Plan do centro

Datos do plan

Vixencia

 
 
 

Introdución

Introdución

XUSTIFICACIÓN EN RELACIÓN COA NORMATIVA VIXENTE

A referencia fundamental para que os centros desenvolvan o seu potencial dixital a través dun Plan é o Marco Europeo para Organizacións Educativas Dixitalmente Competentes (DigCompOrg), desenvolto polo Centro Común de Investigación (JRC, Joint  Research Centre), da Comisión Europea.

A Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación, regula diferentes aspectos relacionados coa competencia dixital e a innovación educativa. Así, no artigo 121, establece que o proxecto educativo do centro recollerá, entre outros aspectos, a estratexia dixital do centro, de acordo co establecido no artigo 111 bis, no que se establece que as Administracións educativas e os equipos directivos dos centros promoverán o uso das tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na aula como medio didáctico apropiado e valioso para levar a cabo as tarefas de ensino e aprendizaxe, utilizando os marcos de referencia da competencia dixital que orienten a formación inicial e permanente do profesorado e faciliten o desenvolvemento dunha cultura dixital nos centros e nas aulas.
O artigo 132 da devandita Lei establece como competencias dos directores e directoras, entre outras, exercer a dirección pedagóxica, promover a innovación educativa e impulsar plans para a consecución dos fins do proxecto educativo do centro; e fomentar a cualificación e formación do equipo docente, así como a investigación, a experimentación e a innovación educativa no centro.
A disposición adicional quinta da Resolución do 17 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional (DOG 30 de xuño), pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento das ensinanzas de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato no curso académico 2021-2022, e na disposición adicional terceira da Resolución do 18 de xuño de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento dos ciclos formativos de formación profesional do sistema educativo no curso 2021-2022 sinala que os centros docentes elaborarán no curso 2021-2022 o seu Plan Dixital de acordo coas instrucións que se diten.
En liña coas orientacións establecidas no Plan de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea e no marco do Plan de Acción de Educación Dixital (2021-2027), a Consellería de Cultura, Educación e Universidade (en diante, a consellería) persegue a transformación dixital dos centros educativos de Galicia como organizacións a fin de que sexan dixitalmente competentes nos procesos de ensino-aprendizaxe, de xestión e de relación o que require de un proceso de mellora das competencias dos membros da comunidade educativa que se deberá recoller nun Plan Dixital do Centro como organización.
A redacción deste Plan, farase conforme a Resolución do 3 de setembro de 2021, da Secretaría xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para o deseño, elaboración e implementación do Plan Dixital nos centros docentes sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2021-2022.

CONTEXTUALIZACIÓN DO PD NO CENTRO E CONTRIBUCIÓN AO PROXECTO EDUCATIVO

O Plan Dixital é un instrumento de planificación que estará integrado no Proxecto Educativo, como recolle a LOMLOE no seu artigo 111 bis: o proxecto educativo recollerá así mesmo a estratexia dixital do centro, co fin de desenvolver a competencia dixital da comunidade educativa, promover a innovación e sacar o máximo proveito das tecnoloxías da información e comunicación e dos recursos educativos dixitais do centro.

O Plan Dixital será así o instrumento que adecúe e facilite o uso dos medios dixitais no proceso de ensino-aprendizaxe, entendido dende o obxectivo do desenvolvemento pleno e integral do alumnado. Será un instrumento que forme parte, así pois, do citado Proxecto Educativo, e tamén do Proxecto da Dirección do centro. Pola súa banda, a Programación Xeral Anual (PXA) do curso 2022-2023, e dos que lle seguen, incluirán a planificación concreta das accións a desenvolver no período escolar propio de cada curso.
A finalidade última é que o alumnado aprenda, se forme e se desenvolva como individuo da sociedade na que vive. En consecuencia, ademais da relación cos documentos citados, a concreción curricular de centro, e as programacións didácticas de cada departamento en secundaria, e de cada ciclo en Educación Infantil e Primaria, estarán en consonancia co propio plan dixital, sendo ambos complementarios e compartindo intencións e actuacións a  definir co alumnado.

PROCESO DE ELABORACIÓN

O Plan Dixital deséñase no marco de desenvolvemento dun plan de formación permanente do profesorado, a través da creación dun grupo de traballo que será o que conforme o Equipo de Dinamización do Plan Dixital (EDPD).

