Crear un taller

Como para tódalas actividades, para crear un novo Taller hai que activa-lo [Modo Edición] e escoller Taller no despregable [Engadir Actividade] dunha sección calquera. Isto levaranos ó formulario de configuración do mesmo onde completaremos unha serie de campos:

· Título: é o nome, curto e significativo, co que aparecerá o taller na páxina do curso. Pódense incluír etiquetas HTML para lograr efectos de estilo no texto.

· Descrición: texto que será presentado ós estudantes cando entren na páxina do taller. Este texto debe describi-la actividade que teñen que realizar os alumnos, especificando os puntos que teñen que cubrir e os obxectivos da tarefa. Tamén debe indica-las instrucións precisas para realiza-la tarefa correctamente. É moi recomendable que indique eiquí en tamaño e o formato dos arquivos que enviarán os alumnos. O sistema engade automaticamente a estas instrucións a cualificación máxima asignada á tarefa e a data límite de entrega da mesma (indica tamén cantos días faltan para o vencemento do prazo). Tamén especifica os elementos da rúbrica de cualificación.

· Cualificación por valoracións: as avaliacións que os estudantes fan dos traballos dos seus compañeiros teñen a súa propia cualificación. O valor máximo posible desa cualificación especifícase nesta opción. A cualificación da avaliación dun envío calcúlase directamente comparándoa coa media das avaliacións do envío aínda que esta cualificación pode cambiarse por outra dada directamente polo profesor. Pode especifica-lo máximo desa escala (entre 1 e 100).

· Cualificación dos envíos: os traballos enviados polos estudantes tamén son cualificados polo profesor. Esta opción decide a máxima cualificación posible do envío dun alumno. A cualificación total que un alumno obtén na actividade tipo taller é a suma da cualificación por valoracións e a cualificación por envíos. Polo tanto a cualificación total máxima é a suma dos valores axustados neste despregable e no anterior. Establecendo valores distintos danse pesos distintos a cada parte na cualificación final.

· Estratexia de cualificación: Indica o método que se vai a usar para Cualifica-los diferentes aspectos da tarefa. Caben varias posibilidades:

a) Ningunha cualificación: neste tipo de taller o profesor non está interesado na avaliación cuantitativa do traballo encargado ós estudantes. Pero pode permitir que intercambien comentarios sobre os seus respectivos traballos. A cualificación final pódese basear na avaliación polo profesor deses comentarios. Se o profesor non cualifica comentarios dos estudantes, a tarefa non terá ningunha cualificación final.

b) Acumulativa: é a forma predeterminada de cualificación desta actividade. Defínense unha serie de criterios ou elementos avaliables independentes e a cada un se lle asigna un valor. A cualificación final é a suma das puntuacións acadadas en cada apartado (normalizada para que corresponda co parámetro de cualificación máxima anterior).

c) Franxas de erro: neste caso defínense moitos criterios independentes, cada un deles de carácter binario (Si/Non, Ben/Mal, Está/Non está). A cualificación obtense en función do número de erros. Unha táboa de cualificacións definida polo profesor determina a fracción (%) da cualificación máxima que se da en función de ter un fallo, dous fallos, etc. Como as distintas preguntas poden ter distinta importancia, o peso relativo de uns erros fronte a outros pode ser controlado polo profesor. A maiores, é posible varia-la cualificación total así calculada nun ±20% (este marxe é axustable).

d) Rúbrica: este tipo de cualificación está baseado na procura, dentro dunha clasificación definida de antemán, moitas veces chamada rúbrica, que apartado, frase ou descritor é o máis axeitado para cada traballo particular. A cada casiña da rúbrica está asociada unha cualificación, que é a que se lle da ó traballo.

e) Criterios: é unha variante da avaliación acumulativa. A avaliación divídese en varios elementos independentes, que se suman para obter a cualificación final. Pero neste caso prevese que cada elemento sexa avaliado por máis dun profesor.

