Inicio


Aplicativo do Concurso Xeral de Traslados 2020 - 2021

Para ver o manual de usuario da aplicación. Prema aquí.

Para acceder á información relacionada co concurso xeral de traslados. Prema aquí

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados de orientación. Prema aquí

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados a centros específicos de educación e promoción de adultos. Prema aquí

Para acceder á información relacionada co concurso de traslados de relixión. Prema aquí

 

(11/03/2021)  Publicación da resolución provisional dos concursos de primaria, orientación e adultos primaria

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias do concurso de adultos primaria é desde o día venres 12 de marzo ao xoves 18 de marzo, ambos incluídos

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias do concurso xeral de primaria e o concurso de orientación é desde o día venres 12 de marzo ao venres 26 de marzo, ambos incluídos

(04/03/2021)  Publicación da resolución provisional dos concursos de secundaria, inspección e adultos secundaria

Os docentes que participen no concurso poden consultar a resolución provisional dende:

1. menú Listaxes concurso > Listaxes de resolución

2. menú Listaxes concurso > Documentos publicados

O prazo, tanto para as reclamacións, como para as renuncias será desde o día venres 5 de marzo ao xoves 18 de marzo, ambos incluídos

 

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna Prazo reclamación resolución provisional e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.
 


 Pasos a seguir para renunciar:

1º Opción "Participación" do menú, na parte inferior da páxina está a opción de Renuncia ao concurso.

2º Marcar o recadro Renuncia ao concurso no corpo de participación e premer no botón "Renunciar".

3º Imprimir o documento PDF que está ao lado do recadro que acaba de marcar.

4º Presentar o documento asinado.

 

 

05/02/2021  Ábrese prazo de reclamacións, previo á resolución provisional, dende o 5 de febreiro ata o 10 de febreiro do 2021 dos seguintes concursos:

  • Adultos mestres
  • Adultos secundaria
  • Orientación
  • Concurso xeral de mestres
  • Concurso xeral de secundaria e outros

Cando se publique a resolución provisional abrirase outro periodo de reclamacións.

Pasos a seguir para reclamar:

1º Na opción Participación do menú poderá ver a súa instancia validada, prema na ligazón "Reclamar baremo" da columna "Prazo reclamación baremo provisional" e abrirase unha nova xanela.

2º Nesta nova xanela poderá redactar en cada un dos apartados as súas reclamacións.

3º Cando remate as reclamacións prema no botón "gardar" e a continuación no botón "volver".

4º Na ligazón PDF Reclamacións  da columna Prazo reclamación resolución provisional poderá xerar o informe coas reclamacións que será o que deberá presentar.

5º Envíe a súa reclamación ao correo electrónico persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal segundo corresponda.
 


Para calquera aclaración ou dúbida, o persoal docente pode poñerse en contacto co servizo de persoal correspondente:

Primaria:
Teléfonos:

981 545 495 -881 99 58 87- 981 544 487        
 
Ou ben a través do correo electrónico 
persoal.primaria @edu.xunta.gal

 

 


Secundaria:

Teléfonos:
981 544 486 - 981 545 406
981 545 409 - 981 545 407
981 545 255 - 981 545 494 - 981 545 408

Ou ben a través do correo electrónico persoal.secundaria @edu.xunta.gal