Skip to Content

Acceso á carpeta FILES

No instituto de Muxía importamos correctamente a base de datos a un servidor local despois de que nola enviara amablemente o administrador. Todo vai ben agás unha cousa: Non podemos subir arquivos e observamos que en ADMINISTRAR OPCIONS xa se nos advirte de que non temos acceso á carpeta FILES nin TMP. Nós non cambiamos nada e figura "files" como ruta no sistema de ficheiros e "tmp" no directorio temporal. Agradecemos luz neste asunto.

Restaurar en local

Imaxino que xa tedes a vosa instalación local feita. Eu comprobeino e funciona correctamente:

1-Instalamos servidor; eu teño o seguinte

  • Apache Web Server Version 2.2.3
  • PHP Script Language Version 5.1.6
  • MySQL Database Version 5.0.24a
  • phpMyAdmin Database Manager Version 2.9.0.2
  • 2-Creo a base de datos co nome do centro (iesramoncaamano)

    3-Baixo de Drupal a última versión 4.7x, os 13 módulos que engadimos e algúns themes. Coidado co módulo timynce. Creo unha carpeta drupal no servidor, dentro de (WWW) na que meto todo: aplicación drupal+módulos+themes

    4-Edito settings na liña 87
    $db_url = 'mysql://root:@localhost/iesramoncaamano';

    Como vedes non lle teño contrasinal á base de datos e o usuario é root.

    5-Lanzo no equipo http://localhost/drupal

    Funciona sen problemas de ningún tipo.

    Acceso a "files"

    Usamos windows. Os permisos windows para a carpeta e subcarpetas onde vive a instalacion problemática son de control total para "todos". Temos no mesmo servidor e con permisos similares, outras instalacións de drupal que nas que funciona perfectamente o "upload". Baixamos os arquivos de drupal tal cual están no servidor da Xunta, importamos correctamente a base de datos e modificamos en "settings.php" o necesario para que conectar coa base. ¿Será que algún arquivo de configuración dos que baixamos, teña referencias a rutas ou configuracions do servidor da xunta, onde vivía? Un saúdo Raúl Prieto

    Instalación local

    Non sei se estades instalando sobre linux ou windows. Supoño que sobre linux e a carpeta files e tmp non ten permisos para todos os usuarios. Teñen que ter permisos de lectura e escritura.

    Instalacion local muxía

    Instalación feita sobre windows. As carpetas teñen tódolos permisos de windows. Temos outras instalacións de drupal no mesmo servidor (mesmo outras versions máis recentes) con permisos de acceso idénticos e funciona perfectamente o upload. Descarguei os arquivos de Drupal do servidor da Xunta e importei a base de datos que se me enviou. ¿Será que en algún arquivo de configuración php figuran datos relativos ó servidor ou ás rutas da xunta e non son compatibles co local? Só cambiei o arquivo settings.php cos datos do servidor local: "$db_url = 'mysql://root@localhost/iesramoncaamano'; ". O resto de módulos funciona perfectamente. Grazas Raúl Prieto


    forum | by Dr. Radut