2.6.2.- Permitir atribución de papeis

Esta pestana serve para indicar que papeis poden atribuír outros papeis.
Os papeis do lado esquerdo poden atribuír papeis a cada papel que teñen no seu lado dereito.
Por exemplo, un usuario que teña o papel de profesor, pode atribuír a outros usuarios o papel de "profesor non editor" ou estudante ou convidado.

Normalmente as opcións por defecto solen ser as adecuadas.


definir atribución de papeis


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06