Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

1. Introdución

  • Nome do centro: IES Terra de Xallas
  • Dirección: Rúa Rosalía de Castro s/n CP. 15840 Santa Comba (A Coruña)
  • Correo: ies.terra.xallas@edu.xunta.gal
  • Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesterraxallas/
  • Etapas educativas:  ESO, Bacharelato, Ciclo Medio Xestión administrativa, Ciclo Superior Administración e finanzas, Ciclo Básico cociña e restauración, Ciclo Básico mantemento de vehículos.
  • Número de alumnado: 457
  • Número de profesorado: 57

2. Contextualización do Plan Dixital no Centro. Contribución ao Proxecto Educativo do centro.

O IES Terra do Xallas é o único centro educativo de Educación Secundaria do concello de Santa Comba, situándose no núcleo municipal. Santa Comba é un dos maiores municipios da provincia da Coruña en extensión, cun área de 203,1 km2, pero cunha poboación que vai diminuíndo. O concello de Santa Comba é basicamente unha terra amesetada que se sitúa no noroeste da provincia da Coruña, no treito alto do río Xallas, case no centro dun triángulo formado pola Coruña, Santiago e Fisterra. Santa Comba considérase a capital da zona do Xallas, o eixe vertebrador das actividades económicas dunha ampla contorna que abrangue os concellos limítrofes de Mazaricos, Negreira, A Baña, Val do Dubra e Zas. O IES Terra do Xallas recibe alumnado procedente destes concellos, sobre todo para cursar FP Básica, Ciclos de FP ou Bacharelato.

O IES Terra de Xallas conta con unha plantilla de 57 profesores, en gran parte con destino definitivo.O Equipo directivo, a excepción da xefatura de estudos, ten continuidade.A Comisión de Coordinación Pedagóxica continúa a maior parte no presente curso, aínda que foi nomeado algún Xefe de Departamento didáctico novo.

En canto estrutura arquitectónica dispoñemos dun total de 3 edificios.

Un edificio principal que consta de planta baixa e dous andares. A planta baixa alberga os despachos de tódolos órganos administrativos, despachos de dirección , sala de titorías, sala de profesores, casa do conserxe e cafetería. Os outros andares corresponden a aulas.Outro edificio de planta baixa e un andar, dedicado case exclusivamente a aulas. Inclúe tamén 3  aulas de informática e a bibliotca.No terceiro edificio, tamén de planta baixa e dous andares, encóntrase o Departamento de Orientación, as aulas de Tecnoloxía, Música e Educación Plástica e Visual entre outras aulas. Na planta baixa existe un salón de actos e audiovisuais.No recinto escolar encóntranse tamén un Pavillón, o ximnasio, aula de lecer, taller de mecánica e restauración.

Actualmente o IES Terra de Xallas imparte a seguinte oferta formativa, escolarizando en total  457 alumnos/as

  • E.S.O.: tres liñas de 1º, catro de 2º, tres de 3º, tres de de 4º , dous PMAR en 2º e  3º de ESO.
  • Bacharelato: dúas liñas en primeiro e dúas liñas en segundo.
  • Formación Profesional Específica:  
    • Familia de “Administración”: C.M. de Xestión Administrativa (2000 horas, distribuídas en dous anos escolares) e C.S. de “Administración e Finanzas “ (2000 horas, distribuídas en dous anos escolares)
      • Dúas liñas en cada un dos cursos de Formación Profesional Básica.
        • Servizo de restauración e bar.
        • Mantemento de vehículos.

Incardinación e contribución do PD ao Proxecto Educativo.

O PD incardínase dentro dos obxectivos do Proxecto Educativo contribuíndo á consecución do seguinte obxectivo:

e) Convivencia harmónica da tradición e a innovación: impulso  das TIC.

O coñecemento respectuoso do noso pasado histórico e cultural combinarase coa dinamización no centro de todas as iniciativas destinadas a potenciar o uso das TIC no profesorado e no alumnado. Aspírase así a facilitar unha formación sólida e actual no mesmo, que lle permita facer fronte aos retos da actualidade.

Contribución do PD á Programación Xeral Anual do curso 22/23.

Por último a PXA verase enriquecida por este documento incorporando á mesma a pretensión dun maior aproveitamento de todos os recursos tecnolóxicos da nosa comunidade. Pasará a ser parte do eixo vertebrador que fundamente o uso de infraestruturas tecnolóxicas, formacións do alumnado, profesorado e familias, cun aproveitamento máis reflexivo, estudado e estruturado de todos eles.

3. Breve xustificación do plan.

 A normativa que regula todo este procedemento queda recollida nos seguintes documentos:

  • Art. 111 bis, Art. 121 e Art. 132  da LO 2/2006, de 3 de maio, de Educación
  • Disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de EI, EP, ESO e bacharelato no curso académico 2021-2022
  • Disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de FP do sistema educativo no curso 2021- 2022
  • Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022

4. Proceso de Elaboración

No primeiro trimestre realizouse a avaliación inicial a través da ferramenta SELFIE para coñecer o estado do noso centro en canto a dixitalización. No comezo do segundo trimestre implementouse o Test CDD para coñecer a competencia dixital do profesorado do centro.Coa información destas dúas ferramentas procedeuse a realización do DAFO do noso centro facendo unha análise de debilidades, ameazas, fortalezas e oportunidades.No terceiro trimestre elaboránronse as táboas do plan de acción e por último procedeuse á redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Os instrumentos de recollida de información foron o a autovaliación SELFIE ( test para avaliar  nos centros  en que punto se econtran en canto a aprendizaxe na era dixital ). 

Outro instrumento usado é Test CDD ( tes de comptencia dixital) vinculado co perfil do profesorado. 

Unha vez realizado isto elaborouse un documento DAFO grazas ao cal se construíron as táboas de plans de acción do noso centro.

Todo isto trouxo consigo a creación do primeiro Plan Dixital do noso centro

Interno
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade H11. Aprender a codificar o programar (2,3) Alumnado Non
Debilidade H13. Resolver problemas técnicos (2,5) Alumnado Non
Debilidade C10.Dispositivos para o alumnado. (2,6) Infraestruturas Non
Debilidade C15. Tecnoloxías asistenciais. (2,6) Infraestruturas Si
Debilidade C7. Protección de datos. (3,1) Infraestruturas Si
Debilidade C13. Traer o propio dispositivo. (2) Infraestruturas Non
Debilidade A2. Desenrolo da estratexia do profesorado (2,6) Organización de centro Non
Debilidade A1. Estratexia Dixital (2,56) Organización de centro Non
Debilidade A4. Tempo para explorar o ensino dixital (2,33). Organización de centro Si
Debilidade G5. Autorreflexión sobre el aprendizaje (2,6) Persoal docente Non
Debilidade G6. Comentarios a otros/as alumnos/as sobre su trabajo (2,3) Persoal docente Non
Debilidade D1. Necesidades de DPC (3). Persoal docente Non
Debilidade B3. Colaboraciones (2,5). Persoal docente Non
Debilidade B4. Sinerxias para o ensino e o aprendizaxe a distancia (2,2). Persoal docente Non
Debilidade F3. Fomento de la creatividad (2,9). Persoal docente Si
Debilidade G3. Retroalimentación adecuada (2,7) Persoal docente Non
Debilidade D2. Participación no DPC (3,8). Persoal docente Non
Debilidade B1. Evaluación del progreso (2,4). Persoal docente Non
Debilidade B2. Debate sobre el uso de la tecnología (2,4) Persoal docente Non
Debilidade F6. Proyectos interdisciplinares (2,6) Persoal docente Si
Debilidade G10. Evaluación de las capacidades desarrollada fuera del centro (2,53) Persoal docente Si
Fortaleza H6. Otorgar reconocimiento al trabajo de los demás (3,1) Alumnado Non
Fortaleza H1. Comportamiento seguro (3,3) Alumnado Non
Fortaleza H3. Comportamiento responsable (3,5). Alumnado Non
Fortaleza H8. Aprender a comunicarse (3,3) Alumnado Non
Fortaleza C3. Acceso a internet. (3,4) Infraestruturas Non
Fortaleza C2. Dispositivos dixitais para o ensino. (3,6) Infraestruturas Non
Fortaleza C1. Infraestruturas. (3,5) Infraestruturas Si
Fortaleza C5. Asistencia técnica. (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C11. Brecha digital: medidas para idenificar retos (3,1) Infraestruturas Non
Fortaleza C12. Brecha digital: apoyo para abordar retos (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C14. Espacios físicos (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza C8. Dispositivos dixitais para o aprendizaxe (3,1) Infraestruturas Non
Fortaleza C16. Bibliotecas/repositorios en línea (2,9) Infraestruturas Non
Fortaleza E4. Comunicación con la comunidade educativa (3,9) Persoal docente Non
Fortaleza E1. Recursos educativos en línea (4) Persoal docente Non
Fortaleza E2. Creación de recursos digitales (3,3) Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación a las necesidades del alumnado (3,1) Persoal docente Non
Fortaleza F1. Adaptación a las necesidades del alumnado (3,1) Persoal docente Non
Fortaleza F8. Orientación profesional (3) Persoal docente Non
Fortaleza G7. Evaluación digital (2,96) Persoal docente Non
Fortaleza D3. Intercambio de experiencias (3,1). Persoal docente Non
Fortaleza E3. Empleo de entornos virtuales de aprendizaje (3,6) Persoal docente Non
Fortaleza E5. Recursos educativos abiertos (3,4) Persoal docente Non
Fortaleza F4. Implicación del alumnado (3,2) Persoal docente Non
Fortaleza F5. Colaboración del alumnado (3) Persoal docente Non
Fortaleza G1. Evaluación de las capacidades (2,7) Persoal docente Non
Fortaleza G8. Documentación del aprendizaje (2,73) Persoal docente Non
48 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza H7. Creación de contenidos digitales (2,7) Administración educativa Non
Ameaza Dotación de equipo informático (equipamento envellecido) Administración educativa Non
Ameaza A5. Normas sobre dereitos de autor e licenzas de uso (3,6). Lexislación Si
Ameaza A burocracia limita as ganas de innovar dos centros educativos. Lexislación Non
Ameaza O profesorado ten tanta carga burocrática que lle impide adicar tempo a explorar novos métodos de ensinanza con tecnoloxías dixitais Lexislación Non
Oportunidade Relación coa ANPA ANPA Non
Oportunidade Participación das familias. ANPA Non
Oportunidade Colaboración con institucións alleas ao centro educativo Contorna Non
Oportunidade No noso centro respectamos os dereitos de autor e utilizamos licenzas cando utilizamos as tecnoloxías dixitais para o ensino e a aprendizaxe. Lexislación Non
9 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizado o DAFO do noso centro, evidenciáronse as seguintes carencias. É preciso mellorar a insfraestrutura de rede e de equipos informáticos do noso centro. Por outra banda, o profesorado precia formación en relación a distintos aspectos vencellados co mundo da tecnoloxía como son temas sobre dereitos de autos, manexo de aulas virtuais ou aplicación PROENS. No que se refire ao noso alumnado é preciso traballar aspectos sobre seguridade na rede, creatividade...

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD Crear un listado de referencia rápida sobre os dereitos de autor e licenzas de uso. (Área A Liderado - A5*)
O02PD Mellora/substitución do equipo informático con máis de 15 anos (Área C Infraestruturas e equipamentos)
O03PD Tempo para explorar o ensino dixital - Formación TIC do profesorado no propio centro (Área A Liderado A4*)
O04PD Creación e posta en funcionamento dun proxecto interdisciplinar (Área F Pedagoxía: implementación na aula F6*)
O05PD Mellora no funcionamento das redes WIFI do centro (Área C Infraestruturas e equipamentos C1*)
O06PD Fomentar a creatividade do alumnado de primeiro ciclo de ESO. (Área F Pedagoxía: implementación na aula F3*)

Seguimento

Procedemento

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Ademais, tamén se revisará o avance do plans de acción durante as visitas periódicas da persoa mentora. 

1º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Pescuda de información sobre dereitos de autor e licenzas (OBX 1): en fase de pescuda de documentación.
  • Melloras equipos informáticos (OBX 2) en trámite realizando cambios puntuais de equipos obsoletos. 
  • Formación TIC profesorado (OBX 3) pendente da concesión do PFPP para concreción de datas de formacións. 
  • Creación de proxecto interdisciplinar (OBX 4) en fase de petición de presupostos para barallar a viabilidade da actividade. 
  • Mellora funcionamento WIFI (OBX 5) supeditado á mellora que realizará AMTEGA.
  • Fomentar creatividad (OBX 6) en construción espazos dixitais para o desenvolvemento da actividade. Deseño da actividade xa realizado.
2º Trimestre

Revisión do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Pescuda de información sobre dereitos de autor e licenzas (OBX 1): obxectivo acadado 
  • Melloras equipos informáticos (OBX 2): xa acadado.
  • Formación TIC profesorado (OBX 3) xa temporalizadas formacións e iniciadas.
  • Creación de proxecto interdisciplinar (OBX 4) dificultade para conseguir orzamentos. Aprazado. 
  • Mellora funcionamento WIFI (OBX 5) colocáronse puntos de acceso, pero están pendentes da posta en marcha por fallos, realizada petición á UAC. 
  • Fomentar creatividade (OBX 6) actividade xa temporalizada e con espazos dixitais creados para o alumnado. 
3º Trimestre

Revisión final do estado dos plans de acción con parte do  EDPD

  • Pescuda de información sobre dereitos de autor e licenzas (OBX 1): xa acadado 
  • Melloras equipos informáti.cos (OBX 2): xa acadado.
  • Formación TIC profesorado (OBX 3): xa acadado.
    • Aclaración: independentemente de que só se realizaran 2 cursos de formación en vez dos 4 propostos como indicadores e logro. Considérase que o obxectivo foi un éxito grazas a calidade e utilidade das formacións realizadas.    
  • Creación de proxecto interdisciplinar (OBX 4): dificultade para conseguir orzamentos. Anulado. 
    • Motivos de anulación: tras diversas reunións para conseguir o orzamento para a posta en marcha do obxectivo, foi imposible conseguir os cartos necesarios. Este obxectivo queda pendente. 
  • Mellora funcionamento WIFI (OBX 5): Xa acadado.
  • Fomentar creatividade (OBX 6): Parciamente (ver avalación).
    • Resultado da actividade: non foi o esperado. Faltou compromiso por parte do alumnado a pesar da publicidade realizada. Comentar tamén que este obxectivo no seu inicio tiña outro fundamento e se foi transformado ao longo curso. Quizais isto tamén afectou a resolución desfavorable do obxectivo. 

Avaliación

Procedemento para a avaliación

No que se refire ao seguimento e avaliación do Plan Dixital en relación coa consecución dos obxectivos será realizada dende dúas perspectivas:

Avaliación procesual: será realizada unha vez ao final da cada un dos trimestres do curso 22-23. Realizarase un revisión do estado das accións, así como a valoración dos resultados acadados nos distintos obxectivos das táboas dos nosos plans de accións. Ademais, realizaranse propostas de modificación de accións de ser preciso. Utilizaranse os apartados correspondentes das citadas táboas para tal efecto. 

