Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Contextualización do Plan Dixital no centro.

 O ámbito de influencia do centro ten un carácter eminentemente rural e con  baixa densidade de poboación. A actividade predominante no concello é a agrícola e gandeira, sendo alumnado procedente de familias de nivel socioeconómico medio-baixo. O propio centro está incluído no grupo ISEC, Índice Socioeconómico e Cultural, no nivel medio baixo. Dito índice ten en conta variables como a situación laboral e profesional das familias e os recursos culturais e materiais no fogar.

 A situación da pandemia vivida nos cursos pasados obrigounos a recoller datos de conectividade na contorna do alumnado e de infraestrutura dixital no ámbito familiar. Detectamos un total de 54 familias (30%) do total que indicaron ter:

  • Problemas de conectividade derivados de: zona sen cobertura ADSL ou fibra e mesmo zonas de sombra con cobertura de móbil nula ou escasa.
  • Carecer de equipamento de conexión a internet nos fogares ou unicamente conexión por medio de uso de datos de telefonía móbil moi limitados

Podemos constatar a fenda dixital existente na contorna do noso centro relacionada principalmente coa falta de coñecementos de informática e habilidades necesarias para participar na sociedade da información acentuado pola falta de infraestrutura que afecta a boa parte da zona rural do Concello de Touro.

Incardinación e contribución ao proxecto educativo.

O noso centro ten unha tradición irregular pero longa de emprego das TIC. Dispoñemos de conexión á internet e aula de informática desde o ano 1999. No ano 2006 creouse a páxina web do centro,e, vinculada a ela, a aula virtual.

Desde o curso 10/11 participamos no proxecto Abalar. No curso 15/16 comezamos a empregar a aplicación abalarmobil. Desde o curso 18/19 contamos coa plataforma dixital educativa Snappet. No ano 2020 solicitouse Edixgal, manténdose en 5º e 6º de primaria.

Outros proxectos: PLAMBE, programa Meiga, blogs de biblioteca e dinamización lingüística, participación no programa navega con rumbo, radio na biblio, etc.

Breve xustificación do Plan Dixital de Centro.

 A realización do Plan Dixital do Centro é o instrumento de transformación que ten que elaborar  o centro educativo para abordar o cambio que propón o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg). Deste xeito, o Plan recollerá as principais ideas, marcará as prioridades e establecerá  os niveis de planificación  que determinarán  a misión, visión, valores e estratexia da organización escolar co obxectivo de avanzar na dixitalización da organización escolar.
 Na Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022, indícase que:
A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa, así no artigo 121 establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e na aulas.
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021,
da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
 En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
O Regulamento polo que se establece o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia do Consello Europeo do 11 de febreiro de 2021 establece como un dos seus principais eixes a transformación dixital na procura da excelencia, a universalidade e a equidade na educación; que elimina as brechas sociais e territoriais, que incentiva a formación continua e cre no talento, promocionando o emprendemento e a innovación, o reforzo das súas capacidades de investigación e a atracción e fomento da excelencia.
No Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica que impulsa a Consellería de Cultura, Educación e Universidade, faise unha clara aposta por espazos ao servizo dos proxectos educativos, sobre todo vinculados á transformación dixital e que sexan xeradores de igualdade e de inclusión. Así como, na Estratexia Galicia Dixital 2030 e na Estratexia Educación Dixital 2030 de Galicia, cara a consecución dunha cidadanía dixital plena.

Nesta mesma resolución establécese:

Esta resolución ten por obxecto establecer as medidas de actuación relativas ao deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital para o curso 2021-2022, nos centros docentes sostidos con fondos públicos correspondentes ao ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos empregados para a recollida de información previa foron os que se nos pediron desde a asesoría do plan : Selfie (no que participou o equipo directivo, o
profesorado e o alumnado a partir de 5º de Ed. primaria) e o test de competencias  dixitais docente ( test CDD) no que participou só o profesorado. Ademais diso, tivemos tamén en conta os coñecementos do centro que tiñan  os membros do grupo de traballo  encargado da elaboración do plan (infraestrutura dixital do centro, equipamento, servizos empregados polo centro...)

