2.6.1.- Definir Papeis

Ruta: Administración > Usuarios > Permisos > Definir papeis

Un papel ou un rol, é unha colección de permisos definidos para asignar a usuarios específicos en contextos específicos.

Definicións dos conceptos básicos

  • Un rol é un identificador do status do usuario nun contexto concreto. Por exemplo, profesor, estudante e moderador de foro son exemplos de roles.
  • Unha habilidade é unha descrición duna funcionalidade particular de Moodle. As habilidades (ou capacidades) están asociadas aos roles. Por exemplo, poder responder a unha mensaxe nos foros é unha habilidade.
  • Un permiso é un valor que se asigna a unha capacidade para un rol en particular. Por exemplo, usar o permiso "prevenir" para limitar a todos os estudantes a que non poidan escribir en ningún foro.
  • Un contexto é un "espazo" en Moodle, como por exemplo, cursos, módulos de actividade, bloques, foros, etc.
  • Unha xerarquía de permisos determina que permiso gana o xurdirá efecto si hai un conflito aparente. Por exemplo, o sitio permite a todos os estudantes enviar mensaxes aos foros pero o profesor impide este dereito nun curso concreto. A xerarquía de permisos permitiría a un estudante enviar unha mensaxe nun curso pero non no outro.


Roles Pre-definidos

  • Administrador
  • Creador de Cursos
  • Profesor
  • Profesor no editor
  • Estudante
  • Invitado

Na parte dereita da fila de cada rol aparece o botón "editar" onde poderemos editar os permisos para cada un dos roles.


Permisos
A matriz de permisos permite un enfoque moi granular á asignación de permisos a un rol (unha clase de usuarios). A asignación ou edición de permisos debe realizarse con grande coidado. Un cambio pode producir un profundo efecto non desexado, ou un molesto efecto do que será difícil de entender a causa.
Existen mais de 150 liñas de habilidades onde calquera dos 4 diferentes permisos poden ser asignados. As habilidades están agrupadas en 21 categorías. Recomendámosche non modificar os roles herdados (LEGACY). Aquí esta a parte superior da lista.

Términos dos Permisos
Do mais baixo ao mais alto, do mais xeral ao mais específico.

  • Non axustado ou Herdar - deixar pasar do contexto anterior (nivel mais baixo, sempre perde)
  • Permitir - deixa suceder ou permitir (mesmo nivel que impedir)
  • Impedir - alto (mesmo nivel que permitir)
  • Prohibir - impedir (nivel mais alto, sempre gana)


Exemplos de Permisos

  • Non axustado ou Herdar: si non se define un permiso, entón o permiso da habilidade é herdada dun contexto que é mais xeral que o do contexto actual.
  • Permitir e Impedir cancelaranse un co outro si se fixa a mesma habilidade no mesmo nivel de contexto. Si isto ocorre, referímonos ao nivel de contexto previo para determinar o permiso da habilidade.
  • Prohibir: Si fixamos prohibir nunha habilidade, significa que a habilidade non poderá ser anulada. Prohibir sempre gaña e crea un alto permanente.

Debido a que as habilidades nun rol poden ser diferentes e ós participantes pódenselle asignar diferentes roles, pode existir un conflito nas habilidades. A xerarquía dos permisos resolve isto dicindo que a habilidade definida para un contexto mais específico gañará, a menos que un prohibir sexa encontrado nun contexto menos especifico.

Exemplo 1. Marcos ten un rol de estudante no Curso Uno, que permite a todos os estudantes escribir nos wikis de "Todos" e "Tarefas". Pero Marcos tamén ten un rol de Visitante no nivel contexto de módulo (para o wiki "Honores") e a os Visitantes impídeselles escribir no wiki de Honores. Polo que Marcos pode escribir nos wikis de "Todos" e "Tarefa" pero non no de "Honores".

Exemplo 2. A Xesús ten un rol de "estudante traveso" que prohibe colocar mensaxes en calquera foro para todo o sitio. Sen embargo o seu profesor asignoulle un rol de "facilitador" no "Foro da Ciencia" no curso de Ciencias e Matemáticas 101. Debido a que un permiso de prohibir nun contexto mais alto sempre gaña, Xesús é incapaz de colocar mensaxes no "Foro de Ciencia".

Comprobando roles
Para probar os novos roles é necesario saír e autenticarse como outro usuario nunha nova sesión. Non debemos utilizar a opción de “Entrar como” para comprobar os novos axustes; podemos utilizar algunha conta simulada para iso.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06