Este equipo, ao inicio do curso, deseñou unha planificación de traballo no que se definiron as horas de reunión, coordinación e traballo, a metodoloxía e a concreción das actuacións principais. Conforme ao calendario inicial formulado lévanse a cabo as diferentes sesións condicionadas pola mentoría asignada ao centro dende a Consellería.

Para a súa confección seguíronse os seguintes pasos:

  1. Análise e detección de necesidades: enquisas para o alumnado, profesorado e equipo directivo (cuestionario SELFIE).

  2. Autoavaliación da Competencia Dixital Docente a través do cuestionario CDD.

  3. Obtención das conclusións principais a través dun modelo DAFO.

  4. Definición de obxectivos prioritarios.

  5. Redacción do Plan Dixital.

Contexto DAFO

Instrumentos de recollida de información previa

Tendo en conta a realidade social de hoxe en día no que é imprescindible ter un certo nivel na competencia dixital para afrontar calquera trámite ou actuación no só a nivel administrativo ou profesional, senón tamén da vida diaria, e atendendo ao centro e a unha das súas finalidades propedéuticas como favorecedor da integración do alumnado na sociedade, considérase necesario unha valoración previa da situación de partida para poder desenvolver un plan de actuación que, con arreglo á normativa vixente, permita a mellora, na medida do posible, deste competencia dixital, tanto a nivel de profesorado como de alumnado e, por extensión, a toda a comunidade educativa.

Para tal fin, elaborouse un Plan Dixital de centro que serve de marco de referencia inicial e lonxitudinal no tempo para establecer unhas actuacións que faciliten os obxectivos formulados, que buscarán convertir o CPI Pecalama nun centro dixitalmente competente, favorecendo a toda a comunidade educativa.

O proceso de elaboración do Plan Dixital de Centro implicou a creación dun PFPP, con membros do equipo directo, coordinador TIC e profesorado de secundaria, así como un Equipo de Dinamización TIC. O grupo integrante do PFPP celebrou sesións conxuntas de traballo os días 25/11/21, 26/11/21, 18/01/22, 07/02/22, 16/03/22, 29/03/22, 03/05/22 e 19/05/22. No desenvolvemento destas sesións realizouse un traballo pormenorizado e desgranado de ferramentas de análise previas, como o SELFIE e o Test CDD, como de análise dos resultados obtidos nos test previamente mencionados a través da elaboración dun documento DAFO e establecéronse uns Obxectivos incluídos no Plan de Acción do Plan Dixital, así como a confección de todos os puntos necesarios para a correcta cumplimentación do citado plan.

