Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

DATOS BÁSICOS DO CENTRO

O CEIP Plurilingue da Rabadeira está situado na rúa do ensino 3, CP 15173, Oleiros. A súa dirección de correo electrónico é ceip.rabadeira@edu.xunta.gal  e a súa páxina web é http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/ No curso 2021-22 contamos con 37 mestras e mestres que cubren as necesidades de 436 alumnos/as nas etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.

XUSTIFICACIÓN DO PLAN DIXITAL EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

Este Plan Dixital elabórase ao amparo da seguinte normativa lexislativa: 

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-22. 
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021-22. 
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-22.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

A economía de Oleiros estivo centrada tradicionalmente no sector primario, as súas condicións naturais facilitaron a actividade agrícola, gandeira e pesqueira. No porto de Lorbé existe unha das depuradoras de mexillóns máis importantes de Galicia.

Nos últimos anos experimentou un considerable crecemento urbanístico, pasando a ter unha poboación que depende principalmente do sector terciario. Hoxe en día o turismo é un dos motores da economía do municipio que se concentra en praias como Santa Cristina, Santa Cruz e Mera.

É salientable o elevado número e nivel das actividades culturais que hai no Concello (teatro, concertos, contacontos, excursións...) organizadas polas Concellerías de Cultura e Ensino e Xuventude do Concello que, por outra banda, colaboran activamente cos centros públicos de ensino para os que programan numerosas actividades.

Así mesmo destacar tamén que contamos cunha biblioteca central e oito auxiliares  que planifican moitas actividades de animación á lectura  para os centros ao longo do ano.

En xeral, o nivel socioeconómico das familias que asisten ao centro é medio alto, un dato moi importante para ter en conta neste Plan Dixital.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

Relación con outros Plans e proxectos do centro: traxectoria no ámbito das novas tecnoloxías, programas de innovación nos que participa,  ….

O Plan Dixital está intimamente relacionado con algúns dos proxectos nos que está a participar o centro. É o caso do proxecto de Radio na Biblio, xa que precisamos de diverso material tecnolóxico para poder levar a cabo o programa. Tamén está moi relacionado co PlamB e con Bibliotecas Creativas, xa que unha parte da nosa Biblioteca ten recursos dixitais relacionados coa robótica, tabletas e unha zona TIC.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Para o vindeiro curso está prevista a aprobación en claustro da participación do centro no programa de Polos Creativos, xa que dota de recursos e formación dixital ao profesorado e alumnado do centro, polo que nos parece unha oportunidade para afrontar os retos que supón a educación no século XXI.

PROCESO DE ELABORACIÓN

Dentro do claustro de profesorado, e de forma voluntaria, creouse o Equipo de Dinamización do Plan Dixital e comezamos a traballar dende principio de curso organizando o cuestionario SELFIE, configurando o Test CDD, elaborando o informe DAFO e establecendo uns obxectivos e plans de acción de cara ao curso 22/23.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida foron o informe SELFIE e o test CDD. 

Interno
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H1/H3. O alumnado non actúa de maneira segura e responsable en Internet. Alumnado Si
Debilidade H5/H6. O alumnado non acostuma a corroborar a información de Internet e a recoñecer os traballos dos demais. Alumnado Si
Debilidade H11. O noso alumnado non ten formación para o traballo de codificación e programación. Alumnado Si
Debilidade H7. O alumnado non crea habitualmente contidos dixitais. Alumnado Si
Debilidade H8. O alumnado non se comunica axeitadamente utilizando tecnoloxías dixitais. Alumnado Si
Debilidade C16. Non temos un repositorio colaborativo de recursos dixitais. Organización de centro Si
Debilidade PO2. O equipo directivo non fomenta o emprega de software libre. Organización de centro Si
Debilidade PO5. O profesorado descoñece as vantaxes do software libre. Organización de centro Si
Debilidade E2. Só unha parte do profesorado crea recursos educativos dixitais. Persoal docente Si
Debilidade F5. Temos que mellorar no traballo colaborativo entre o noso alumnado. Persoal docente Si
Debilidade F1. Temos que mellorar nas adaptacións dixitais para dar respostas ás necesidades do alumnado. Persoal docente Si
Debilidade G. O proceso de avaliación do profesorado e alumnado debería incluír un proceso dixitalizado. Persoal docente Si
Debilidade A5. O profesorado non conta coa formación suficiente en canto a normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso. Persoal docente Si
Debilidade B1. O profesorado non coñece ferramentas de avaliación dixital do proceso ensino-aprendizaxe. Persoal docente Si
Debilidade D1. No noso centro non se reflexiona sobre as necesidades formativas no relativo ao ensino das TIC. Persoal docente Non
Debilidade E5. Non empregamos recursos educativos abertos habitualmente. Persoal docente Si
Debilidade H11. O noso profesora non ten formación para o traballo de codificación e programación. Persoal docente Si
Fortaleza C1/C14. Contamos cunha boa infraestrutura dixital que favorece o ensino-aprendizaxe. Infraestruturas Si
Fortaleza C2. Contamos con dispositivos dixitais para o ensino. Infraestruturas Si
Fortaleza C7. Aseguramos a protección de datos Infraestruturas Non
Fortaleza C8/C10. Contamos con dispositivos dixitais que desenvolve a competencia dixital do alumnado (Edixgal, colaboración con Paideia, Snappet). Infraestruturas Si
Fortaleza A1. No noso centro contamos cunha estratexia dixital Organización de centro Si
Fortaleza C11/C12. Ante a fenda dixital contamos con ferramentas para a identificación, atención e resposta a estas necesidades. Organización de centro Non
Fortaleza C15. O noso centro conta con tecnoloxías asistenciais para o alumnado NEAE. Organización de centro Si
Fortaleza A2. O noso profesorado coñece e aplica a estratexia dixital. Organización de centro Si
Fortaleza H10. Desenvolvemos habilidades dixitais de maneira interdisciplinar. Organización de centro Si
Fortaleza A3. No noso centro permítense novas modalidades de ensino. Organización de centro Si
Fortaleza E1. Buscamos recursos educativos dixitais en liña Persoal docente Si
Fortaleza E3. Empregamos entornos virtuais de aprendizaxe corporativos. Persoal docente Si
Fortaleza E4. Comunicámonos a través de ferramentas dixitais seguras coa comunidade educativa. Persoal docente Si
Fortaleza F6. Participamos en diferentes proxectos interdisciplinares utilizando tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Fortaleza B3. Colaboramos dixitalmente con outras organizacións Persoal docente Si
Fortaleza F3. Utilizamos diferentes ferramentas dixitais para fomentar a creatividade do noso alumnado (creación de curtas de animación, realidade aumentada, robótica, digicraft, radio escolar,¿). Persoal docente Si
Fortaleza F4. Motivamos ao alumnado con recursos, ferramentas e programas dixitais. Persoal docente Si
34 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza B2.Non temos tempo para debater de maneira formal do uso das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe. Administración educativa Non
Ameaza A4. Non existe tempo para que o noso profesorado explore o ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza D3. Non existe tempo para intercambiar experiencias de ensino dixital. Administración educativa Si
Ameaza C3. Non contamos cunha rede estable nalgunhas aulas do centro. Administración educativa Non
Ameaza C5. A administración educativa non nos responde inmediatamente cando xurden incidencias dixitais (exceptuando Edixgal). Administración educativa Non
Ameaza PO4. A Administración educativa non responde ás necesidades dixitais do noso centro Administración educativa Non
Ameaza O currículo é moi extenso e non permite a flexibilidade horaria para a adicación dixital. Lexislación Si
Oportunidade D2. Temos acceso a plans de formación dixitais. Administración educativa Si
Oportunidade A ANPA colabora no desenvolvemento de múltiples actividades. ANPA Si
Oportunidade O medio socioeconómico das familias é medio-alto e non hai, na practica, fenda dixital. Contorna Si
Oportunidade O Concello colabora no mantemento da infraestructura e instalacións do centro educativo. Outras Non
Oportunidade PO5. O noso centro conta con equipamento dixital doado por Paideia. Outras Si
Oportunidade O Concello oferta moitas actividades interdisciplinares Outras Non
13 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

O DAFO provén dos resultados obtidos do SELFIE e do test CDD, e invita á reflexión respecto dos obxectivos a acadar e a partir del deseñamos o Plan de Acción

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear unha biblioteca de recursos en liña para a etapa de Educación Primaria
O02PD Participar no desenvolvemento profesional continuo
O03PD Formar en comportamentos responsable e seguro no uso das Tecnoloxías Dixitais

Seguimento

Procedemento

O Plan Dixital ten establecido un Plan de Acción no que se establece unha temporalización para cada un dos obxectivos e ao longo do curso realizamos diferentes reunións no equipo do Plan Dixital para realizar o seguimento do mesmo. 

