4.5.2.- Calendario
Existen diferentes tipos de evento dentro do calendario de Moodle.Eventos de plataforma: que poden ver tódolos usuarios do entorno
Eventos de curso: que poden ver tódolos participantes nun curso
Eventos de grupo: que poden ver tódolos membros dun grupo dentro dun curso
Eventos individuais: que corresponden a un usuario individiual.
Dentro desta pantalla de configuración estableceremos aquelas opcións xerais que afectan ós calendarios.
Administrar > Presentación > Calendario
- O administrador visualiza todo: Si está activado os administradores visualizarían tódolas entradas do calendario e non só aquelas que lle atinxen.
- Formato de hora: 12 / 24 horas
- Inicio da semana: Elixir entre un dos sete días da semana
- Días da fin de semana: Debemos marcar os días correspondentes á fin de semana
- Días para contar a partir de hoxe: Os eventos que pertenzan ó período indicado consideraranse "próximos eventos".
- Eventos a partir de hoxe: Eventos próximos que se amosan ós usuarios por defecto.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06