· Número de Comentarios, Elementos da Tarefa, Franxas de Cualificación ou Declaracións de Criterio: é o número de criterios, niveis, erros, etc. que se citan en cada tipo de avaliación. O seu significado concreto varía entón coa estratexia de cualificación elixida. Os seguintes parámetros do formulario determinan o funcionamento operativo do taller en canto ás relacións con e entre os estudantes.

· Número de anexos que se esperan de cada envío: determina o número de "casillas de subida" que o estudante terá ó seu dispor para envia-lo seu traballo na páxina de edición da tarefa.

· Permitir reenvíos: configura se cada estudante pode intentar de novo realiza-la tarefa para subi-la súa cualificación, ou ben só se lle permite un envío. Pode activar esta opción se está interesado nun proceso iterativo de envío-cualificación-mellora do traballo. Neste caso, tódolos envíos considéranse independentes, o máis recente non sobrescribe o anterior. O profesor e o resto dos estudantes poden ver e cualificar tódalas versións enviadas polo alumno en cuestión. Neste caso o módulo 'utiliza como cualificación do traballo a cualificación máis alta acadada por unha versión do mesmo (non necesariamente a última).

· Número de valoracións de exemplo dadas polo profesor: determina cantos "Traballos de exemplo" proporcionados polo profesor teñen que ser avaliados polos estudantes antes de que podan participar enviando os seus propios traballos. O profesor ten que revisar, avaliar e cualificar estas avaliacións "de proba" dos estudantes. Emprégase esta estratexia para se asegurar que os estudantes teñen un certo grao de madurez antes de envia-los seus propios traballos e entrar na rolda de cualificación de traballos doutros.

· Comparación das avaliacións: o módulo taller da unha cualificación ó estudante que depende da avaliación directa do seu traballo por parte do profesor e da valoración que este faga das avaliacións do estudante ós envíos dos seus compañeiros. Ocorre que un estudante pode realizar estas avaliacións de xeito descoidado ou sospeitoso. Esta opción permítelle ó profesor penalizar en maior ou menor medida as discrepancias entre a avaliación feita polos alumnos e a súa propia, no caso de que exista, ou o promedio das avaliacións dos alumnos no caso contrario. Así cando se elixe a opción ‘Moi Estrita’ a penalización na cualificación da avaliación será grande, mentres que cando se elixe a opción ‘moi Laxa’ os fallos na avaliación levarán pouca penalización. Existe como opcións intermedias Estrito, Normal e Laxo.

· Número de valoracións enviadas polos estudantes: Este parámetro determina cantos traballos doutros compañeiros ten que avaliar e cualificar cada estudante. En cursos numerosos non resulta práctico que todos avalíen a todos. Os traballos a avaliar por cada alumno selecciónanse ó chou entre os enviados polos seus compañeiros. Cando se deixa en cero, non se establecerá esta rolda de avaliacións e o taller será máis parecido a unha Tarefa simple, pero con máis opcións de cualificación por criterios independentes (non dispoñibles nas actividades de tipo Tarefa).

· Peso das avaliacións do profesor: establece a relación entre o valor que se lle da á cualificación dada polo profesor e a dos estudantes. Si se fixa a 1 todas las avaliacións teñen o mesmo peso, mentres que cando se fixa a 0 a cualificación do estudante ven dada polas avaliacións feitas polos seus compañeiros. Pode servir de antídoto contra as avaliacións "hinchadas" polos estudantes do traballo dun compañeiro. Así cando se establece 5 nesta opción a cualificación dada polo profesor vale cinco veces máis que a dos alumnos.

· Nivel de asignación por exceso: este número fixa a diferencia máxima permitida no número de veces que os traballos de dous estudantes distintos son avaliados polos compañeiros. O ideal sería que tódolos traballos foran avaliados o mesmo número de veces, o que equivale a fixar esta opción a 0. A pega é que os estudantes realizan os seus envíos en momentos diferentes e pode darse o caso de que un deles non poda termina-la súa cuota de avaliacións por unha demora doutro. Establecendo un Nivel de asignación por exceso maior que 0 dificultará que se de esta situación. Aínda que provocará que a cualificación de algún envío sexa calculada a partir de máis avaliacións que a doutros.

