Skip to Content

Límite do tamaño dos arquivos subidos

Eu contaba con que o límite do tamaño dos arquivos subidos a Moodle seguía sendo de 40MB, pero por casualidade vin un límite superior no Moodle doutro centro. Subiuse o límite trala migración a multisite? En canto está agora o máximo? 40 MB poden parecer moitos, pero non tanto para un vídeo un pouco longo de calidade.

Límite do servidor e límite das aplicacións

Ola.

Actualmente o límite do servidor, e polo tanto ó teito de subida, está establecido en 402 Mb. Con estes valores o límite probablemente non o atopedes no tamaño do ficheiro subido senón no tempo que tardará en subirse. É frecuente que coas velocidade de conexións actuais non se logre subir un ficheiro dun tamaño considerable, pero non porque exceda o tamaño permitido, senón polo tempo que lle pode levar.

Hai que ter en conta que independentemente do tamaño permitido polo servidor as aplicacións tamén teñen a opción de configurar os seus propios valores máximos de subida de ficheiros.

Así, no caso do moodle, podemos atopar este valor na seguinte ruta: Administración do sitio > Seguranza > Políticas do sitio, e aí no campo Tamaño máximo dos fichieros cargados podemos poñer un valor determinado ou, se queremos empregar o límite total do sistema, deberemos establecer este valor a 0.

No caso do Drupal teremos que ter en conta si queremos establecer os límites para ficheiros adxuntos ou para os ficheiros cargados desde o editor enriquecido (IMCE). En calquera destes dous casos podemos establecer valores máximos tanto para os ficheiros subidos como para a cota total diferenciando entre os diferentes roles.

Por este motivo é posible que os valores difiran entre os diferentes centros participantes no proxecto.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut