Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

Datos básicos do centro

  • Nome: IES POETA AÑÓN (Outes)

  • Enderezo: Rúa Poeta Añón, 21 – A Serra de Outes (Outes) – 15230 A Coruña

  • Correo electrónico: ies.poeta.anon@edu.xunta.gal

  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iespoetaanon/

  • Etapas educativas: ESO e ESA.

  • Alumnado de ESO no curso 2021-2022: 129, con dous grupos en cada un dos niveis desta etapa educativa.

  • Alumnado de ESA no curso 2021-2022: 22

  • Profesorado no curso 2021-2022: 23

Contextualización do Plan Dixital no centro e contribución ao proxecto educativo

Este Plan Dixital forma parte das actuacións globais do centro e polo tanto incide de maneira directa no seu funcionamento a través da participación dos distintos departamentos didácticos que inclúen actuacións e actividades que permiten o seu desenvolvemento eficiente no traballo diario co alumnado do centro.

Agardamos que co impulso que se lle quere dar ao uso das tecnoloxías da información e da comunicacións no centro, recollido neste Plan Dixital, poidamos conseguir un uso racional que mellore a calidade do ensino no noso centro. Neste sentido, é evidente que se pretende influír positivamente no conxunto da Programación Xeral Anual de cara ao curso 2022-2023.

Xustificación do Plan Dixital en relación coa normativa vixente

Este Plan Dixital pretende favorecer un cambio metodolóxico que permita un mellor aproveitamento das posibilidades que as tecnoloxías da información e a comunicación ofrecen.

A aplicación das tecnoloxías da información e a comunicación ao traballo na aula convértese nunha peza clave na educación e formación das novas xeracións. A súa importancia social, e o lugar preferente que ocupan xa na vida dos rapaces e das rapazas, fai que deban estar presentes nos centros educativos, de modo que aqueles adquiran os coñecementos e habilidades necesarias para abordar con garantía de éxito a súa utilización nos contornos de aprendizaxe, familiares e de lecer.

Trátase de que o alumnado, ao rematar a escolarización obrigatoria, acade unha competencia dixital. Esta competencia consiste en dispoñer de habilidades para buscar, obter, procesar e comunicar información; en definitiva, para transformala en coñecemento. Incorpora diferentes habilidades, que van desde o acceso á información ata a súa transmisión en distintos soportes unha vez tratada, incluíndo a utilización das mesmas como elemento esencial para informarse, aprender e comunicarse.

Por outra parte, é de aplicación a normativa actual referida á elaboración do Plan Dixital do centro para a súa aplicación no curso 2022-2023:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art.132 da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación.

  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022.

  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022.

  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

Proceso de elaboración

Para a elaboración deste Plan Dixital tivéronse en conta os resultado obtidos no SELFIE realizado polo profesorado e o alumnado do centro no mes de decembro de 2021, analizados polo equipo de dinamización do Plan Dixital.

Tendo en conta estes resultados elaborouse un documento de debilidades, fortalezas, oportunidades e ameazas (DAFO) que recolle a realidade do centro con respecto ao uso e desenvolvemento das tecnoloxías da información e comunicación.

Esta información e a colaboración de boa parte do profesorado do centro permite elaborar este documento desde a vía do consenso na procura dun uso racional e mellorado das ferramentas dixitais que permita mellorar a calidade do proceso de ensino e aprendizaxe.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información para a elaboración deste Plan Dixital foron os seguintes:

