Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

Nome: IES Saturnino Montojo
Código: 15006791
Dirección : Avenida Mac Mahón s/n.
Concello: Ferrol 15403
Provincia : A Coruña
Tlf: 881930225 FAX: 881930230
Correo electrónico: ies.saturnino.montojo@edu.xunta.es
Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/iessaturninomontojo/
Ensinanzas ofertadas: ESO, Bacharelato e Ciclo Medio de Imaxe, Son e Video Dj.
O número total de alumnos oscila segundo os cursos académicos entre 390-470 alumnos/as dos que un 48% son homes e un 52% mulleres, practicamente todos son de nacionalidade española, aínda que nos últimos anos empezan a incorporarse algúns alumnos de orixe sudamericano, sen que o número pase a ser significativo.
A súa idade está comprendida entre os 11/12 anos, os máis novos, ata máis ou menos 20 anos, os maior idade. No caso dos/as alumnos/as do Ciclo a idade é moi variada (desde os 16 anos en adiante).
En canto ao profesorado o cadro de persoal fixo é de 47 profesores/as, que pertencen aos seguintes corpos:
41 Profesores/as de Ensino Secundario (ESO e BAC).
4 Profesores/as Técnicos de FP.
1 Orientadora.
1 Profesor de Pedagoxía Terapéutica.

1.1. Contextualización do Plan Dixital no centro. Contribución ao Proxecto Educativo do Centro.

O nivel socioeconómico das familias do noso alumnado pódese considerar medio e xa non son maioritariamente militares, como era habitual polas particularidades do centro, senón que se dedican a actividades diversas: traballadores de Navantia, profesionais liberais, traballadores autónomos, funcionarios, etc. Desde o punto de vista sociolingüístico son maioritariamente castelán falantes.

A maior parte dos alumnos/as proceden de familias estruturadas, de corte tradicional: pai / nai e un, dous ou tres fillos; pero van aumentando o número de alumnas e alumnos con familias monoparentais (xeralmente por separación dos pais) e en poucos casos o/a alumno/a convive cun familiar ou titor legal distinto dos proxenitores. Sobre a ocupación dos seus proxenitores, un 32% das nais dedícanse ás tarefas domésticas e os pais repártense entre empregos relacionados cos estaleiros, talleres, mariña e oficinas; son menos abundantes os relacionados con profesións liberais: médicos, avogados, etc. Sobre os estudos realizados polos/as pais/ nais, predominan os que posúen estudos medios.

En xeral o alumnado deste centro non é conflictivo e as familias están implicadas na educación dos seus fillos .

O Plan Dixital convírtese nunha ferramenta clave para lograr os obxectivos plantexados no PE do centro.

Do mesmo xeito, e ao igual que se fai con outros plans ou proxectos no IES Saturnino Montojo, o Plan Dixital busca espertar un sentido crítico no noso alumnado para que poidan desenvolverse nun mundo con influencias tan poderosas, por exemplo concienciando da importancia de discernir contido en internet, aprender a contrastar fontes…

1.2. Breve xustificación do mesmo

O Plan Dixital de Centro recollerá as accións a desenvolver para mellorar a competencia dixital do profesorado e do alumnado co obxectivo de mellorar os procesos educativos e de xestión do centro.

Resumidos, os obxectivos establecidos na resolución do 3 de setembro de 2021 son:

  1. Facilitar a integración e desenvolvemento das tecnoloxías dixitais nos procesos formativos así como a xestión dos recursos humanos e materiais do centro.

  1. Promover o uso das ferramentas de avaliación e diagnose dos centros educativos respecto á competencia dixital.

  1. Mellorar a competencia dixital dos membros da comunidade educativa.

  1. Definir o equipo responsable de dinamización do PD e as súas funcións.

1.3. Proceso de elaboración

Os pasos clave no proceso de elaboración do PD dentro do Equipo de traballo foron:

  1. Realizar a análise da situación do centro a través das ferramentas SELFIE e TCDD.

Utilizamos a ferramenta de autoavaliación SELFIE para analizar a situación dende a perspectiva dos equipos directivos, o profesorado e o alumnado, organizando a información nos bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación.

De xeito complementario, o profesorado realizou o test de Competencia Dixital Docente dende o seu perfil persoal en Fprofe. Este test permitiu obter un informe individual coa valoración do nivel competencia (A1-C2) así como un informe de grupo sobre a participación e unha estatística das puntuacións.

       2. Diagnose da situación do centro, informe DAFO.

A partir do informe SELFIE, o equipo de traballo para a elaboración do PD redactou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) co obxectivo de analizar a situación e definir as liñas fundamentais en termos de obxectivos e actuacións.

       3. Plan de Acción

As debilidades analizadas levaron a determinar 5 obxectivos recollidos nun plan de actuación que concreta para cada un deles:

  • Os recursos humanos, económicos e de equipamento

  • Persoas responsables

  • Indicadores de logro, instrumentos de avaliación e prazos de consecución

       4. Plan Dixital 2.0

En base á información recollida na memoria do PD do curso 22-23 redáctase o PD aprobado polo consello escolar, unha vez oído o claustro, no primeiro trimestre do curso 2023-24, segundo recolle o punto 5.2 da resolución do 3 de setembro de 2021.

