2.5.- Utilizar ficheiros de perfil

Ruta: Administración > Usuarios > Contas > Ficheiros de perfil

Campos de perfil de usuario

Os ficheiros de perfil serven para engadir datos á ficha dos usuarios.
Podemos crear categoría de datos para ter estes novos campos agrupados. O nome de cada categoría debe ser único.
Un exemplo podería ser unha categoría chamada Datos bancarios con dous campos, Banco e Número de conta.

Os campos poden ser de dous tipos.
  • Tipo escolla
  • Tipo Campo de texto.
ficheiros de perfil

Configuración común para os dous tipos de campos

Os novos campos deben ter un nome curto único. A descrición debe identificar o contido que vai a ter o campo en cuestión.

As opcións dos campos son:

É solicitado este ficheiro?
Obriga ou non encher este campo nas contas dos usuarios.

Está bloqueado este ficheiro?
Si o campo está bloqueado, solo o administrador pode editalo.
campos de perfil

Para quen está visible este ficheiro?
Temos tres opcións
  • Non visible – Solo o administrador ve o campo.
  • Visible para o usuario – O usuario pode ver o contido do campo. A miúdo son datos confidenciais dos usuarios
  • Visible para todos – Tódolos usuarios poden ver o contido do campo

Categoría
Indica a que agrupación de campos pertence.


Configuración específica

Si é un campo de escolla

Menú de opcións (un por liña)
Neste recadro podemos poñer tódalas opcións dispoñibles, unha por liña.

Valor por defecto.
Permite que no momento de cubrir a ficha por parte dos usuarios, xa apareza unha das opcións anteriores preseleccionadas.

Si é un campo de texto

Valor por defecto.
Permite que no momento de cubrir a ficha por parte dos usuarios, xa apareza un texto escrito.
configuracion especifica
Mostrar tamaño.
Indica canto espazo aparece no formulario para este campo. Non ten porque coincidir coa lonxitude máxima.

Lonxitude máxima.
É o tamaño máximo que pode ter o contido do campo.



Despois de crear os campos correspondentes, xa nos aparecen no ficheiro de perfil. Aquí non se poden engadir datos, solo editar e engadir campos.
ficheiros de perfil

Si despois de crear un ficheiro de perfil de usuario, imos a editar a ficha de calquera usuario, na ruta: Administración > Usuarios > Contas > Explorar lista de usuarios, veremos a ficha cos campos engadidos. E nesta ficha é onde podemos cubrir os campos. Na seguinte imaxe podemos ver unha categoría de Datos bancarios con
  • Un campo de tipo escolla "Entidade bancaria" onde se definiu Caixa Nova como valor por defecto
  • Un campo de tipo texto con valor por defecto "Cubrir conta bancaria".

novos datos de usuario

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06