Interno
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Debilidade Escasa administración de dispositivos portátiles ao alumnado para o seu fogar, de ser necesario. Alumnado Non
Debilidade Inoperatividade da Aula de Informática de Educación Infantil e Primaria, dotada con recursos obsoletos. Infraestruturas Si
Debilidade Equipamento a disposición do alumnado pouco funcional debido ás súas limitacións técnicas e antigüidade. Infraestruturas Si
Debilidade Tanto o equipo directivo como o profesorado indican unha falta de estratexia dixital. Organización de centro Non
Debilidade Insuficiente comunicación interna. Organización de centro Non
Debilidade Non hai moito debate e/ou reflexión sobre o uso das tecnoloxías. Organización de centro Non
Debilidade Falta de coñecemento sobre os dereitos de autor e licencias de uso na realización das actividades de ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Si
Debilidade Non se avalían os progresos en materia de ensinanza-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non hai moito debate e/ou reflexión sobre o uso das tecnoloxías. Persoal docente Non
Debilidade O profesorado non fomenta suficientemente a participación do alumnado en proxectos interdisciplinares empregando as tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración coa contorna. Persoal docente Non
Debilidade O equipo directivo non reflexiona o suficiente sobre as necesidades de DPC. Persoal docente Non
Debilidade Non se utilizan as tecnoloxías dixitais para facilitar a colaboración entre o alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Non se usan tecnoloxías dixitais para avaliar as habilidades do alumnado. Persoal docente Non
Debilidade Insuficientes estratexias para facilitar a participación do alumnado en procesos de avaliación entre iguais. Persoal docente Non
Debilidade Falta de tempos coordinados para a organización de actividades de formación en competencia dixital. Persoal non docente Non
Fortaleza O alumnado aprende a actuar de maneira segura en internet. Alumnado Si
Fortaleza O alumando aprende a comprobar se a información que atopa en internet é fiable e precisa. Alumnado Si
Fortaleza O alumando aprende a comunicarse usando tecnoloxías dixitais. Alumnado Non
Fortaleza O alumando do centro aprende a actuar de xeito responsable en internet. Alumnado Si
Fortaleza Adecuada creación de recursos dixitais por parte do alumnado. Alumnado Non
Fortaleza As familias están informadas a través de avisos e notificacións polo aplicativo AbalarMobil. Familias Si
Fortaleza Hai dispositivos dixitais para o corpo de docentes. Infraestruturas Non
Fortaleza Existen dispositivos dixitais no centro para o alumnado. Infraestruturas Non
Fortaleza A infraestrutura dixital do centro respalda á ensinanza e ao aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Infraestruturas Non
Fortaleza O centro facilita tecnoloxías asistenciais a alumnado con necesidades educativas especiais. Organización de centro Non
Fortaleza O equipo directivo apoia ao profesorado para que exploren as novas formas de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Organización de centro Non
Fortaleza O centro emprega servizos dixitais educativos non corporativos. Organización de centro Non
Fortaleza O profesorado dispón de tempo para explorar como mellorar o seu método de ensinanza coas tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado crea recursos dixitais que usa na práctica docente. Persoal docente Non
Fortaleza Úsanse recursos educativos abertos. Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse tecnoloxías dixitais para facilitar a retroalimentación axeitada ao alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Facilítase ao alumnado tecnoloxías dixitais para documentar a súa aprendizaxe. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado ten acceso a actividades para o seu DPC no relativo ao ensino-aprendizaxe con tecnoloxías dixitais. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado busca e consulta medios dixitais para o desenvolvemento do proceso educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Empréganse contornas virtuais de aprendizaxe co alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza O profesorado emprega tecnoloxías dixitais nas comunicacións relativas ao centro educativo. Persoal docente Non
Fortaleza Utilízanse tecnoloxías dixitais para fomentar a creatividade no alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Realízanse actividades motivadoras para o alumnado. Persoal docente Non
Fortaleza Boa disposición para a participación das actividades deseñadas dende o centro. Persoal non docente Non
40 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Externo 11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Resultados da busca
DAFO Descrición Categoria Obxectivos
Ameaza Deterioro, avellentamento e falta de actualización dos recursos tecnolóxicos e dixitais do centro. Administración educativa Si
Ameaza Perda poboacional na contorna coa conseguinte redución de recursos persoais e materiais. Contorna Non
Ameaza Continuo carácter cambiante na normativa vixente que obriga ao profesorado á constante actualización organizativa e pedagóxica. Lexislación Non
Oportunidade Existe unha política de protección de datos suficiente. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado participa en actividades formativas organizadas dende a Administración Educativa para melloras as súas competencias educativas. Administración educativa Non
Oportunidade No centro existen espazos físicos que facilitan o proceso de ensinanza-aprendizaxe con dispositivos dixitais. Administración educativa Non
Oportunidade O centro promove a participación do profesorado nas actividades formativas organizadas dende a Administración Educativa. Administración educativa Non
Oportunidade O profesorado considera adecuadas as modalidades formativas organizadas dende a Administración Educativa. Administración educativa Non
Oportunidade Existencia dunha ANPA estable no centro que programa actividades para mellorar a competencia dixital do alumnado. ANPA Non
Oportunidade Relación de colaboración entre o Concello e o centro para promover actividades extraescolares que completan a actividade formativa do centro. Contorna Non
Oportunidade Existen convocatorias específicas para a mellora da competencia dixital da comunidade educativa. Lexislación Non
11 elementos atopados, amosando todos os elementos.
Análise

Unha vez analizados os diferentes resultados obtidos nos cuestionarios do SELFIE, cumplimentados tanto polo profesorado como o alumnado, o test CDD, realizado polo profesorado,e despois dunha posta en común e valoración por parte do Equipo de Dinamización do Plan Dixital e do Claustro de centro, determináronse unhas Debilidades e Fortalezas a nivel interno e unhas Ameazas e Oportunidades a nivel externo que nos permitiron establecer uns obxectivos a acadar para a mellora da competencia dixital da comunidade educativa. Unha posterior valoración pormenorizada destes obxectivos, tendo en conta a realidade contextual presente na vida do centro, determinamos aqueles máis prioritarios. Así, puidemos establecer unha temporalización daquelas accións que facilitarán a consecucións dos obxectivos especificados durante o seguinte curso escolar. Todas estas accións e a súa vinculación cos obxectivos preferentes permitiu a elaboración dun Plan de Acción guía, que seguiremos e avaliaremos nas diferentes etapas do proceso de implementación do mesmo.

De maneira global, a análise dos resultados do DAFO, móstranos a necesidade de mellora nos seguintes aspectos:

  • Renovación da aula de informática de Educación Infantil e Primaria.
  • Mellorar a competencia dixital do alumnado en relación á navegación segura en internet, privacidade dos datos, boas prácticas nas redes e identificación de posibles ameazas.
  • Coñecemento das diferentes licenzas de autor e de propiedade intelectual.
  • Aumento do uso da aplicación AbalaMóbil para mellorar a comunicación coas familias.

Obxectivos

Datos obxectivo
Listaxe de obxectivos
Código Obxectivo Opcións
O01PD ACTUALIZAR O EQUIPAMENTO PROPIO DA AULA DE INFORMÁTICA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA (C2, C5)
O02PD INCREMENTAR AS OPCIÓNS OFRECIDAS CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO EMPREGO DOS DISPOSITIVOS INFORMÁTICOS (F4, H10)
O03PD FOMENTAR A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS A TRAVÉS DA FERRAMENTA ABALAR (E2, E4)
O04PD FOMENTAR UN COMPORTAMENTO SEGURO E RESPONSABLE DO ALUMNADO EN INTERNET, PROMOVENDO O COÑECEMENTO SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENCIAS SOBRE CONTIDOS DIXITAIS (A5, H1, H3)

Seguimento

Procedemento

O Equipo de Dinamización do Plan Dixital realizará un mínimo de dúas reunións trimestrais para valorar e redirixir as actuacións vinculadas ao desenvolvemento do citado plan.

A persoa mentora ADIX realizará, como mínimo, dúas visitas ao centro por trimestre para analizar, xunto coa persoa coordinadora do PD, o desenvolvemento do proxecto.

A persoa coordinadora do PD estará autorizado na aplicación Educalidade para realizar un seguimento das accións realizadas e proceder a facer unha avaliación continua e final do desenvolvemento do plan, baixo a supervisión da dirección do centro.

 

1º Trimestre

A continuación especifícase o estado das accións relativas á consecución dos obxectivos fixados no PD ao remate do primeiro trimestre do curso. Detallaranase a situación por obxectivos.

O01PD: ACTUALIZAR O EQUIPAMENTO PROPIO DA AULA DE INFORMÁTICA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • AO1.1: Elaboración dun inventario do equipamento dixital. Realizada.
  • AO1.2:Valoración do material existente e dos equipos que é preciso adquirir. Realizada.
  • AO1.3:Solicitude e valoración de presupostos. Cálculo do nº de equipos que se van adquirir. Non tratada.
  • A01.4: Adquisición dos equipos dixitais (xuño 2023). Non tratada.
  • A01.5: Instalación dos equipos dixitais (xuño 2023). Non tratada.

O02PD: INCREMENTAR AS OPCIÓNS OFRECIDAS CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO EMPREGO DOS DISPOSITIVOS INFORMÁTICOS

  • AO2.1: Organización e deseño de tempos de traballo para mellorar a Competencia Dixital. En proceso. Realizadas as accións do Primeiro Trimestre.
  • AO2.2: Deseño de actividades de titoría entre iguais para a mellora da Competencia Dixital. En proceso. Realizadas as accións do Primeiro Trimestre.

O03PD: FOMENTAR A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS A TRAVÉS DA FERRAMENTA ABALAR

  • AO3.1:Desenvolvemento de charlas formativas e informativas sobre o aplicativo ABALAR ao inicio de curso. Realizada.
  • A03.2: Deseño e difusión de guías divulgativas sobre o uso e posibilidades da ferramenta ABALAR. En proceso.

