Skip to Content

PERMISOS PARA CREAR SUBMENÚS

Ola, estamos a dar permisos ao profesorado para que poida publicar contidos dentro do seu departamento principalmente, e só nese. Isto xa o conseguimos, agora queremos saber se podemos que dentro do departamento poida crear submenús, e só aí. Intentámolo a través "control de acceso" activando "administrar menú" do módulo menú. Pero así poden modificar todos os menús e máis crear contidos onde antes non podía. Hai algunha solución sinxela.

Rol profesor: Engadir termos de categorías ou menús

Boas compañeiros,

A día de hoxe, salvo que alguén me corrixa o cal agradecería bastante, si permitimos administrar menús ó rol Profesor, este poderá editar tódolos menús, co cal non é nada recomendable facelo.

O máis sinxelo é que o profesor en cuestión envíe ó administrador unha listaxe de "termos de categoría" para que o administrador constrúa. Isto é algo que non quita tempo ó administrador xa que se soe facer moi poucas veces e é un proceso sinxelo e rápido.

Un sáudo e ánimo!

-----------------

Grupo de Asesores SIEGA 

Gracias: Resposta engadir menús

Gracias pola resposta e polos ánimos. Estou totalmente de acordo, esta era a miña idea inicial, pero claro, sempre hai algo de inquedanza co que se pode facer e o que non. Seguimos a traballar.


forum | by Dr. Radut