4.2.- Idioma


Administración da aula virtual > Idioma > Configuración de idiomas

  • idiomasIdioma predefinido: Aparecerán neste despregable os idiomas que aparezan na lista "Idiomas no menú de idiomas". O que esté selecionado será o predefinido para o sitio, pero si hai algún máis os usuarios poderán selecionar de entre os dispoñibles.
  • Amosar menú de idiomas: Si damos a posibilidade de utilizar máis de un idioma, este menú permite ós usuarios modificar o idioma do interface da páxina
  • Idiomas no menú de idiomas: Si o deixamos en branco aparecerán no menú de idiomas tódolos idiomas instalados que temos en "Paquetes de idiomas". Para definir cales queremos que aparezan debemos introducir os códigos de idioma separados por comas. Estes códigos son os que aparecen entre parénteses en "Paquetes de idioma".

Administración da aula virtual > Idioma > Editar idiomas

Aínda que a aplicación permite modificar as cadeas para cada aplicación é importante que si detectades algún erro nas traducións nolo comuniquedes a websdinamicas@edu.xunta.es para modificalo nós no modelo e que poida ser incluído en futuras actualizacións para tódolos centros.

Administración da aula virtual > Idioma > Paquetes de idioma

Nesta ventá podemos atopar a lista de paquetes de idioma instalados. Si quixeramos instalar ou desinstalar algún paquete só teriamos que clicar en nos botóns indicados ó respecto.

imaxe

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06