O04PD: FOMENTAR UN COMPORTAMIENTO SEGURO E RESPONSABLE DO ALUMNADO EN INTERNET, PROMOVENDO O COÑECEMENTO SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENCIAS SOBRE CONTIDOS DIXITAIS

  • AO4.1: Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. En proceso. Algunhas actividades xa concertadas e axendadas.
  • A04.2: Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. Non tratada.
     
2º Trimestre

A continuación especifícase o estado das accións relativas á consecución dos obxectivos fixados no PD ao remate do segundo trimestre do curso. Detallaranase a situación por obxectivos.

O01PD: ACTUALIZAR O EQUIPAMENTO PROPIO DA AULA DE INFORMÁTICA DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA

  • AO1.1: Elaboración dun inventario do equipamento dixital. Realizada.
  • AO1.2:Valoración do material existente e dos equipos que é preciso adquirir. Realizada.
  • AO1.3:Solicitude e valoración de presupostos. Cálculo do nº de equipos que se van adquirir. Realizada.
  • A01.4: Adquisición dos equipos dixitais (xuño 2023). En proceso.
  • A01.5: Instalación dos equipos dixitais (xuño 2023). En proceso.

O02PD: INCREMENTAR AS OPCIÓNS OFRECIDAS CO ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA NO EMPREGO DOS DISPOSITIVOS INFORMÁTICOS

  • AO2.1: Organización e deseño de tempos de traballo para mellorar a Competencia Dixital. En proceso. Realizadas as accións do Segundo Trimestre.
  • AO2.2: Deseño de actividades de titoría entre iguais para a mellora da Competencia Dixital. En proceso. Realizadas as accións do Segundo Trimestre.

O03PD: FOMENTAR A COMUNICACIÓN COAS FAMILIAS A TRAVÉS DA FERRAMENTA ABALAR

  • AO3.1:Desenvolvemento de charlas formativas e informativas sobre o aplicativo ABALAR ao inicio de curso. Realizada.
  • A03.2: Deseño e difusión de guías divulgativas sobre o uso e posibilidades da ferramenta ABALAR. En proceso.

O04PD: FOMENTAR UN COMPORTAMIENTO SEGURO E RESPONSABLE DO ALUMNADO EN INTERNET, PROMOVENDO O COÑECEMENTO SOBRE DEREITOS DE AUTOR E LICENCIAS SOBRE CONTIDOS DIXITAIS

  • AO4.1: Busca e solicitude de actividades (charlas, talleres, obradoiros...) para concienciar ao colectivo indicado. Realizada.
  • A04.2: Realización de actividades complementarias por parte de persoas externas ao centro e formadas na temática. En proceso.
3º Trimestre

Con data 21 de xuño, todos os obxectivos están acadados e as accións dos mesmos están realizadas a excepción das AO1.4 e AO1.5 debido á posibilidade de dotación de dispositivos para a súa instalación na aula de informática de E.I. e E.P.

Avaliación

Procedemento para a avaliación

O desenvolvemento do Plan Dixital avaliarase no marco das coordinacións do EDPD. A tal fin, analizarase a través da rúbrica de valoracións das diferentes actuacións comprobando o grao de consecución dos obxectivos sinalados e establecendo as intervencións necesarias en cada caso e posibles propostas de mellora.
A avaliación do Plan Dixital do Centro definirase en tres liñas principais:

  • A través da planificación anual inicial, concretaranse indicadores significativos do grao de consecución dos obxectivos para poder facer os axustes e melloras que sexan precisos. Adicaremos unha sesión entre os compoñentes do equipo para analizar as propostas e liñas de actuación para o/os seguinte/s ano/s académico/s.
  • O plan avaliarase en función dos resultados obtidos, no marco dos obxectivos e prazos previstos, e das condicións de aplicación. En cada curso definiranse xuntanzas, con carácter mínimo trimestral, cos compoñentes do equipo. Ademais, nas reunións dos órganos de goberno do centro, analizaranse, de xeito colectivo, as actuación postas en marchar e tomaranse decisións conxuntas para a continua mellora e actualización do proceso.
  • O informe de progreso formará parte da Memoria anual do centro. Ao final do curso ou nun período plurianual, unha vez que se consolidaron as actuacións, débese volver avaliar globalmente a competencia dixital do centro. Esta avaliación realizarase preferentemente ao final do curso escolar, cunha cadencia polo menos bienal e dará pé á revisión e actualización do Plan Dixital de Centro.
Valoración xeral

