Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Xustificación

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida presente e futura, así como á normativa vixente consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento, Plan Dixital de Centro que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CEIP Rosalía de Castro nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

Proceso de elaboración

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP, así como a creación do Equipo de Dinamización do PDC integrado pola Directora e o coordinador que tivo que ser substituído o 15 de novembro de 2022 porque pasou a formar parte da Rede Galega de Educación Dixital como mentor ADIX.

O grupo de traballo celebrou sesións formativas o 19/11/2021, 20/12/2021, 10/01/2022, 09/02/2022, 17/03/2022, 23/02/2022, 31/03/2022, 04/05/2022 e 25/05/2022. Nestas sesións fixéronse traballos colectivos en relación a SELFIE, T-CDD, Análise DAFO e Obxectivos do Plan de Acción.

Unha vez elaborado o PDC pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación.

Situación de partida

O centro conta, desde o inicio do presente curso, cunha conexión a internet por fibra óptica que proporciona arredor de 300 mb/s de baixada, más de 50 mb/s de subida cunha latencia media de 35 ms. Neste momento conta con dúas liñas de respaldo, unha 4G (que era a principal ata a implantación da fibra óptica) e unha RDSI.

O centro está cableado na súa totalidade, tanto en aulas coma en espazos administrativos, contando cun número de conexións RJ45 variable, pero suficiente.

Tamén conta con puntos de acceso WIFI suficientes tanto da rede edu.xunta.es coma ABALAR.

No tocante a infraestruturas de voz, contamos con catro liñas, todas elas con acceso por cable e localizadas no despacho de dirección, unha delas (o destinado ao profesorado) con teléfono sen fíos que permite o seu uso practicamente en calquera espazo do edificio principal e incluso nalgunha parte do exterior.

Neste momento dispoñemos de 5 aulas dixitalizadas que contan con PDI e ordenador de aula, unha delas con videoproxector de ultracorto alcance. Unha destas aulas é EDIXGAL (a de 5º e 6º de Primaria) con portátil por alumno, carro de carga e portátiles para o profesorado.

O centro conta con páxina web actualizada ( https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaboveda/ )

E Aula Virtual http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaboveda/aulavirtual/

EDIXGAL en 5º e 6º de Primaria.

Abalar e AbalarMóbil.

O mantemento do equipamento realízase en primeiro termo con persoal do centro e, en caso de non ser suficiente, derívase en función do caso á UAC ou a un servizo técnico da zona.

Enlace ao Plan de Continxencia: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaboveda/system/files/Plan%20de%20continxencia%20Rosalia%20de%20Castro%20B%C3%B3veda.pdf

 

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Atendendo ás necesidades e demandas da sociedade en materia de competencia dixital e entendendo que a principal misión da escola é formar ao alumnado para a vida presente e futura, así como á normativa vixente1 ; consideramos fundamental desenvolver unha estratexia dixital reflexionada e consensuada que aparece recollida neste documento, Plan Dixital de Centro que nos sirva de folla de ruta a curto e medio prazo para converter o CEIP Rosalía de Castro nunha institución educativa dixitalmente competente e que isto redunde en beneficio do noso alumnado en particular e da sociedade en xeral.

 

Para levar a cabo a elaboración deste Plan Dixital de Centro, púxose en marcha ao inicio do curso un PFPP, así como a creación do Equipo de Dinamización do PDC integrado pola Directora e o coordinador que tivo que ser substituído o 15 de novembro de 2022 porque pasou a formar parte da Rede Galega de Educación Dixital como mentor ADIX. O grupo de traballo celebrou sesións formativas o 19/11/2021, 20/12/2021, 10/01/2022, 09/02/2022, 17/03/2022, 23/02/2022, 31/03/2022, 04/05/2022 e 25/05/2022. Nestas sesións fixéronse traballos colectivos en relación a SELFIE, T-CDD, Análise DAFO e Obxectivos do Plan de Acción.
Unha vez elaborado o PDC pasará polos órganos colexiados do centro para a súa validación.


