Skip to Content

Subscripcións a foros e envio de mensaxes de foro a correo-e de participantes.

No noso sitio Moodle (IES Campo de San Alberto) non temos a posibilidade de subscripción a foros, etc. En realidade, os usuarios poden subscribirse, mais non reciben correo-e nunca. Non sei se o problema está en non ter seleccionado ningún servidor SMTP en "Servidor -> Correo Electrónico" no bloque de administración do sitio. Alí pon que se se deixa en branco, Moodle utilizará o método por defecto PHP para enviar correo-e, pero vese que non funciona. Se isto é así, quereríamos saber o nome do servidor SMTP, e os seus nome de usuario e contrasinal, de ser necesarios. No noso centro, isto das subscripcións é moi necesario, pois temos varios grupos de traballo, Comenius e Grundtvig (internacionais) en marcha no noso Moodle, e necesitamos que os integrantes reciban correo-e cada vez que se postea unha mensaxe aos foros (por exemplo), igual que pasa con Platega. Un saúdo, Rafael Ávila Coya.

Correo

Entendo os usuarios para recibir mensaxes teñen que ter correo EDU. En platega é imprescindible.

Correo

Non entendo a resposta. No bloque "Administración do sitio", se vas a Servidor -> Correo Electrónico, tes que introducir servidor SMTP, e posiblemente usuario e contrasinal. Por aí pode estar o problema, mais NON O SEI con exactitude. Tamén hai un par de campos, "Permitir enderezos de correo electrónico" e "Dominios de correo electrónico recusados", que eu deixo baleiros, para non excluír ningún dominio de correo-e. Supoño que Platega terá posto "edu.xunta.es" no campo "Permitir enderezos de correo electrónico", para así restrinxir tódalas direcións de correo-e que non sexan de edu.xunta.es O que preciso é que me digades se vou poder ter esta posibilidade de envío automático de entradas dos foros, sen restriccións, ou se non vou poder tela nunca. En caso afirmativo, quero saber exactamente QUÉ TEÑO QUE FACER. Un saúdo, Rafael Ávila Coya.

Correos corporativos

Desde a máquina (servidor) de centros.edu.xunta.es está cortado todo o envío de correos a enderezos que non sexan os corporativos: @edu.xunta.es ou @eduxove.xunta.es.

Como este servidor é ao que teñen acceso os centros mediante FTP ten unhas restriccións de seguridade máis severas. Entón, aínda que as diferentes plataformas ou aplicacións que se instalen nel poidan prepararse para envíos de correos, estes non funcionarán en ningún caso excepto coas contas de correo corporativas.

Un saúdo.



forum | by Dr. Radut