Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

O IES Nº 1 de Ribeira está situado na Avenida da Coruña, 170, da localidade de Ribeira. O centro conta cunha páxina web á que se pode acceder desde a seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1ribeira/.

É un instituto que conta cunha ampla oferta educativa. Impártense ensinanzas da ESO e de Bacharelato no horario ordinario e, para os adultos, en horario de tarde/noite impártense a ESA (nos niveis de 3ª e 4º) e Bacharelato. Ademais, fóra do horario lectivo hai clases do programa CUALE (inglés). O centro conta tamén cunha sección de inglés da EOI de Santiago de Compostela. Estas clases impártense pola tarde/noite. No presente curso 2023/2024 o alumnado matriculado na ESO e no Bacharelato de diúrno é de 518 e na ESA e Bacharelato de nocturno son 97.

Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro

• O centro está situado nun concello dinámico, cun sector económico vinculado á pesca e á industria derivada. Conta con boas instalacións culturais, entre as que destacan o Auditorio municipal, o Centro Cultural Lustres Rivas e o Conservatorio Profesional de Música.

• O centro participa no proxecto E-Dixgal desde o curso 2017-2018 e xa participaba no programa Abalar desde o 2010. O PD vai contribuír a seguir implantando a Educación Dixital.

Breve xustificación do mesmo

A contextualización normativa en relación co Plan Dixital do noso centro:

• Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación, Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022,  Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

Proceso de elaboración

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital foi seguindo os pasos indicados pola ADIX Ribeira para a elaboración do PD.

• SELFIE: reunión do equipo para elaborar as preguntas que o centro tiña que incorporar á enquisa SELFIE. Despois da participación da comunidade educativa na enquisa, avaliamos os resultados.

• DAFO: Previamente houbo unha acción formativa que consistiu nunha videoconferencia dos centros da zona coa mentora do Adix, Marga González. Nas reunións posteriores do equipo, partindo dos resultados do SELFIE, elaborouse o DAFO do centro, para o que foron precisas varias reunións.

• Plan de acción: Vendo as nosas debilidades e oportunidades da análise DAFO e dos resultados do SELFIE e do test de Competencia Dixital, marcamos os obxectivos e as áreas de mellora e formulamos o plan de acción. Para elaboralo foi preciso facer varias reunións, presenciais e online.

Infraestrutura, equipamento e servizos dixitais

• Descrición xeral acerca da infraestrutura dixital do centro: Temos fibra óptica de 600Mbps e damos servizo mediante antena de microondas a 2 centros oficiais, temos Wifi practicamente en todo centro e damos conectividade Wifi a EOI. Dependencias cableadas: ximnasio, aula de tecnoloxía, conserxería, salón de actos, secretaría, orientación, dirección, biblioteca, xefatura, aula multimedia 1, aula de debuxo, sala de profesores, aula multimedia 2 e as aulas A001, A112, A113, A201, A202, A204, A205, A206, A207, A208, A209, A210, A212, A213, A215 e A216.

Dispoñemos de Switchs xestionables dende UAC en: sala de contadores, secretaria, xefatura de estudos, multimedia 1. Dispoñemos de switchs en multimedia 2 e aula de tecnoloxía (posiblemente poderían ser xestionables) e outro switch antigo na aula de debuxo (antiga aula de multimedia)

• Equipamento dispoñible e identificación dos usos segundo as seguintes categorías: Equipamento Kit Aulas dixitais:A112, A113, A201, A202, A203, A204, A205, A206, A207, A208, A209, A210, A215, A216. Equipamento E-Dixgal:A101, A102, A104, A105, A106, A107. Tódalas demais aulas dispoñen de ordenador, proxector e altavoz (con equipamento vello retirado das aulas coa chegada do equipamento de kits aulas dixitais). Equipos de xestión e administración:5 ordenadores para a dirección e xefaturas de estudos, 2 ordenadores en secretaría, 2 ordenadores en conserxería e un ordenador para a xestión da biblioteca. Sala de profesorado con 8 ordenadores, laboratorio de física con ordenador e proxector, aula de debuxo 1+8 ordenadores (moi lentos) e proxector laboratorio de ciencias con ordenador e proxector, departamento de ciencias 2 ordenadores moi vellos reciclados, departamento de linguas 2 ordenadores vellos e departamento de sociais e filosofía 1 portátil. Nas 2 aulas de pedagoxía terapéutica 1 ordenador en cada unha e outro no departamento de orientación. Na aula multimedia 1 ten un proxector vello e 30+1 ordenadores pero non todos están operativos (2 estragados) e aula multimedia 2 con 26+1 ordenadores con proxector e PDI. Salón de actos con: portátil, proxector, equipo de son e micrófono sen fíos. Na biblioteca hai 6 ordenadores para uso do alumnado e un portátil moi vello que se usa para proxectar. Aula de tecnoloxía con 1+14 sobremesa vellos e 1 portátil e 5 sobremesas novos. No centro as impresoras e fotocopiadoras son de renting e temos: 2 en conserxería, 1 en secretaría, 1 en dirección, 1 en xefatura, 1 na biblioteca e outra na sala de profesorado. Hai 2 impresoras do centro, con cartuchos de tinta no Depto. de Orientación e Pedagoxía Terapéutica pero de uso puntual.