  • AUTOAVALIACIÓN SELFIE
  • TEST CDD
  • ANÁLISE DAFO
Interno
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Uso limitado de dispositivos dixitais fóra do centro para tarefas de aprendizaxe. Alumnado Non
Debilidade As familias soen carecer de formación dixital. Familias Non
Debilidade Non se dispón de asistencia técnica fóra dos dispositivos do Plan E-Dixgal. Infraestruturas Si
Debilidade A protección dos datos dos usuarios podería ser máis consistente. Infraestruturas Non
Debilidade Non todos os docentes dispoñen de dispositivos dixitais. Infraestruturas Non
Debilidade O alumnado demando un maior grao de retroalimentación por parte do profesorado cando se usan ferramentas de avaliación dixitais. Oferta Si
Debilidade Non existe cultura de traballo colaborativo en rede por parte do profesorado. Organización de centro Non
Debilidade O profesorado non ten tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza con tecnoloxías dixitais. Organización de centro Si
Debilidade Non existe unha verdadeira estratexia dixital no noso centro. Organización de centro Non
Debilidade Non se avalían, en xeral, os progresos en materia de ensinanza e aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Escaseza de intercambio experiencias e debate no centro sobre o ensino con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza Facilidade do alumnado, na súa maioría, para o acceso a dispositivos dixitais, tanto no centro como fóra do centro. Alumnado Non
Fortaleza Agradece o uso de recursos dixitais no seu proceso de aprendizaxe. Alumnado Non
Fortaleza Apoio ao labor docente desenvolvido no centro. Familias Non
Fortaleza Boa receptividade coas comunicacións que se fan desde o centro. Familias Non
Fortaleza Conexión a internet aceptable para unha parte do profesorado. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición de todo o alumando do centro dentro do Plan E-Dixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza Dispositivos a disposición do profesorado que imparte a materia dentro do Plan E-Dixgal. Infraestruturas Non
Fortaleza Implementación do Plan E-Dixgal para todo o alumnado do centro. Oferta Non
Fortaleza Uso maioritario por parte do profesorado de recursos dixitais no proceso de ensino aprendizaxe. Oferta Non
Fortaleza O centro ten unha comunicación regular e ben organizada cos membros da comunidade educativa. Organización de centro Non
Fortaleza Implicación do profesorado para mellorar os seus coñecementos de tal xeito que lle faciliten o uso de tecnoloxías dixitais no ensino. Persoal docente Non
Fortaleza Participación en actividades de formación para o desenvolvemento profesional. Persoal docente Non
Fortaleza Implicación nas tarefas básicas de mantemento de equipamento como pode ser a clonación de equipos cando se necesita. Persoal non docente Non
24 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Non recoñecemento da importancia do labor docente e da esixencia que supón para o profesorado. Administración educativa Non
Ameaza Equipamento obsoleto que necesita ser substituído por novos dispositivos. Administración educativa Non
Ameaza Exceso de traballo burocrático impropio da función docente. Administración educativa Non
Ameaza Ao ser un concello rural a mellora das conexións a internet avanza lentamente e supón, en moitos casos, unha dificultade no uso das novas tecnoloxías nos fogares do noso alumnado. Contorna Non
Ameaza Continuos cambios das leis educativas que ás veces provocan desencanto entre o profesorado. Lexislación Non
Ameaza Esíxese que se cumpra con requisitos burocráticos que restan tempo para preparar recursos educativos dixitais que permitan mellorar a calidade do ensino. Lexislación Non
Oportunidade Implementación do Plan E-Dixgal coa conseguinte dotación de equipamento para o ensino dixital. Administración educativa Non
Oportunidade A cantidade de alumnado do noso centro facilita unha boa atención ao mesmo en tódolos aspectos educativos, incluído o ámbito dixital. Contorna Non
Oportunidade Nova lei educativa que fai fincapé na capacitación do alumnado e do profesorado para desenvolverse nun entorno no que cada vez máis se fai necesario un uso responsable e competente da tecnoloxía. Lexislación Non
Oportunidade A colaboración entre a administración local e o centro educativo é moi boa, participando de forma conxunta en diversas actividades. Outras Non
10 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez elaborado o documento DAFO polo equipo de dinamización do Plan Dixital tomouse, de xeito consensuado, a decisión de centrarnos en dous obxectivos de mellora de cara ao vindeiro curso 2022-2023. Os obxectivos elixidos son os que se indican a continuación.

[INFRAESTRUTURAS E EQUIPOS] Mellorar o servizo de mantemento do equipamento que non pertence á dotación propia do proxecto E-Dixgal. Neste obxectivo inclúese tanto os aspectos referidos ao hardware como ao software, procurando ter os equipos actualizados e cun funcionamento óptimo.

[PRÁCTICAS DE AVALIACIÓN] Incrementar o uso das ferramentas dixitais nos procesos de avaliación do alumnado. Preténdese con isto que o profesorado sexa consciente das vantaxes que ofrece o uso destas ferramentas nos procesos de avaliación, que poden ser usadas de forma complementaria con outras ferramentas non dixitais. En todo caso, o uso de ferramentas dixitais non debera supor que o alumnado non teña a necesaria retroalimentación do traballo realizado, senón todo o contrario. O uso das ferramentas dixitais nos distintos procesos de avaliación pode e debe facilitar unha mellora na retroalimentación cara ao alumnado.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Conseguir que os equipos que non pertencen á dotación do proxecto Abalar teñan un mantemento axeitado.
O02PD Incrementar o uso de Moodle (E-Dixgal e Aula Virtual) nos procesos de avaliación do alumnado.

Seguimento

Procedemento

Na avaliación deste Plan Dixital inclúese o seguimento do plan de acción de cada un dos obxectivos de mellora propostos para o vindeiro curso 2022-2023 e a análise dos resultados observados pola persoa coordinadora TIC xunto co resto do equipo de dinamización do Plan Dixital.

1º Trimestre

Ao finalizar o primeiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Conseguir que os equipos que non pertencen á dotación do proxecto Abalar teñan un mantemento axeitado. [C5] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO1.1: Acadada.
    • AO1.2: Acadada.
    • AO1.3: Acadada.
    • AO1.4: Pendente
  • Obxectivo O02PD: Incrementar o uso de Moodle (E-Dixgal e Aula Virtual) nos procesos de avaliación do alumnado. [G1 – G3 - G7] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO2.1: En proceso.
    • AO2.2: En proceso.
    • AO2.3: En proceso
    • AO2.4: En proceso.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas. No momento en que se leve a cabo a formación previstas para a segunda avaliación, será un pulo importante para o desenvolvemento das accións que restan do plan.

