3.2.- Engadir / Editar cursos

Ao igual que as categorías, a creación dun curso só o pode realizar un usuario con privilexios para elo coma o administrador e os autores do curso. Podemos sen embargo, unha vez creado o curso, asignar a ese curso o profesorado desexado para que xa como docente poida engadir os recursos e actividades que se necesiten.

Para crear un curso, no menú de Administración do sitio, premeremos en Engadir/Editar cursos

Engadir/Editar cursos

Unha vez despregada a páxina de “Categorías de curso” premeremos na categoría/subcategoría onde queiramos crear o curso e seguidamente no botón “Engadir novo curso”

Engadir un novo curso na Categoría ESO

Vainos aparecer unha páxina “Editar configuración da disciplina” cun formulario bastante extenso que, o explicaremos no seguinte punto, e unha vez cuberto, e despois de premer no botón gardar modificacións, teríamos ese curso na páxina da nosa Aula Virtual

No curso creado (Polinomios 3º ESO)

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06