Inicio

Aplicación de xestión das solicitudes de acceso ás ensinanzas artísticas superiores e aos ciclos formativos de grao superior en Artes Plásticas e Deseño.

Acceso a través de certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365. 

Para as ensinanzas artísticas superiores

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática o prazo rematará o 16 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Deseño o prazo rematará o 6 de xuño de 2025.
  • Nas ensinanzas artísticas superiores de Música o prazo rematará o 23 de maio de 2025.

A tramitación e a publicación de listaxes xeradas en relación co procedemento de acceso a ensinanzas artísticas superiores farase a través desta aplicación informática: https://www.edu.xunta.gal/eas/

Recórdese que, con carácter xeral, as solicitudes cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible dentro desta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/eas), previa autenticación. Só as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade Estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou descargándoo a través dos links facilitados máis abaixo. 

Para máis información consúltense estes documentos, albergados tamén no portal educativo

Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas superiores para o curso 2025/26.

Só para persoas non españolas sen DNI ou NIE, formularios de solicitude:

  • Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Arte Dramática.
  •
Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Por proba de acceso.
  • Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais. Por quenda de acceso directo.
  • Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Por proba de acceso.
  • Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Deseño. Por quenda de acceso directo.
  • Solicitude de acceso a ensinanzas artísticas superiores de Música.

________________________________________________________________________________________________________________________________

Para as ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño 

O prazo de presentación das solicitudes comprenderá desde o día 23 de abril de 2025 ata as datas especificadas a continuación para cada caso:

  • Para aspirantes que soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 13 de xuño de 2025.
  • Para aspirantes que NON soliciten realizar a proba que substitúe o requisito de titulación o prazo rematará o día 26 de xuño de 2025.

A tramitación para ciclos formativos de grao superior e a publicación de listaxes xeradas en relación con este procedemento farase a través desta aplicación informática:  https://www.edu.xunta.gal/eas/. Recórdese que, con carácter xeral, as solicitudes de acceso a ciclos formativos de grao superior cubriranse de xeito telemático a través do formulario dispoñible dentro desta aplicación (https://www.edu.xunta.gal/eas), previa autenticación. Só as persoas solicitantes que non posúan nacionalidade española e non dispoñan de Documento Nacional de Identidade (DNI) ou Número de Identidade Estranxeiro (NIE) deberán acceder ao formulario de inscrición directamente nas secretarías dos centros ou descargándoo a través dos links facilitados máis abaixo. 

A tramitación para ciclos formativos de grao medio farase a través das páxinas web dos diferentes centros educativos que facilitarán o acceso á aplicación para realizar solicitudes.

Para máis información consúltense estes documentos, albergados tamén no portal educativo

- Resolución do 7 de abril de 2025, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se convocan probas e se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26.

Guía para a inscrición no procedemento de acceso e admisión nas ensinanzas artísticas profesionais de Artes Plásticas e Deseño da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2025/26. 

Só para persoas non españolas sen DNI ou NIE, formularios de solicitude:

  •  Solicitude de acceso a ciclos formativos de grao superior en ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Por proba de acceso.
  • Solicitude de acceso a ciclos formativos de grao superior en ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño. Por quenda de acceso directo.