Skip to Content

DOCUMENTOS QUE NO SEAN PDF

No iessantomé só podemos acceder a documentos .pdf cargados na Aula Virtual. Os documentos .odt e .doc unha vez subidos a moodle,se os descargamos no ordenador e os intentamos abrir non somos capaces. Espero que podades solucionalo. Grazas.

Documentos que no sean PDF

Fai uns meses tiven un problema que creo que ten relación co que comentas e expúxeno neste foro: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/node/643 Daquela a xente de webs dinámicas solucionou o problema. Os datos que teño dese problema descríbense no email que che poño a continuación que me enviou un asesor do CFR de Tui: (...) Ola Antonio, xa falei con asesores SIEGA e con Sistemas e o problema afecta a outros centros e ten que ver coa configuración de moodle. Xa hai unha persoa en Sistemas coas claves para tentar de arranxar o problema de Salvaterra. O primeiro que farán é comprobar se o arquivo "config.php" ubicado na raíz de Moodle ten un espazo ou algunha cousa escrita, un espazo, etc., logo da etiqueta ou tag de peche do código PHP. Un saúdo. (...) Vistas as dúas mensaxes, a do foro e a do correo electónico, a miña recomendación e que chames directamente por teléfono ou vía mail a o voso asesor SIEGA ou a websdinámicas para que te resolvan o problema, daquela resolveron o problema nun día.


forum | by Dr. Radut