Skip to Content

Contas de correo

Como se pensa solucionar o feito de que desde Moodle non se podan enviar mensaxes a contas de fóra e que, ao mesmo tempo, se anuncie que desaparecen as contas de eduxove. Simplemente, non podo rexistrar o meu alumnado se non ten contas de eduxove porque non vai recibir o correo e non poden solicitar contas de eduxove porque non llas dan. Que se pensa facer?

O administrador pode confirmar as contas

Con respecto á túa pregunta, non che podo dar resposta. Pero coido que si podo ofrecerche algunha solución ao teu problema: Non é precisa a recepción do correo electrónico. O administrador pode confirmalas manualmente: Panel de administración->Usuarios->Contas->Explorar lista de usuarios-> Buscas o nome do alumno a confirmar, e premes sobre esa palabra. Tamén podedes modificar o rol de profesor, engadindo permisos para agregar usuarios. Con isto, o equipo docente poderá matricular de forma rápida a cada alumno que teña dado de alta sen depender sempre dunha persoa que o faga.

Dar de alta usuarios

Boas compañeiros.

Efectivamente as instalacións de Moodle do Proxecto Webs Dinámicas non envía correos a contas que non sexan @edu.xunta.es.

Actualmente a única forma de dar de alta ós alumnos é como ben nos indica Juan do CEIP A Sangriña, ou ben facelo manualmente. Algún centro opta por sacar un listado de Xade e cargar os usuarios dende un arquivo de texto.

O problema vai a estar nas contas de correo. De momento non temos a posibilidade de que os alumnos disfruten das posibilidades que da o uso do correo electrónico para o traballo en Moodle, xa que se eliminou o servizo EduXove.

Somos conscientes da limitación que supón, pero de momento non é posible.

Saúdos

Grupo de Asesores SIEGA.

Altas de usuarios e confirmación de contas

No IES A SANGRIÑA da Guarda levamos bastante tempo con problemas derivados do que aquí expoñedes. Ao principio de curso moitos alumnos se deron de alta, daquela aínda se podía facer confirmando a conta vía email. Ca cantidade de usuarios, tanto profesores como, dados de alta o este sistema era moi cómodo. Entendo os problemas que daba este sistema pero para nos era moi doado aínda que de vez en cando tiña que revisar que usuarios se daban de alta para eliminar o spam. Ca restrición de envío de emails, no noso caso non é operativo que o administrador confirme as contas, é un un sobretraballo debido ao número de usuarios que temos (todos sabemos dos problemas que teñen os alumnos en recordar un nome de usuario e contrasinal). Ademais ao non coñecer aos alumnos non é un sistema de filtrado efectivo. Buscando unha solución, atopei unha aínda que non me gusta moito. Como non contemplaba asignar papeis globais de profesor ou creador de cursos por que me parece inseguro (estou asignando os papeis por categorías). Creei un novo papel de "xestor de alumnos", con unhas atribucións moi restrinxidas, e asígnollo de forma global a cada profesor. Desta maneira os alumnos solicitan a conta e o seu profesor pode confirmarlla. O ideal sería que funcionara o envío de emails, tanto polas confirmacións das altas como para comunicacións dende a plataforma a os alumnos. Espero que poidades facer algo neste sentido.


forum | by Dr. Radut