Problemas co video e o son
1. Non nos funciona o reproductor xenérico de arquivos mp3. Sí o fai o reproductor Flash(coa mesma ventá de video).
2.A portada do reproductor de video aparece negra. Cómo conseguimos que apareza outra.(Como por exemplo, unha imaxe do propio video).
3. Se subimos varios arquivos de son ou video, só se reproduce o primeiro deles. ¿É posible repoducilos todos?
- APIs de Blogue
YouTube
Reproducción de audio e vídeo
1. Para reproducir un arquivo MP3 estamos empregando o mesmo módulo que utilizamos para os vídeo: SWF Tools. Por iso, ao adxuntar un ou varios ficheiros MP3 a un contido tipo Páxina, aparece o reproductor de vídeo pero na xanela da imaxe aparece o logo de Drupal (este logo poderiamos personalizalo cambiando o arquivo de imaxe por outro, pero accedendo por FTP).(Ver imaxe abaixo)
Se adxuntamos varios arquivos MP3 aparecerán os botóns de Seguinte a Antrior no reproductor (ver imaxe abaixo).
2. No caso dos vídeos, efectivamente a portada aparece negra. Polo momento nos vimos a posiblidade de introducir unha imaxe alternativa, sexa do propio vídeo ou outra calquera.
3. Como xa comentamos no punto 1, ao adxuntar varios arquivos no mesmo contido deberán de aparecer os botóns de Seguinte e Anterior para poder navegar/reproducir os fixeiros, sexan de vídeou ou audio (Ver imaxe anterior).
Puxémosvos uns exemplos tanto de audio como de vídeo (escollidos ao azar) nos seguinte nodos da vosa páxina (unha vez vistos é recomendables que os eliminedes):
- Audio: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepracticas/node/118
- Vídeo: http://centros.edu.xunta.es/ceipdepracticas/node/119
Un saúdo.