Skip to Content

Publicidade nos comentarios anónimos

Antes de nada, un saúdo especial para Xosé Luis, ao que tiven a oportunidade de coñecer no CEFORE de Ferrol onte. Volvo a darche a miña felicitación polo tremendo traballo destes anos nas webs dinámicas case sen apoio. Eu estou encantado coas tres ferramentas instaladas no noso espazo web (Drupal, Moodle e Coppermine), case demasiado encantado, porque paso horas e horas con elas sen darme conta. O problema que agora paso a expoñer é que comezamos a ter publicidade nos comentarios anónimos dos artigos. Ten toda a pinta de ser un robot, pero cada día utiliza unha IP diferente. Estou excluíndo a IP cada vez que aparece unha destas mensaxes, pero o problema podería dexenerar sen control. Hai algunha outra medida posible? Angel, do CPI do Feal

Comentarios anónimos - spam

Boas, existen varias razóns para non permitir comentarios anónimos, unha de elas é iso que vos está a pasar. Ó permitir comentarios anónimos estamos dando pé a que os spam-bots nos localicen e nos enchan os comentarios de spam, en moitas ocasións esos spam incluso conteñen enlaces a páxinas nada recomendables para os rapaces.

O problema só ten unha solución e que de momento non está dispoñible nas nós: sería incluír unha comprobación en forma de imaxe con números e letras, para comprobar que o que escribe é unha persoa e non un robot.

De tódolos xeitos as webs dos centros son webs oficiais e están suxeitas á política de protección de datos especialmente, isto implica a necesidade de ter identificado todo o que se publica nas webs, é por iso que tampouco deberiamos permitir comentarios anónimos.

Moitas gracias polas felicitacións, traspásollas a Xosé Luis agora mesmo.

Un saúdo

 

eliminar os comentarios spam

Cómo podemos eliminar os comentarios que xa entraron na páxina sin ser de xeito individual? (temos máis de 5000)

Graciñas

Módulos anti-spam

Parece que existen módulos anti-spam para Drupal como CAPTCHA. Podería engadirse algún deles na próxima actualización?: http://drupal.org/project/captcha

Moderación dos comentarios

Pensabamos que con moderar os comentarios, é dicir revisalos antes de ser publicados, evitaríamos calquera problema legal. Partindo desta moderación, parecíanos que os comentarios anónimos axilizaban moito a participación da xente na nosa web. Estaban escribindo por exemplo exalumnos que non pasaban polo noso centro dende hai moitos anos e que loxicamente non poden ter unha conta en Drupal. Lamentablemente, se seguen os problemas cos robots, teremos que renunciar a este servizo. Un saúdo


forum | by Dr. Radut