1 Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.
Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.
Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o
desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.
Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do
Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Interno
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1. Comportamento seguro (4,1). Alumnado Si
Debilidade H4. Verificar a calidade da información (3,8). Alumnado Non
Debilidade H6. Outorgar recoñecemento ao traballo doutros/as (3,5). Alumnado Non
Debilidade H3. Comportamento responsable (3,9). Alumnado Si
Debilidade Descontento entre as familias co programa EDIXGAL tralo segundo curso despois da súa implantación. Familias Si
Debilidade C7. Protección de datos (3.8). Infraestruturas Si
Debilidade Falta de servizos complementarios coma o de Madrugadores/as. Oferta Non
Debilidade B1 Avaliación do progreso. Organización de centro Non
Debilidade G3. Retroalimentación axeitada (3,5). Persoal docente Si
Debilidade G5. Autoreflexión sobre a aprendizaxe (3,4). Persoal docente Si
Debilidade G1. Avaliación de habilidades (3,1). Persoal docente Si
Debilidade E1. Recursos educativos en liña para Infantil e de 1º a 4º de Primaria. Persoal docente Si
Debilidade G6. Comentarios a outros/as alumnos/as (3,5). Persoal docente Non
Debilidade As persoas auxiliares de conversa non dispoñen de conexión á WIFI do centro polo que lles resulta máis complexo poder empregar os seus propios equipos. Persoal non docente Si
Fortaleza H8 Aprender a comunicarse. Alumnado Non
Fortaleza H7 Creación de contidos dixitais. Alumnado Non
Fortaleza C3. Acceso a Internet (4,9). Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestrutura (4,8). Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para a aprendizaxe (4,8). Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino (4,9). Infraestruturas Non
Fortaleza C5. Asistencia técnica (4,7). Infraestruturas Non
Fortaleza A3 Novas modalidades de ensino. Oferta Non
Fortaleza O centro conta con servizo de transporte, comedor escolar con cociña ¿in situ¿, horto escolar, PLAMBE, EDIXGAL, servizo de coidadora, alimentación saudable... Oferta Non
Fortaleza A2 Desenvolvemento da estratexia co profesorado. Organización de centro Non
Fortaleza B3. Colaboracións (4,8). Persoal docente Non
Fortaleza D1. Necesidades de FPP (4,8). Persoal docente Non
Fortaleza D2. Participación na FPP (4,8). Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias (4,6). Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en liña para 5º-6º de Primaria (4,9). Persoal docente Si
Fortaleza A3. Novas modalidades de ensino (4,3). Persoal docente Non
Fortaleza O centro dispuxo nos últimos cursos de Auxiliar de Conversa en lingua inglesa de diferentes Nacionalidades (EUA, India). Persoal non docente Non
Fortaleza O centro dispón de comedor con servizo de cociña "in situ". Persoal non docente Non
Fortaleza O centros dispón de coidador/a para alumnado con necesidades. Persoal non docente Non
33 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Demasiada carga burocrática, lectiva e de diversas responsabilidades que impiden que se abarque todo e polo tanto xera frustración e malestar entre o persoal. Administración educativa Non
Ameaza O baixo índice de natalidade merma o número de matrículas. Contorna Non
Ameaza Inabarcable lexislación en constante cambio. Lexislación Non
Ameaza Cobro de comisións, incluso abusivas por parte de entidades bancarias que reducen a capacidade inversora do centro polo emprego de banca electrónica. Outras Non
Oportunidade As diferentes administracións educativas, tanto automómicas coma estatais e europeas están a realizar un gran esforzo neste momento pola dixitalización do ensino. Administración educativa Non
Oportunidade Boa disposición por parte da ANPA na organización de actividades e promoción do centro. ANPA Non
Oportunidade O colexio colabora co Concello e outras entidades da contorna na realización de diferentes actividades. Contorna Non
Oportunidade Ofrécenos garantías xurídicas. Lexislación Non
Oportunidade Colaboración co Ministerio de Interior e outras entidades para a realización de diferentes actividades como por exemplo obradoiros para previr o ciberacoso, uso responsable da tecnoloxía etc. Outras Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez realizadas as pesquisas pertinentes a través do SELFIE e o TEST CDD e analizados os resultados que presentan os informes de ámbalas dúas probas xunto coa reflexión colectiva do Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro e o conxunto do Claustro, observánse unhas FORTALEZAS e DEBILIDADES, a nivel interno e unhas OPORTUNIDADES e AMEAZAS, a nivel externo que aparecen recollidas na presente ANÁLISE DAFO; sinaladas a maior parte delas cunha puntución en base á cal, de xeito CUANTITATIVO, establécense unhas prioridades que fixemo pasar tamén por un filtro CUALITATIVO dando como resultado unha serie de PRIORIDADES ás que nos propoñemos atender en diferentes TEMPORALIZACIÓNs. Aquelas que son de atención máis urxente serán as que nos servirán de base para a elaboración do PLAN DE ACCIÓN, convertindo os ítems en OBXECTIVOS que trataremos de acadar ao longo do vindeiro curso mediante a realización de diferentes ACCIÓNS. Todo isto recollerase na pestana seguinte (Obxectivos).

A Análise DAFO indícanos que debemos mellorar en :

  • Dotar á persoa auxiliar de conversa de acceso á rede WIFI.
  • Mellorar a competencia dixital do profesorado en relación ás Contornas Virtuais de Aprendizaxe.
  • Ampliar o número de Recursos Abertos de Arpendizaxe (REAs) a disposición do profesorado e alumnado.
  • Coñecer a valoración das familias en relación a EDIXGAL.
  • Mellorar a retroalimentación das actividades realizadas polo alumnado.
  • Que o alumnado aprenda a manexar Internet de xeito responsable e seguro.
  • Mellorar a protección de datos.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Dotar á persoa auxiliar de conversa de acceso á rede WIFI do centro.
O02PD Mellorar a competencia dixital do profesorado: Contornas Virtuais de Aprendizaxe
O03PD Poñer en funcionamento a plataforma ELBE-2 como sistema dixital de préstamo de libros.
O04PD Coñecer a valoración das familias en relación a EDIXGAL (F1).
O05PD Mellorar a retroalimentación das actividades interactivas realizadas polo alumnado (5 e 6).
O06PD Aprender a usar Internet dun xeito responsable e seguro (H1 H3).
O07PD Empregar a maqueta Abalar.

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do PD realizará, alomenos, unha xuntanza por trimestre para valorar as evolucións deste plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do "PD terá acceso" á ferramenta Educalidade para rexistrar os avances e avaliacións desde plan baixo a supervisión da persoa directora.

1º Trimestre

Ao longo do primeiro trimestre do presente curso acadouse o obxectivo O01PD que consiste en dotar á persoa auxiliar de conversa de acceso á rede WIFI do centro.

En relación ao O02PD "Mellorar a competencia dixital do profesorado", están realizadas as accións AO2.1 "Solicitar PFPP", AO2.2 "Realizar formación específica sobre contornas virtuais de aprendizase e AO2.3 Realizar formación entre iguais sobre contornas virtuais de aprendizaxe.

Iniciouse o O03PD que, na actualidade se atopa en proceso.

O O04PD aínda non está iniciado.

As accións AO05.1 e AO05.2 están realizadas, tendo moi avanzado o proceso para acadar o O05PD.

En relación ao O06PD, levouse a cabo unha acción formativa en colaboración coa Comandancia da Garda Civil de Lugo, a través do Plan Director.

O O07PD foi acadado moito antes de chgar á data prevista de fin das súas accións.

En xeral, o Equipo de Dinamización do Plan Dixital de Centro, así como a persoa directora e o Mentor ADIX consideran que o proceso vai por bo camiño.

2º Trimestre
3º Trimestre

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Realizarase ao remate de cada curso en Claustro.

Valoración xeral

No Claustro extraordinario de fin de curso realizouse unha análise do resultado de implantación do PD durante o presente curso, resultando satisfactorio ao entender dos presentes. Queda por avanzar na mellora da retroalimentación no EVA e continuar o camiño iniciado durante este curso noutros ámbitos tanto para a continuidade como para a mellora.

Proposta de mellora

Aplicación de aprendizaxes es prácticas do ámbito da competencia dixital en proxectos xa postos en marca no centro como a xunta agrogandeira, integrado dentro do proxecto de horto escolar e galiñeiro.

Aproveitamento das melloras de infraestrutura que se realizaron ao longo do presente curso e doutras que se farán durante o vindeiro curso.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este documento, unha vez validado e aprobado polos órganos colexiados competentes será publicado na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD terá acceso á ferramenta Educalidade para poder rexistrar os avances e avaliacións desde plan baixo a supervisión da persoa directora.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaboveda/