Skip to Content

Non vai Moodle no primeiro intento cunha actividade ARDORA

Hola a todos/as, No ies Eduardo Blanco Amor de Culleredo estamos intentando poñer a andar o Moodle e creamos un curso e subimos unha actividade ARDORA con acceso de convidado. O asunto é que ao clicar na actividade ábrese a súa páxina inicial pero non funcionan os enlaces ás distintas actividades do paquete, os enlaces a páxinas web sí funcionan. Un compañeiro do curso ARDORA subíu esta actividade á súa aula virtual e funciona correctamente. A actividade en local tamén funciona correctamente. Un compañeiro comentoume que ao descomprimir a actividade (súbese un zip) modifícase algo no código fonte e non funcionan os enlaces. ¿pode ser un problema de Moodle, de actualización ou de configuración? Poño esta mensaxe no foro antes de poñerme en contacto coa nosa asesora siega por se os webmaster xa poden deducir cal é o problema e arranxalo. Moitas grazas por adiantado.

Problemas co arquivo zip

Ola.

Visto o voso problema intentei descargar o arquivo ZIP que contén a actividade Ardora do voso curso. O arquivo descargueino sen problemas, pero á hora de descomprimilo dame un erro. Tamén tentei crear un novo ZIP co actividade que xa tedes descomprimida. O novo ZIP tamén o fixo o moodle sen problemas e o descarguei, pero á hora de descomprimilo vólveme a dar o mesmo erro.

Quería descargar a actividade para probala en local, fóra do moodle. Sospeito que nese paquete hai algo que non está funcionando correctamente. Se podedes, enviádenos o arquivo ZIP da actividade Ardora ao noso correo (websdinamicas@edu.xunta.es) e darémoslle un vistazo para poder determinar que está pasando.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut