12/12/2023 , na que se facilitan indicacións para a realización do seguimento do Plan Dixital.

2º Trimestre

Seguimento por parte da asesora :

  • Reunión telemática do 16/03/2024 . Acordos da reunión:
    • Obx1: Está pendente que desenvolvan actividades H5P por parte do profesorado. A asesora facilitará titoriais para a realización de actividades H5P.
    • Obx2: Publicáronse os proxectos do Día da Paz e o Entroido na páxina web do centro. Está pendente de publicar actividades de animación en Scratch sobre a Paz e un xogo de robótica sobre un mapa do tesouro.
    • Obx3: Fixeronse cursos de formación para as familias observándose unha boa resposta das familias no uso da aplicación abalar , pero obtendo uns peores resultados no uso da Aula Virtual. 
    • Obx4: O espazo da Aula Virtual para reservar os recursos e espazos TIC non está a ser moi empregado, facendose a reserva dos recursos de xeito directo ante a dirección .

 

3º Trimestre

 

Durante o terceiro trimestre continuouse a traballar nos catro obxectivos do plan atopando as seguintes dificultades para acadar os indicadores propostos:

  • Obx1: Facilitouse o profesorado titoriais e información sobre as posibilidades didácticas das actividades H5P. A falta de tempo por parte do profesorado impidiu que se desenvolvesen actividades H5P para todo o alumnado, quedando pendente a súa elaboración.
  • Obx2: Publicáronse os proxectos de animación e robótica elaborados polo alumnado na páxina web do centro.
  • Obx3: Durante o terceiro trimestre continuouse a asesorar a familias con dúbidas sobre o uso da AV.
  • Obx4: O espazo da Aula Virtual para reservar os recursos e espazos TIC non está a ser moi empregado, facendose a reserva dos recursos de xeito directo ante a dirección .O centro continúa sen recibir o equipamento dos Polos Creativos polo que as actiivdades realizadas sobre este aspecto foron moi limitadas.

 

Seguimento por parte da asesora :

  • Reunión telemática do 29/05/2024 .

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

A valoración deste coordinador sobre a consecución dos obxectivos propostos é positiva , tanto da consecución dos obxectivos como da temporalización e seguimento das actividades polo profesorado e o alumnado. O retraso na suministración de equipamento dos Polos Creativos impediu que se puidese levar á práctica a maioría de propostas iniciais recollidas no PFPP de centro, quedando nunha realización teórica e formativa que non pudo trasladarse á práctica educatia co alumnado. Destacar tamén a falta de tempo por parte do profesorado para levar á práctica actividades H5P con seu alumnado. Sinalar o pouco éxito que tivo entre o profesorado o espazo virtual para reservar o uso de espazos e equipamentos do centro, seguindo a ser empregado o sistema tradicional de reserva por escrito no horario das dependencias. Deben mellorarse os resultados nas actividades programadas familias.

Queda pendente a recollida da valoración do claustro.

Proposta de mellora

Estas valoracións serán a base para a formulación de propostas de mellora e novos obxectivos que constituirán as novas propostas a recoller nas actualizacións do PD e que serán recollidas na memoria anual de centro no apartado reservado o Plan Dixital.

Desde a coordinación do PD proponse insistir no traballo formativo e titorización do profesorado para conseguir que a AV recolla actividades H5P para o alumnado. En canto sexa posible, e en coordinación coa coordinadora de Polos Creativos do centro , traballar na actividade formativa e titorizante sobre estes equipamentos.

Para incentivar a participación da familias ,proponse a realización de xornadas explicativas dos recursos dixitais do centro coas familias.

 

 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Para a difusión do PD entre a comunidade educativa seguirase o procedemento habitual de comunicación das documentos de centro, publicándose na páxina web corporativa xunto o resto de documentos de centro e actualizando a súa publicación ao inicio de cada curso escolar.