3.2.2.- Inscricións

Plugins de inscrición: Permite seleccionar o plugin interactivo de matriculación por defecto utilizado nun curso

Curso con inscrición: Podemos definir se podemos matricular ou non aos estudantes ou pola contra, unha terceira opción que permita a inscrición dentro de un rango de datas.


Data de inicio e Data final: Indica o prazo no que se permite a matriculación dos estudantes no curso.

Período de inscrición: Indica o nº de días no que un estudante pode permanecer matriculado nun curso. No caso de seleccionar “Sen límite”, o estudante permanecerá matriculado até que se lle dea de baixa de xeito manual. (Non confundir este campo co tempo de que dispón un estudante para matricularse no curso)

Inscricións

Notificación de vencemento da inscrición

Notificar: Permite a notificación ou non da data límite de matriculación

Notificar aos estudantes: Permite a notificación ou non da data límite de matriculación aos estudantes

Limiar: Permite definir un umbral de notificación de caducidade do prazo de matrícula

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06