· Auto avaliación: indica simplemente se cada alumno ten que avaliar e cualifica-lo seu propio traballo. Cando se activa esta opción e se fixa a anterior, avaliacións de compañeiros, en 0, o taller convértese nunha simple actividade auto-avaliada (mellor, con compoñente de autoavaliación, pois o profesor sempre pode realizar unha cualificación independente).

· As valoracións teñen que se aceptar: as cualificacións emitidas por compañeiros do traballo dun alumno ten un peso parcial (decidido polo profesor na opción "Peso das avaliacións do profesor") na cualificación final dese alumno, combinándose ca avaliación do profesor. Pode que un estudante non estea de acordo ca cualificación emitida por un compañeiro. Cando se activa esta opción, cada estudante pode manifesta-lo seu acordo ou desacordo cas súas avaliacións (pódense revisar para se poñer de acordo os interesados). O remata-lo prazo de actividade do taller, o sistema calculará a cualificación excluíndo as avaliacións non aceptadas (en desacordo). Activar esta opción pode ser interesante en cursos onde sexa preciso practicar habilidades de discusión e negociación, ou estratexias de colaboración en grupos e xestión de persoal.

· Ocultar Cualificacións antes de ser aceptadas: só ten sentido se a opción anterior foi habilitada. Controla se durante o período de negociación sobre as avaliacións de cada estudante, entre este e os seus avaliadores, o estudante pode ve-las cualificacións que lle asignaron os seus avaliadores, ou ben unicamente os comentarios destas ó seu traballo. Obviamente, o tipo de discusión establecida será distinto en cada caso. Os últimos parámetros do formulario de configuración controlan aspectos puramente técnicos coma é o tamaño máximo do arquivo contendo o traballo orixinal e a data límite para a súa entrega.

· Táboa de traballos entregados: cando se habilita un número maior que 0 Moodle xera unha "táboa de cualificacións" na que figuran un número dos traballos con mellor cualificación. Ese número débese especificar nesta opción. Así, cando se marca 10 na táboa de cualificacións aparecerán os 10 mellores envíos.

· Ocultar nomes de alumnos: cando se habilita a táboa de cualificacións o profesor pode decidir que nela aparezan os mellores envíos sen especificar a que estudante pertencen. Neste caso, a maiores, as avaliacións realízanse de xeito anónimo sen que o estudante cualificado saiba quén lle avalía.

· Usar contrasinal: o profesor pode decidir que o acceso o taller requira dun contrasinal. Neste caso débese especificar cal é.

· Tamaño máximo: tamaño máximo dos arquivos enviados.

· Datas: débese especificar unha data de inicio e de final para os envíos e para as cualificacións. Tamén se poden manter ocultas as cualificacións do profesor ata unha data límite.

          Unha vez establecido os parámetros principais do taller ten que se facer clic en "Gardar Cambios", isto abre unha páxina na que se teñen que establece-los elementos que os estudantes teñen que ter en conta para avalia-los envíos dos seus compañeiros.

          Dependendo da estratexia de avaliación elixida preséntanse diferentes opcións para os elementos da avaliación. Os casos posibles son:

o Acumulativa. Aparecen tantos editores de texto como elementos de valoración fixados nas opcións do taller. Dentro de cada un deles hai que explicar un criterio a ter en conta á hora de avaliar un envío. Tamén aparecen un primeiro despregable coa escada de cualificación asignada a ese criterio e un segundo despregable co peso que ese criterio ten que ter na cualificación.

o Erro o crea-la franxa: a páxina que se abre consta dun número de editores de texto igual ó número de elementos de valoración fixados. Ten que se marca-lo peso de cada un dos elementos na cualificación dada. Tamén figura unha táboa na que asignar cal é a cualificación que corresponde a ter un número ou outro de desacordos cos elementos de avaliación.

o Cualificación referida a criterio: ó elixir esta estratexia de avaliación ábrese unha páxina na que establece-los criterios esixidos para o envío. Para cada criterio disponse dun editor de texto e un despregable no que marca-la cualificación que leva asociada.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06