2º Trimestre

Ao finalizar o segundo trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Conseguir que os equipos que non pertencen á dotación do proxecto Abalar teñan un mantemento axeitado. [C5] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO1.1: Acadada.
    • AO1.2: Acadada.
    • AO1.3: Acadada.
    • AO1.4: En proceso.
  • Obxectivo O02PD: Incrementar o uso de Moodle (E-Dixgal e Aula Virtual) nos procesos de avaliación do alumnado. [G1 – G3 - G7] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO2.1: Acadada.
    • AO2.2: En proceso.
    • AO2.3: En proceso
    • AO2.4: En proceso.

O desenvolvemento do Plan Dixital estase levando a cabo correctamente, cumprindo os prazos previstos e cun bo grao de implantación no centro das accións programadas.

3º Trimestre

Ao finalizar o terceiro trimestre o estado de cada un os obxectivos e accións vinculadas a cada un destes é o seguinte:

  • Obxectivo O01PD: Conseguir que os equipos que non pertencen á dotación do proxecto Abalar teñan un mantemento axeitado. [C5] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO1.1: Acadada.
    • AO1.2: Acadada.
    • AO1.3: Acadada.
    • AO1.4: Acadada.

O obxectivo 1 está totalmente acadado ao rematar o curso cunha empresa de mantemento informático que respondeu correctamente á labor encomendada durante o curso baixo o seguimento do coordinador TIC do centro.

  • Obxectivo O02PD: Incrementar o uso de Moodle (E-Dixgal e Aula Virtual) nos procesos de avaliación do alumnado. [G1 – G3 - G7] atópase en proceso sendo o grao de desenvolvemento das accións o seguinte:
    • AO2.1: Acadada.
    • AO2.2: Acadada.
    • AO2.3: Acadada.
    • AO2.4: Acadada.

O obxectivo 2 está totalmente acadado superándose a porcentaxe de profesorado que emprega as ferramentas de avaliación de aula virtual, fixado inicialmente nun 60%, sendo un total do 62%, ao empregala 13 dos 21 docentes do centro. O profesorado considerou de moita utilidade esta formación e a aplicación destas ferramentas para avaliar.

Polo tanto, todos os obxectivos propostos no Plan Dixital foron totalmente acadados polo centro ao finalizar o curso. Considerase necesario continuar coa formación no vindeiro curso académico, xa que a levada a cabo neste curso sobre ferramentas de avaliación na aula virtual foi considerada de moita utilidade polo profesorado participante, o que motivou o interese por estas ferramentas por parte de outro profesorado.

Desde o centro tamén están satisfeitos pola labor levada a cabo por parte da empresa de mantemento, polo que teñen previsto continuar con este contrato no vindeiro curso académico.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Para cada un dos obxectivos de mellora indicados neste plan procederase a comprobar, na data prevista para o remate de cada unha das accións deseñadas, se a a acción correspondente foi completada ou non. No caso de que fose necesario un axuste dos tempos tomaranse, por parte do equipo de dinamización, as decisións e accións necesarias para solucionar os aspectos que fosen convenientes co fin de conseguir os obxectivos fixados inicialmente.

Valoración xeral

Houbo unha mellora significativa no mantemento dos ordenadores que non dependen directamente da Consellería, estando os equipos en boas condicións de uso ao longo de todo o curso.

Tendo en conta o bo grao de aceptación e satisfacción coa formación obtida por parte do profesorado pódese considerar que foi un acerto a inclusión do obxetivo 2 no Plan Dixital. Aínda hai camiño por percorrer, o que nos fai pensar na posibilidade de continuar coa formación do profesorado para incrementar o uso das ferramentas dixitais no ensino e avaliación do alumnado.

Proposta de mellora

Inicialmente xa se recollía no Plan Dixital "Tamén, para cada un dos obxectivos, no caso de que se cumpran os prazos previstos analizaranse e valoraranse os resultados obtidos para ver se é posible conseguir un avance maior do que inicialmente estaba previsto. No caso de que pareza oportuno facer algunha revisión ao respecto procuraranse medidas orientadas a acadar un maior nivel dos obxectivos previstos neste plan.", polo que continuando con esta premisa considérase necesario continuar coa formación no emprego das ferramentas dixitais tanto nos procesos de docencia e aprendizaxe como nos de avaliación do alumnado, sendo recomendable que se poda acreditar que o profesorado participante logre unha competencia dixital que acade como mínimo o nivel B1.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Este Plan Dixital estará publicado na páxina web do centro.
Para que toda a comunidade educativa estea ao tanto disto, e por tanto do contido do Plan Dixital, utilizaranse o correo electrónico e o Abalar Móbil co obxectivo de informar sobre a súa publicación.

LIGAZÓN:

http://www.edu.xunta.gal/centros/iespoetaanon/system/files/15027976_IESPoetaA%C3%B1%C3%B3n_PlanDixital_V1.0_13062022.pdf