Avaliación final: será realizada unha vez ao ano ao remate do curso académico 22-23. Farase unha revisión da consecución dos obxectivos formulados e realizaranse posibles propostas de mellora. Utilizaranse os apartados correspondentes de cada unha das táboas do plan de acción para o seu cumprimento. 

Valoración xeral

O desenvolvemento do plan dixital precisa o enfoque dun proceso continuo e evolutivo. Representou un desafío para a comunidade educativa e terá continuidade, a través das distintas actividades tecnolóxicas que se realizan no noso centro, no vindeiro curso 23-24.

Varios factores condicionaron o desenvolvemento do Plan Dixital, a infraestrutura tecnolóxica dispoñible, a formación e capacitación dos docentes, a dispoñibilidade de recursos dixitais adecuados e as metodoloxías de ensino.  De aí que en propostas de mellora, continuemos optando por un profundo enfoque na formación do profesorado no que ás TIC se refire. 

A avaliación do desenvolvemento do plan dixital debe ter en conta os resultados e o impacto na aprendizaxe dos estudantes, así como a experiencia e a retroalimentación dos docentes, pais, nais e outros actores chave. Ao ser este o primeiro Plan Dixital que desenvolvemos, os indicadores que permiten esta retroalimentación son moi sutís e haberá que agardar a vindeiros cursos. Será nese momento, cando se realice un novo exercizo SELFIE de autoavaliación da situación dixital da comunidade educativa, cando teñamos unha visión máis completa dos resultados do traballo realizado. 
 

En relación aos obxectivos:

  • No obxectivo 3 Tempo para explorar o ensino dixital - Formación TIC do profesorado no propio centro (Área A Liderado A4*): independentemente de que só se realizaran 2 cursos de formación en vez dos 4 propostos como indicadores e logro. Considérase que o obxectivo foi un éxito grazas a calidade e utilidade das formacións realizadas.    
  • Obxectivo 4: Suspéndense o obxectivo por falta de financiamento. Valorase a súa realización no vindeiro curso. 
  • Obxextivo 6: barallar accións máis concretas e en menor cantidade. Faltou compromiso por parte do alumnado a pesar da publicidade realizada. Comentar tamén que este obxectivo no seu inicio tiña outro fundamento e se foi transformado ao longo curso. Quizais isto tamén afectou a resolución desfavorable do obxectivo.
Proposta de mellora

No que se refire ás propostas de mellora do PD do noso centro destacar o seguinte:

  • Realizar unha reavaliación das necesidades tecnolóxicas e os recursos dispoñibles no centro educativo coa finalidade de determinar que recursos adicionais son necesarios.

  • Afondar na formación e no desenvolvemento profesional contínuo do corpo docente en colaboración co CAFI afondando na estabilización dunha liña TIC nos PFPP. 

  • Integración curricular: Promover a integración da tecnoloxía no currículo escolar de maneira transversal. Isto implica identificar oportunidades para utilizar ferramentas dixitais en diversas materias e actividades, fomentando a creatividade, a colaboración e o pensamento crítico dos estudantes.

  • Fomentar a participación activa da comunidade educativa no plan dixital, involucrando ás familias, estudantes e outros membros da comunidade na toma de decisións e na implementación de estratexias dixitais. 

  •  Comunicar os avances e logros do plan á comunidade educativa.

Posibles obxectivos para o vindeiro ano:

  • Análise de pros e contras para solicitude de EDIXGAL.
  • Implementación da aplicación de Inventario.
  • Liñas de PFPP posibles:
    • Paneis Dixitais Interactivos. 

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

Unha vez aprobado o Plan Dixital do noso centro será publicado na web do mesmo. Ademais enviarase un enlace ás familias coa entrada para facelas coñecedoras da súa publicación. Tamén se enviará a todo o claustro vía correo electrónico e ao Consello Escolar.

Enlace ao Plan Dixital do noso centro