Interface de Moodle

Unha vez que entramos na Aula Virtual poderemos observar diferente información distrbuída por diferentes zonas, coas cales nos iremos familiarizando.

Aula Virtual (Moodle)

Na parte superior dereita (así como na parte central inferior) podemos atopar a zona de Acceso e identificación. Nesta zona atoparemos un enlace sobre a palabra (Acceso) que nos levará ao formulario de entrada á plataforma. Unha vez que estemos autenticados, nesta zona aparecerá o noso nome cun enlace que nos levará á ficha de información sobre o noso usuario.

Para poder acceder como usuario rexistrado necesitamos que previamente algún Administrador nos teña dados de alta nesta plataforma. En caso contrario só seremos un visitante anónimo.

Na parte central é habitual que apareza un listado cos cursos dispoñibles e un resumo dos mesmos. Esta vista pode variar dunhas plataformas Moodle a outras, xa que é totalmente configurable. O que se describe aquí sería a interface que apacerá por defecto.

Na parte dereita temos unha zona de bloques onde hai un par deles activos: un bloque con información xeral sobre a Aula Virtual que estamos visitando e un Calendario.

Acceso como usuarios rexistrados

Para a realización do presente curso, os alumnos xa estarán dados de alta previamente na plataforma de traballo, dispoñible no seguinte enderezo:

Cos datos de usuario e contrasinal facilitados polo/a titor/a do curso accederemos como usuarios rexistrados a través do enlace situado na zona de acceso (vista no punto anterior).

Formulario de Acceso

Unha vez teñamos accedido, aparentemente non cambiou nada, agás que na zona de Acceso agora aparecen os noso datos de usuario e o enlace para Saír pechando a sesión de usuario.

Usuario autenticado

Pero isto é aparentemente, xa que agora, unha vez autenticados, imos a poder realizar unha serie de accións que antes, como usuarios anónimos, non poderíamos. Todas as accións que podamos realizar dependerá do papel ou rol que nos otorgase o Administrador da plataforma. Estes posibles roles serían os seguintes:

  • Administrador: os administradores poden facer de todo en todos os cursos.
  • Creador de cursos: os creadores de cursos poden crear novos cursos e ensinar neles.
  • Profesor editor: os profesores editores poden facer calquera cousa dentro dun curso (excepto crealo), incluíndo a creación ou modificación de actividades e a clasificación e avaliación dos estudiantes.
  • Profesor non editor: os profesores non editores poden impartir un curso, pero non poden modificar os materiais creados nin crear novos materiais, so poden empregar os dispoñibles.
  • Estudiante: os estudiantes teñen menos privilexios dentro dun curso: acceder á información e realizar as actividades propostas.
  • Invitado: os invitados teñen os mínimos privelexios e non poden introducir texto en ningún lugar.

Para a realización deste curso, os alumnos terán o rol de Creador de cursos. Esto posibilitaraos para a creación tanto do curso como dos recursos que se crearán no mesmo.

Segundo o visto, unha vez que xa estamos autenticados na plataforma de probas para este curso, non só estamos dentro da plataforma senón que, segundo o visto, tamén contamos coa posibilidade de crear novos cursos dentro da mesma. Vexamos como facelo no seguinte apartado.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06