      5. Memoria do Plan Dixital 2.0.

Os obxectivos non acadados no PD 2.0.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

O instrumento de recollida foi o informe SELFIE mediante o que se analizou a situación dende a perspectiva dos equipos directivos, o profesorado e o alumnado, organizando a información nos bloques ou áreas que recolle o informe resultante da realización desta autoavaliación:

  1. Liderazgo.

  2. Desenvolvemento profesional.

  3. Infraestructura e equipamiento.

  4. Prácticas de ensino e aprendizaxe.

  5. Prácticas de avaliación.

  6. Competencia dixital do alumnado.

De xeito complementario, o profesorado realizou o test de Competencia Dixital Docente dende o seu perfil persoal en Fprofe. Este test permitiu obter un informe individual coa valoración do nivel competencia (A1-C2) así como un informe de grupo sobre a participación e unha estatística das puntuacións.

Interno
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Mellora do espítitu crítico ante as novas tecnoloxías: seguridade, uso responsable, verificación das informacións... Autoreflexión sobre o aprendizaxe. Fomentar a creatividade. Fomentar a colaboración do alumnado. Alumnado Si
Debilidade Protección de datos. Este aspecto do desenvolvemento dixital do centro, aparece como unha potencial área de mellora. É considerada así por unha parte importante do profesorado e pola Dirección. Infraestruturas Si
Debilidade O equipo directivo aínda ve marxe de mellora en novas modalidades de ensino. Oferta Si
Debilidade Avaliación do progreso: aínda que hai un análise xeral dos resultados académicos por curso, non hai un instrumento de avaliación do impacto do uso das TICs. Organización de centro Non
Debilidade Uso do software libre dispar entre o profesorado e baixa entre o alumnado. Organización de centro Si
Debilidade Necesidade de mellora: - Formación mediante o intercambio de experiencias educativas. - Promoción da creación de recursos dixitais. -Potenciar os proxectos interdisciplinares. - Adaptación ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Fortaleza Un 70% do alumnado di utilizar o software preciso sen necesidade de axuda e dispón de dispositivos na súa casa. O alumnado se desenvolve sen dificultades na comunicación a través de sistemas dixitais. Alumnado Si
Fortaleza Valoración moi alta de toda a comunidade no que atinxe aos dispositivos para o alumnado. Familias Non
Fortaleza A dotación de equipos nas aulas e o acceso a internet é axeitado en todos os niveis. EDIXGAL dota de equipos ó alumnado da ESO. En bacharelato os alumnos dispoñen de dúas aulas de informática. No ciclo formativo teñen dotación propia. Infraestruturas Non
Fortaleza O profesorado valora positivamente o liderazgo en novas modalidades de ensino. Oferta Si
Fortaleza O profesorado coñece a estratexia dixital do centro e participa dela. O centro destaca polo emprego de entornos virtuais de aprendizaxe. O uso de servicios dixitais corporativos é maioritario. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado é consciente da necesidade de DPC no centro e valora como moi positiva a súa participación nas actividades de formación propostas. Así como da necesidade de implicación de toda a comunidade educativa. Persoal docente Si
12 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza É preciso fomentar o debate sobre o uso de novas tecnoloxías integrando colaboracións internas/externas que favorezan a través do intercambio unha aprendizaxe efectiva a moitos niveis. Administración educativa Si
Ameaza Dificultades para o uso de software libre. No ciclo formativo, o sector empresarial obriga a dar certa formación en software de carácter comercial tendo en conta que é o que se van a atopar no mundo laboral. Contorna Si
Ameaza Implantación do novo currículo. Lexislación Non
Ameaza Aínda que existe certo acercamento das empresas que colaboran co ciclo na estratexia dixital do centro é preciso fomentar esta participación hasta conseguir a total integración dentro das particularidades deste ciclo en cuestión. Outras Non
Oportunidade Proporcionar instrumentos de avaliación das capacidades do alumnado por medio das novas tecnoloxías substituíndo a avaliación tradicional. Administración educativa Si
Oportunidade Potenciar os proxectos interdisciplinares,no caso do ciclo, intermodulares que permitan o uso e integración das novas tecnoloxías en distintos ámbitos productivos durante o seu periodo de formación. Contorna Non
Oportunidade Protección de datos: Aínda que se valora positivamente pola maioría dos profesores aínda hai posibilidade de abrir un espacio de reflexión sobre o uso de aplicacións e plataformas non facilitadas pola Consellería por parte do profesorado. Lexislación Non
Oportunidade Intercambio de experiencias educativas con outros centros para fomentar o DPC. Outras Si
8 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

A partir do informe SELFIE, o equipo de traballo para a elaboración do PD redactou un informe sobre Debilidades, Ameazas, Fortalezas e Oportunidades (DAFO) co obxectivo de analizar a situación e definir as liñas fundamentais en termos de obxectivos e accións a desenvolver.

Os informes elaborados son engadidos como anexos do PD:

INFRAESTRUCTURAS_15006791_IES_SATURNINO_MONTOJO_PLAN_DIXITAL_V1.0_11-06-22

SELFIE_CDD_15006791_IES_SATURNINO_MONTOJO_PLAN_DIXITAL_V1.0_11-06-22

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
23_OBX1 Crear recursos educativos dixitais para facilitar as prácticas de avaliación do alumnado incluíndo información e retroalimentación.
23_OBX2 Promover a utilización das TIC polo alumnado na organización e creación de contidos para proxectos interdisciplinares
23_OBX3 Promover o uso do material de Polos Creativos
23_OBX4 Informar e formar sobre a seguridade na rede
23_OBX5 Informar e sensibilizar sobre o tema da propiedade intelectual

Seguimento

Procedemento

Ao finalizar o trimestre o grupo de traballo do Plan dixital avaliará os obxectivos por medio dos indicadores de logro descritos para cada unha das accións.

A continuación faremos a relación de accións realizadas, aprazadas ou pendentes por trimestres.

1º Trimestre

Resumo de accións previstas para o 1º trimestre realizadas segundo os indicadores de logro:

23_OBX01_AO1.1: Realizar unha enquisa sobre as necesidades de formación do profesorado na creación de tarefas e cuestionarios en Edixgal e na aula virtual.

23_OBX3_AO3.1: Selección do grupo de profesores para a formación nos novos materiais que previsiblemente serán enviados ao centro co proxecto de Polos creativos.

23_OBX4_AO4.1: Crear un curso na aula virtual como repositorio de contidos sobre normas de uso seguro e responsable de internet.

23_OBX5_AO5.1: Crear un decálogo sobre a forma correcta de realizar un proxecto atendendo á protección da propiedade intelectual.

Resumo de accións previstas para o 2º trimestre pendentes segundo os indicadores de logro:

Non hai accións pendentes

2º Trimestre

Resumo de accións previstas para o 2º trimestre realizadas segundo os indicadores de logro:

23_OBX1_AO1.2: Elaborar bancos de preguntas para a avaliación dos contidos nunha materia nivel por puntos e por rúbricas.

23_OBX1_AO1.3: Crear cuestionarios con retroalimentación e avaliación por puntos e por rúbricas.

23_OBX2_AO2.1: Seleccionar recursos dixitais a utilizar na organización e creación de contidos para os proxectos

23_OBX2_AO2.2: Utilizar as aplicacións do Libreoffice para a creación de contido.

23_OBX4_AO4.2: Involucrar ao profesorado titor na creación de actividades de aula sobre protección de identidade e seguridade na nube.

23_OBX4_AO4.3: Promover o uso dos materiais do curso creado na aula virtual para realizar actividades de aula en relación co uso seguro das redes sociais.

23_OBX5_AO5.4: Realizar actividades encamiñadas a coñecer as normas de propiedade intelectual e dereitos de autoria.

Resumo de accións previstas para o 2º trimestre pendentes segundo os indicadores de logro:

Os obxectivos marcados no Plan Dixital avanzan segundo a temporalización prevista 

3º Trimestre

Resumo de accións previstas para o 3º trimestre realizadas segundo os indicadores de logro:

22_OBX1_AO1.4: Elaborar tarefas para a avaliación dos contidos nunha materia-nivel por puntos e por rúbricas.

22_OBX1_AO1.5: Crear tarefas con retroalimentación e avaliación por puntos e por rúbricas.

22_OBX3_AO3.3: Publicitar e poñer en marcha a ferramenta de comunicación de incidencias no funcionamento do equipamento dixital do centro.

23_OBX2_AO2.3: Utilizar ferramentas dixitais para traballar colaborativamente (Board de Moodle, Drive,...)

23_OBX3_AO3.3: Creación de proxectos e actividades con materiais proporcionados co proxecto Polos Creativos.

23_OBX4_AO4.5: Organizar charlas formativas sobre a seguridade na rede para os alumnos.

23_OBX4_AO4.4: Enquisa para avaliar as actividades de aula en relación co uso seguro das redes sociais.

23_OBX5_AO5.2: Fomentar o emprego do software libre entre o alumnado.

23_OBX5_AO5.3: Fomentar o emprego do software libre entre o profesorado.

Resumo de accións previstas para o 3º trimestre pendentes segundo os indicadores de logro:

 

Avaliación

Procedemento para a avaliación
Valoración xeral

O equipo de dinamización do Plan Dixital realizou 2 reunións de traballo e coordinación no segundo trimestre.

O Plan Dixital non é un elemento aislado senon que está dentro da programación xeral do centro e como tal garda relacion con diversos plans e/ou proxectos que se desenvolven no mesmo: Polos Creativos, Club de Ciencias, GT patrimonio de Ferrol e a súa contorna, club de Lectura (lecturas ciéntificas sobre intelixencia artificial, ciencia,...),... 

Proposta de mellora

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O Plan Dixital de Centro será publicado na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/iessaturninomontojo/