Realízanse reunións trimestrais coa mentora ADIX para a elaboración e consecución do Plan Dixital. 

1º Trimestre

Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte: 

O01PD: Tras a reunión coa relatora ADIX, plantexamos a posibilidade de aloxar a biblioteca de recursos dentro de AbalarBox, mais esta ferramenta corporativa non ten a suficiente capacidade para o que precisamos, polo que establécese a necesidade de mercar un servidor externo tipo NAS. 

O02PD: Durante o actual curso escolar o profesorado está inmerso en diferentes plans de formación permanente do profesorado que teñen unha continuidade de dous anos, polo que tras unha enquisa informal, decidimos pospor este obxectivo para o curso seguinte e elaborar un cuestionario sinxelo para coñecer os intereses formativos do claustro. 

O03PD: Realizáronse as actividades inicialmente pensadas para acadar o obxectivo, mais non parecen totalmente axeitadas e plantexamos a busca de novas actividades que implementar co alumnado. 

2º Trimestre

Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte: 

O01PD: Adquirido o servidor NAS, organizamos o aloxamento dos arquivos en carpetas e ao longo do terceiro trimestre se lles facilitará ao profesorado a forma de acceso para que inclúan os diferentes recursos. 

O02PD: Elaboraramos e compartimos o cuestionario dos intereses formativos e ao longo do último trimestre se contactará co CFR para organizar o PFPP do curso seguinte o antes posible.  

O03PD: Busca de actividades e consenso sobre as máis apropiadas. 

3º Trimestre

Realizando un seguimento dos obxectivos do Plan de Acción do Plan Dixital, podemos establecer o seguinte: 

O01PD: O profesorado ten acceso ao servidor NAS, e comparten os diferentes recursos a través deste medio. 

O02PD: A liña de formación máis interesante para o claustro resultou o perfeccionamento de diversos recursos dixitais, a programación e a impresión 3D. Contactamos co CFR para saber se podemos organizar a formación durante os días non lectivos de setembro.

O03PD: Realizáronse actividades adaptadas ao terceiro ciclo de Primaria, sobre todo relacionadas coa seguridade na web, as redes sociais e o ciberbulling, ademais de que elaboramos algunhas tipo para a iniciación do alumnado de 5º que comeza en Edixgal, co fin de que se familiaricen co emprego do ordenador na aula.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

Valoración trimestral no equipo do Plan Dixital para o análise e posibles melloras dos obxectivos e plans de acción. 

Reunión trimestral coa mentora ADIX para a valoración do Plan Dixital e, dende o segundo trimestre, a través de Educalidade. 

Valoración xeral

A reflexión sobre o modelo de centro, os obxectivos a acadar, así como os plans de acción e indicadores son unha forma moi  positiva de traballar para mellorar o centro.

 

Proposta de mellora

Necesidade de formación: As docentes precisarían dunha formación continua en diferentes ferramentas dixitais para acadar o nivel B2 en competencia dixital docente.

Infraestructuras: neste senso, o centro está ben dotado en canto a recursos materiais e precisaríamos mellorar a conectividade wifi para que haxa cobertura en todo o centro.

Obxectivos e plans de acción: ao longo do curso foron mudando, adaptándonos á realidade do contexto, e imos pouco a pouco acadándoos. Un dos obxectivos non puido cumplirse, mais se realizará ao longo do vindeiro curso.

Os posibles obxectivos para o vindeiro curso serán:

- Continuidade formación en seguridade e uso responsable das TIC en 5º primaria e en conceptos básicos e ofimática. 

- Formación en ferramentas Dixitais a docentes. 

- Unificar canles de difusión externa. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Despois da elaboración do Plan Dixital, aprobouse en consello escolar, polo que as representantes de toda a comunidade educativa están informadas e decídese a difusión do mesmo para o resto da comunidade a través da páxina web do centro. A ligazón é a seguinte: 

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/system/files/u2/PlanDixital_V1.0_08062022.pdf