Optimizar vídeos con HandBrake
O programa que nos vai a permitir optimizar os vídeos chámase HandBrake (Media Transcoder), e está na maqueta Abalar en Aplicativos -> Son e Vídeo.
HandBrake tamén o hai para Windows e MacOS: https://handbrake.fr/downloads.php
Abrimos HandBrake e abrimos logo o fcheiro de vídeo que queremos optimizar.
Seleccionamos o ficheiro:
Para optimizar calquera vídeo á web temos que cambiar no campo Preset: Official -> web -> Gmail Large3 minutes 720p30 o formato, e, se se precisa, cambiar o nome en Save as, así como a localización (To) da carpeta onde gardamos o ficheiro xa convertido.
Logo picamos en Start Encoding e esperamos que remate; pechamos o programa, e xa o temos dispoñible.
Despois de rematar a conversión podemos renomealo xa a MP4 (nome.m4v a nome.mp4). Nos nomes evita acentos e espazos.
Antes pesaba 95MB, e agora pesa 4,2MB e cunha gran calidade. Finalmente, podemos colgalo na nosa web como iFrame.