• Servizos dixitais educativos: servizos corporativos ou non corporativos que facilitan a xestión docente: páxina web do centro, aula virtual, E-Dixgal, Classroom, espazoAbalar, Abalarmóbil, Sixa Profes, Sixa familias.

• Xestión do mantemento do equipamento do centro. Calquera incidencia diagnostícase no centro e téntase solucionar no prazo dun día ou dous e, cando non é posible determínase a quen corresponde: Servizo Premium, UAC ou empresa externa.

• Solicitudes de reparación para o equipamento E-Dixgal a través do Servizo Premium pola responsable E-Dixgal e solicitude de reparación a UAC polo responsable de mantemento ou a solicitude a unha empresa externa por parte da dirección.

Á vista de rsolución do 2 de xuño de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se establecen as aulas de capacitación dixital contamos cunha aula con 20 postos para alumnado, un posto de profesorado e unha pantalla táctil. A conexión á rede é independente dos servizos da Consellería.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Informe SELFIE

Test CDD

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade En Bach competencia dixital insuficiente para resolver problemas técnicos Alumnado Non
Debilidade Equipamento das aulas precisan renovación Infraestruturas Non
Debilidade Aulas non habilitadas para equipos do alumnado Infraestruturas Non
Debilidade Aulas non E-Dixgal non dotadas para interactuar con actividades en liña. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de equipamento para emitir/impartir clases online. Infraestruturas Non
Debilidade Falta de dispositivos para uso do alumnado Oferta Non
Debilidade Falta ferramenta dixital da avaliación ensino/aprendizaxe Organización de centro Si
Debilidade Falta de plan dixital Organización de centro Si
Debilidade Páxina web do centro desactualizada Organización de centro Si
Debilidade Falta de colaboración con outros centros Organización de centro Non
Debilidade Falta de aula TICs para momentos de lecer do alumnado Organización de centro Non
Debilidade Só 1/3 profesorado usa >50% medios dixitais Persoal docente Si
Debilidade Intercambio de experiencia deficiente Persoal docente Si
Debilidade Estratexia dixital inexistente e claustro dividido Persoal docente Si
Fortaleza Por estar en E-Dixgal en 1º e 2º da ESO coñece e manexa ferramentas de software libre Alumnado Si
Fortaleza Boa comunicación coas familias Familias Si
Fortaleza Conexión wifi ou cableada en todo o centro Infraestruturas Non
Fortaleza Aulas de referencia con pizarra dixital Infraestruturas Non
Fortaleza Ordenador con proxector en tódalas aulas Infraestruturas Non
Fortaleza Sala de profesorado con 8 ordenadores e impresora Infraestruturas Non
Fortaleza 2 aulas multimedia Infraestruturas Non
Fortaleza Biblioteca con 6 ordenadores para o alumnado Infraestruturas Non
Fortaleza E-Dixgal en 1º e 2º ESO Oferta Si
Fortaleza Persoa encarga de diagnosticar problemas TICs Organización de centro Non
Fortaleza Promoción da formación dende o equipo directivo que está aberto ao diálogo Organización de centro Si
Fortaleza Persoa responsable da Aula Virtual Organización de centro Non
Fortaleza Coordinadora E-Dixgal Organización de centro Non
Fortaleza Creacións de recursos dixitais Persoal docente Non
Fortaleza Valoración positiva do futuro DPC Persoal docente Si
Fortaleza Experiencia en entornos dixitais de aprendizaxe Persoal docente Si
Fortaleza Seguimento da actividade académica do alumnado avaliando con distintas ferramentas dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza Manexo de aplicacións para tramitar incidencias no relativo aos equipos de reprografía Persoal non docente Si
Fortaleza Manexo correcto de aplicacións educativas (Xade, Sixa) Persoal non docente Si
Fortaleza Solicitude de orzamentos e realizacións de pedidos de material de oficina vía web Persoal non docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Impón tarefas sen implementar ferramentas para levalas a cabo: informes individualizados, plans de recuperación, programacións, avaliación por competencias,... Administración educativa Si
Ameaza Rixidez na forma de participación en actividades formativas Administración educativa Si