Interno
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Pouca insistencia en que o alumnado aprenda a dar crédito ao traballo doutras persoas que se encontra na rede, a busca eficiente e fiable de información e á seguridade Alumnado Non
Debilidade Falta de tecnoloxías dixitais "amigables" para avaliar a habilidade do alumnado e facilitar a retroalimentación Infraestruturas Non
Debilidade Non existe unha estratexia dixital Organización de centro Non
Debilidade Déficit de emprego de tecnoloxías dixitais que adapten o método de ensino, fomenten a creatividade do alumnado e o motiven Persoal docente Non
Debilidade Formación mellorable no uso e xestión das tecnoloxías para o proceso de ensino/aprendizaxe: 60% do profesorado participante no test CDD en nivel A2 Persoal docente Non
Fortaleza O alumnado está aprendendo a resolver pequenos problemas técnicos que xorden no día a día na aula Alumnado Non
Fortaleza O alumnado aprende a crear contidos dixitais e e a comunicarse empregando tecnoloxías dixitais Alumnado Non
Fortaleza Infraestrutura dixital moderadamente actualizada Infraestruturas Non
Fortaleza Boa conexión a internet (fibra óptica) para o ensino/aprendizaxe (con dispositivos propios do centro) Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado interésase en que o alumnado desenvolva habilidades dixitais para distintas materias. Organización de centro Non
Fortaleza Acceso a posibilidade de desenvolvemento profesional continuo (DPC) coa participación de cursos, seminarios, PFPP, etc Persoal docente Non
Fortaleza Existe apoio por parte do equipo directivo para que o profesorado explore novas formas de ensino con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza No noso centro debatemos sobre as vantaxes e desvantaxes do ensino/aprendizaxe con tecnoloxías dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Emprego por parte do profesorado e do alumnado de contornas virtuais de aprendizaxe (Edixgal, Aula virtual do centro) e tamén de comunicación (abalar) Persoal docente Non
14 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Escasa creación de recursos dixitais Administración educativa Non
Ameaza Diferencia entre o material didáctico editado en formato físico (libro de texto) e o material en formato dixital (por exemplo en Edixgal) Administración educativa Non
Ameaza Exceso de burocracia Administración educativa Non
Ameaza Falta de asistencia técnica "de proximidade" (técnico informático nos centros (salvo EDIXGAL)) Administración educativa Si
Ameaza Dificultade para que o alumnado traia os seus propios dispositivos portátiles para o uso durante a clase pola dificultade de conexión á rede do centro Administración educativa Non
Ameaza Insuficiente tempo para que os docentes podan explorar novas modalidades de ensino no ámbito dixital Administración educativa Non
Ameaza Equipos subministrados para alumnado sen recursos con conexión a internet caducada sen rematar o curso Administración educativa Non
Ameaza Baixa e desigual cobertura de internet no Concello Contorna Non
Ameaza Leis cambiantes que que impiden asentar estratexias de actuación nas aulas Lexislación Non
Oportunidade Formación dixital continua do profesorado Administración educativa Non
Oportunidade Actualización das aulas de informática do centro con equipos novos Administración educativa Non
Oportunidade Programas da Consellería vinculados ás TIC, como Edixgal Administración educativa Non
Oportunidade Nova lei educativa en proceso de implantación Lexislación Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir da análise  DAFO determináronse tres obxectivos de tres áreas prioritarias que se recollen nas táboas do plan de acción:

  • Actualizar os equipos das aulas de informática do centro (C2, C5, C8)
  • Elaborar contidos dixitais por parte do profesorado
  • Informar e concienciar á comunidade educativa das vantaxes e riscos do uso das novas tecnoloxías (H1 e H3)

Os obxectivos indicados, están englobados dentro das áreas de mellora segundo o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg) : A. Liderado, B. Colaboración e redes, C. Infraestrutura e equipos, D. Desenvolvemento profesional continuo, E.Pedagoxía: apoios e recursos, F. Pedagoxía: implementación na aula, G. Práticas de avaliación e H.Competencias dixitais do alumnado. Ademais, son obxectivos SMART, isto é: eSpecíficos, Medibles, Alcanzables, Relevantes e Temporalizados. Nas táboas indícase ata onde queremos chegar con cada un dos obxectivos, e con que elementos, por medio dos indicadores e os valores de partida e chegada. Tamén se indican as accións para conseguir cada obxectivo, os responsables das accións, os recursos precisos e a temporalización.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Formación e emprego dos paneis interactivos
O02PD Actualizar e elaborar novos contidos dixitais por parte do profesorado
O03PD Informar e concienciar á comunidade educativa das vantaxes e riscos do uso das novas tecnoloxías

Seguimento

Procedemento

O seguimento do Plan Dixital, realízase vía seguimento das accións de cada obxectivo detalladas no plan de acción e coa temporalización especificada.

A persoa coordinadora do plan dixital do CPI Fonte-Díaz, José Daniel Pereiro López,  reunirase co mentor Adix, Jorge Fernández Otero, telefonica,virtual ou presencialmente tantas veces como fosen necesarias para analizar como se están a desenvolver os obxectivos e as accións dos mesmos, tentando axudar naquelas incidencias que puidesen xurdir durante o curso académico.