As accións establecidas no Plan Dixital para a consecución dos obxectivos fixados desenvolvéronse con normalidade, aínda que houbo algunha adaptación nas accións do terceiro trimestre. Explícanse, a continuación, o desenvolvementos das mesmas por trimestre:

  • Durante o primeiro trimestre, completáronse as accións relacionadas co obxectivo 1 sobre a elaboración dun inventario do material existente na aula de informática de E.I. e E.P. e valorouse a súa viabilidade de instalación posterior. En canto ao obxectivo 2, leváronse a cabo as sesións formuladas de aumento dos tempos de traballo de mellora da competencia dixital en infantil e primaria e as sesións de titoría entre iguais correspondentes a ese trimestre. Con respecto ao obxectivo 3, informouse ás familias sobre as funcionalidades da Abalarmobil como medio de comunicación e información sobre a práctica diaria do alumnado. Finalmente, e incluído no obxectivo 4, buscáronse conferencias e charlas para tratar de mellorar a compentencia dixital do alumnado.
  • No segundo trimestre, ao igual que no primeiro, realizáronse todas as accións pensadas. Dentro do obxectivo 1, completouse o cálculo do material necesario para o equipamento da aula de informática e pedíronse varios presupostos para a adquisición dos mesmos. Do mesmo xeito que no primeiro trimestre, as accións incluídas no obxectivo 2, puxéronse en práctica igualmente: aumento do tempo de traballo da competencia dixital do alumnado e as sesións de titoría entre iguais. Referente ao obxectivo 4, xa se levaron a cabo actuacións de conferencias e obradoiros e, ante a posibilidade de conseguir novas conferencias, seguíronse planificando para o terceiro trimestre.
  • Para rematar, no terceiro trimestre, e falando do obxectivo 1, ante a información chegada ao centro da posibilidade de subministración de dispositivos para dotar a aula de informática de E.I. e E.P. decidiuse esperar para equipala. Polo tanto, non se levaron a cabo as accións de adquisición e instalación do material. De non chegar os equipos a principios do curso que vén, o centro procederá á súa adquisición e instalación durante o primeiro trimestre. Atendendo ao obxectivo 2, continuáronse coas sesións de titoría entre iguais e aumentando os tempos de traballo da competencia dixital do alumando, resultando moi positivas e valoradas, tanto polo profesorado como polo alumnado. Incluído no obxectivo 3, incluíuse na páxina web do centro un apartado específico sobre o Espazo Abalar, onde se inseriu material de apoio para as familias e docentes, no que se poden consultar guías de uso de diferentes funcionalidades do aplicativo e un vídeo para realizar o pago dos servizos complementarios a través deste espazo. Finalmente, en relación ao obxectivo 4, continuouse a levar á práctica as diferentes conferecias, obradoiros e charlas planificadas e, ademais de establecer un apartado específico na web sobre as accións do Plan Dixital, elaboráronse dúas guías informativas, subidas a esta sección da web, sobre ciberseguridade e licenzas e atribucións de autoría.
Proposta de mellora

Atendendo ás accións desenvolvidas durante este curso académico, e tendo en conta a súa aceptación e aproveitamento por parte dos membros da comunidade educativa, proponse, de cara ao vindeiro curso escolar, completar a dotación da aula de informática de Educación Infantil e Primaria co material necesario para seguir aumentando os tempos de traballo do alumnado. Igualmente, seguiranse con actividades relacionadas coa formación en competencia dixital do alumnado, tratarase de aumentar o emprego da ferrramenta Abalarmobil para a comunicación entre as familias e o equipo docente e o emprego do pago telemético dos servizos complementarios a través do Espazo Abalar.

Por último, tratarase de promover a formación en competencias dixitais no equipo docente, intentando que o maior número posible acade, como mínimo, a competencia B1.

Comunicación e difusión

Comunicacion e difusión

O documento, unha vez revisado, valorado e aprobado polos órganos competentes, publicarase na páxina web do centro.

A persoa coordinadora do PD estará autorizado na aplicación Educalidade para realizar un seguimento das accións realizadas e proceder a facer unha avaliación continua e final do desenvolvemento do plan, baixo a supervisión da dirección do centro.

https://www.edu.xunta.gal/centros/cpipecalama/