Ameaza Falta de dispoñibilidade horaria para a actualización e mellora da páxina web do centro Administración educativa Si
Ameaza Falta horario para dar soporte técnico en horario lectivo Administración educativa Si
Ameaza A non renovación equipamento E-Dixgal de 5 anos ou máis Administración educativa Non
Ameaza Temporalización da formación Tics pola administración descoordinada coa carga lectiva Administración educativa Si
Ameaza Tempo insuficiente do persoal docente para explorar o ensino dixital Administración educativa Si
Ameaza Comportamento inseguro usando recursos dixitais ANPA Non
Ameaza A non utilización da tecnoloxía con fins de aprendizaxe por parte do alumnado ANPA Non
Ameaza Normativa ambigua sobre mantemento e adquisición de equipamento informático Lexislación Non
Oportunidade Posibilidade de mellora de equipamento co Plan Dixital Administración educativa Non
Oportunidade Posibilidade de mellora da formación adaptada ao uso de medios técnicos renovados: impresora 3D, emisión de clases online, ... Administración educativa Si
Oportunidade O alumnado ten quen lle axude en cuestións dixitais ANPA Si
Oportunidade 60% das familias teñen ten equipamento informático ANPA Si
Oportunidade Alumnado considera que sabe usar software sen axuda Contorna Si
Oportunidade Disposición a participar en proxectos externos, STEM,... Contorna Si
Oportunidade O alumnado quere aprender a codificar e programar Contorna Si
Oportunidade Recursos educativos en liña Contorna Si
Oportunidade Ampliación do programa E-Dixgal a 3º e 4º de ESO Outras Si
19 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do Informe SELFIE, TCDD e outras fontes, o centro xerou unha análise DAFO que permite o coñecemento da realidade do centro no eido dixital e facilita a elaboración das liñas fundamentais do Plan Dixital en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Mellorar a competencia dixital do alumnado
O02PD Mellorar a formación dixital do profesorado
O03PD Mellorar o intercambio de experiencias
O04PD Mellorar o equipamento do centro
O05PD Mellora da seguridade dixital no centro
O06PD Mellora de comunicación coas familias
O07PD Dispoñibilidade horaria, dentro do horario lectivo, para a realización e seguimento de tódalas accións derivadas do Plan Dixital de centro, polos responsables de área

Seguimento

Procedemento

Unha vez por tirmestre reunirase o equipo do plan dixital e farase o seguimento do plan de accións

1º Trimestre

A día de hoxe, 1 de febreiro de 2024, reunímonos nunha hora libre: Maite Castro e Cándido Dacosta para facer unha avaliación e seguimento de tódolos obxectivos e plans de accións pendentes de realizar do presente plan dixital.

2º Trimestre

A día de hoxe, 16 de abril de 2024, reunímonos nunha hora libre: María Teresa Castro Bustelo e Cándido Dacosta Lago para facer unha avaliación e seguimento de tódolos obxectivos e plans de accións pendentes de realizar do presente plan dixital.

3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Empregaremos a táboa do Plan de Accións para efectuar a avaliación e a afectividade das accións programadas e, no caso de que non se acadase o obxectivo, planificar novas accións. Para iso teremos polo menos unha reunión mensual, veremos as accións a executar ese mes e avaliaremos as realizadas o mes anterior. Ao final de cada trimestre avaliaremos o seguimento e efectividade das accións realizadas.

Ao final de curso avaliaremos os obxectivos acadados e as propostas de mellora para o seguinte Plan Dixital e iso incluirase na Memoria Anual de Centro e servirá para a elaboración do seguinte Plan Dixital de Centro.

Valoración xeral

Que se nos diga claramente que non se nos dota de material e a renovación do equipamento temos que facer todo con recursos propios.

Proposta de mellora

Que a implementación deste plan veña con dotación económica especifica a priori e que non teña que detraerse do presuposto ordinario do centro (e xa priorizariamos nós, segundo as necesidades).

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital será publicado na páxina web do centro (ligazón) e as principais liñas de acción xa se explicaron ao inicio do curso á comunidade educativa.