1º Trimestre

A 21 de decembro de 2023 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen:

Obxectivo 1: Formación e emprego dos paneis interactivos

  • AO1.1 Solicitude de formación nalgunha liña do PFPP. Realizada

  • AO 1.2Formación presencial e/ou telemática con relator especializado En proceso

Obxectivo 2: Actualizar e elaborar novos contidos dixitais por parte do profesorado

  • AO 2.1 Solicitude de cursos e/ou busca de información sobre a creación de contidos dixitais e continuación do PFPP nalgunha liña relacionada coa dixitalización.Realizada

  • AO 2.2 Realización de cursos e/ou estudo da información obtida relacionados coa creación de contidos dixitais. En proceso

  • AO 2.3. Creación de contidos dixitais. En proceso

Obxectivo 3:Informar e concienciar á comunidade educativa das vantaxes e riscos do uso das novas tecnoloxías

  • AO 3.1Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...). Realizada

  • AO 3.2 Implicación do profesorado na concienciación do alumnado. En proceso

  • AO 3.3 Realización de charlas, talleres , obradoiros por persoal formado na temática. En proceso

2º Trimestre

A 29 de marzo de 2024 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen:

Obxectivo 1: Formación e emprego dos paneis interactivos

  • AO1.1 Solicitude de formación nalgunha liña do PFPP. Realizada

  • AO 1.2Formación presencial e/ou telemática con relator especializado En proceso

Obxectivo 2: Actualizar e elaborar novos contidos dixitais por parte do profesorado

  • AO 2.1 Solicitude de cursos e/ou busca de información sobre a creación de contidos dixitais e continuación do PFPP nalgunha liña relacionada coa dixitalización.Realizada

  • AO 2.2 Realización de cursos e/ou estudo da información obtida relacionados coa creación de contidos dixitais. En proceso

  • AO 2.3. Creación de contidos dixitais. En proceso

Obxectivo 3:Informar e concienciar á comunidade educativa das vantaxes e riscos do uso das novas tecnoloxías

  • AO 3.1Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...). Realizada

  • AO 3.2 Implicación do profesorado na concienciación do alumnado. En proceso

  • AO 3.3 Realización de charlas, talleres , obradoiros por persoal formado na temática. En proceso

 

3º Trimestre

A 21 de xuño de 2024 os obxectivos e as accións dos mesmos atópanse como seguen:

Obxectivo 1: Formación e emprego dos paneis interactivos

  • AO1.1 Solicitude de formación nalgunha liña do PFPP.

  • AO 1.2Formación presencial e/ou telemática con relator especializado

Obxectivo 2: Actualizar e elaborar novos contidos dixitais por parte do profesorado

  • AO 2.1 Solicitude de cursos e/ou busca de información sobre a creación de contidos dixitais e continuación do PFPP nalgunha liña relacionada coa dixitalización

  • AO 2.2 Realización de cursos e/ou estudo da información obtida relacionados coa creación de contidos dixitais

  • AO 2.3. Creación de contidos dixitais

Obxectivo 3:Informar e concienciar á comunidade educativa das vantaxes e riscos do uso das novas tecnoloxías

  • AO 3.1Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...)

  • AO 3.2 Implicación do profesorado na concienciación do alumnado

  • AO 3.3 Realización de charlas, talleres , obradoiros por persoal formado na temática.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para avaliar o Plan Dixital propoñemos:

  • Unha avaliación final, no claustro de fin de curso, na que se incluirá o estado de execución das accións, e se fará unha valoración dos resultados e o logro ou non dos obxectivos. Estes aspectos figurarán directamente nas propias táboas do Plan de acción nos apartados correspondentes. Tamén se farán as propostas de mellora para a redacción da seguinte versión do plan que se deberá realizar a comezo do curso seguinte.

Valoración xeral

A realizar en xuño de 2024

Proposta de mellora

A realizar en xuño de 2024

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O presente plan estará dispoñible para toda a comunidade educativa na páxina web do centro e haberá copia física na secretaría, na xefatura de estudos e na dirección do centro.

 Na seguinte ligazón da páxina web do centro (http://www.edu.xunta.gal/centros/cpifontediaz/) pódese acceder ao texto completo do  Plan Dixital do Centro: Plan Dixital de Centro

No curso académico 2023-2024 o plan dixital do noso centro atópase actualizado no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.gal/educalidade/BuscaPlanAction?codPlan=1&codConvocatoria=132&codCentro=15017880