Comunicación asíncrona: Os Foros

          Os foros son unha poderosa ferramenta de comunicación dentro dos cursos de Moodle. Un foro pódese ver coma un taboleiro de mensaxes en-liña onde os profesores e alumnos poden colocar novas mensaxes ou responder a outros máis antigos creando así os chamados "fíos" de conversa. Na seguinte imaxe pode verse a típica ordenación aniñada das intervencións nos foros na que as respostas están sangradas a a continuación da intervención á que fan referencia.

Foro

          O usuario pode utilizar outros modos de ordenación das íntervencións:

Tipos de ordenamento nas intervencións a foros

          Os foros permiten a comunicación dos usuarios desde calquera lugar no que exista unha conexión á Internet. Non é preciso que os participantes dun foro estén dentro do sistema ó tempo, de ahí a súa natureza asíncroa. Cada intervención nun foro queda rexistrada no sistema co nome do seu autor e a data da súa creación, de xeito que seguir unha discusión convértese nunha tarefa intuitiva para o usuario.

          Moodle permite crear distintos tipos de foros, dando a posibilidade de incorporar arquivos adxuntos e incluso valora-las intervencións. Tamén é posible subscribirse a un foro, recibindo cada nova intervención no mesmo polo correo electrónico, ou habilitar canles de noticias RSS, co que os usuarios non teñen que entrar no sistema para estar o corrente da marcha dos foros.

          Crear un foro en Moodle é unha tarefa relativamente doada. A clave para construir un foro está na elección das opcións pertinentes para o tipo de foro desexado. Moodle permite tres tipos básicos de foro:

    • Un debate sinxelo. Cando só se pode prantexar un único tema de debate.
    • Cada persona prantexa un debate. Cando cada participante do curso pode abrir un debate, pero só un. Cada tema de debate pode ter múltiples intervencións.
    • Foro para uso xeral. Nos que se poden abrir cantos debates se desexe e en cada debate pode haber múltiples intervencións.

 

Engadir foro

Para engadir un foro ó curso hai que segui-los seguintes pasos:

1. Activa-lo modo edición.

2. Seleccionar [Foro] no menú [Agregar unha actividade]. A continuación Moodle amosará un formulario cas distintas opcións de configuración.

  • Tipo de foro (comentados máis arriba)
  • Introducción ó foro. Campo de texto onde explica-la temática dos debates e intervencións.
  • ¿Pode un alumno poñer mensaxes neste foro?. Os foros permiten asiganr tres niveis de participación: permitir debates e respostas, coa que os alumnos poden abrir debates e replica-las intervencións; non permitir debates, pero sí respostas, coa que os alumnos non poden abrir novos debates pero si intervir nos creados polo profesor e non permitir debates nin respostas nos que os alumnos son meros esp'ectadores dos contidos do foro e este actúa coma un taboleiro de anuncios.
  • Obriga-la inscripción de todos. Esta opción forza ós alumnos a estar inscritos no foro. A inscripción implica que unha copia das intervencións chegue por correo electrónico ós participantes.
  • ¿Ler rastreo do foro? Esta opción permite un seguimento das mensaxes leídas e non leídas e das discusións nun foro. Hai tres opcións: opcional, na que o alumno decide se quere face-lo seguimento, conectado, no que o profesor oblriga ó alumno a face-lo seguimento e desconectado, que impide o seguimento.
  • Tamaño máximo de arquivo adxunto. O profesor pode decidir si poden adxuntarse arquivos ás intervencións do foro e o tamaño máximo permitido.
  • ¿Permiti-la cualificación das mensaxes? Elixindo esta opción as intervencións do foro poden ser cualificadas. O profesordeberá decicir se será o único en poder valora-las intervencións ou se os estudante poderán valorar ós seus compañeiros. Tamén decide se as cualificacións dun alumno serán públicas para os seus compañeiros e a escla de valoración para as cualificacións. Tamén se pode acota-lo rango de datas nas que as valoracións estarán permitidas.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06