2.3.- Engadir / Editar usuarios


A descrición que imos a ver a continuación, igual nos vale para editar un usuario, como para engadir un novo.

Editar un usuario.

Ruta: Usuarios > Contas > Explorar lista de usuarios

Detalles da Información persoal
En Moodle normalmente pídese aos estudantes que editen o seu perfil de usuario. Tamén é posible que o administrador edite eses datos.
No bloque de administración da páxina principal selecciona usuarios, e despois editar usuario. Busca o alumno na lista e fai click no enlace editar.

Engadir un usuario

Ruta: Usuarios > Contas > Engadir novo usuario


Nombre e Apellido

Os primeros dous campos explicanse por si mesmos. O Nome e Apelido serán polos que se reconocerán os alumnos dentro do curso. Estes identificarán ao estudante en todalas partes no curso.
Engade usuario 1

Correo electrónico

Engade usuario 2

Enderezo de correo

Debe ser válido para recibir as diferentes notificacións O enderezo de correo electrónico debe ser o enderezo no que o alumno recibe as notificacións e mensaxes do sistema; e tamén é o enderezo que se lle mostra ao instructor e outros usuarios do sitio Moodle, asumindo que teñan posto a opción "Mostrar correo", para permitir que outros participantes no curso vexan os seus enderezos, polo tanto, debe ser un enderezo que revisen regularmente. Outras opcións de Mostrar correo son a de agachar o seu enderezo a todolos usuarios (ainda que segue visible para administradores e instructores), ou facela dispoñible a todolos que visitan o curso, no sólamente aos inscritos.

Mostrar correo
Controla a visibilidade do enderezo de correo para outras persoas, permitindo mostrar ou agachar o seu correo. Hai tres opcións: podese facer que sexa visible a todolos usuarios (incluindo aos invitados), que sexa visible únicamente ás persoas matriculadas no curso, ou que ninguen poda ve-lo seu enderezo de correo.
Temos as opcións
  • Ocultar o meu enderezo de correo a todos
  • Permitir a todos ver o meu enderezo de correo electrónico
  • Permitir a todos ver o meu enderezo de correo electrónico unicamente a outros membros do curso
Correo activado
Un pode habilitar o deshabilitar o que se manden correos a un enderezo. Fíxate que si se deshabilitan, os estudantes non recibirán ningun correo do sitio.
Temos as opcións
  • Este enderezo de correo está activado
  • Este enderezo de correo está desactivado
Formato de correo
Existen dous, "Formato Pretty HTML" (que significa que as mensaxes serán formateadas con diferentes fontes e cores para facer mais fácil a súa lectura) e "Formato de texto plano" (texto plano sin formato decorativo ou cores).
Temos as opcións
  • Formato de texto plano
  • Formato Pretty HTML

Tipo de resumo de correo
Esta configuración determina a forma de recepción no correo electrónico das mensaxes enviadas aos foros aos que se está suscrito. Hai tres opcións: Sen resumo (recibense correos individuais por cada mensaxe enviada ao foro), completo (un resumo diario coas mensaxes completas) ou Asuntos (un correo diario dos asuntos que inclue únicamente os temas).

Os usuarios poden escoller desexan recibir as mensaxes dos foros

Temos as opcións
  • Sen resumo (un correo por mensaxe enviada)
  • Completo (envío diario das mensaxes completas)
  • Asuntos (envío diario dos asuntos)
Engadir usuario 3

Auto-suscripción ao foro
Permite decidir si se desexan recibir por correo electrónico copias das mensaxes enviadas aos foros. Si escolles a opción suscribir, o sistema enviará automáticamente por correo, copias das novas mensaxes publicadas nos foros nos que se fixo algunha aportación. Esta opción pode anularse manualmente no momento de realizar un envío.
Temos as opcións
  • Sí, cando envíe unha mensaxe ,suscríbame nese foro
  • Non, non me suscriba automáticamente nos foros
Rastrexo do foro
Activar o rastrexo do foro significa resaltar as mensaxes que non se leeron ainda, o que pode mellorar a túa navegación no foro.
Temos as opcións
  • Non: non manteña o rastrexo de mensaxes publicadas que xa vin
  • Sí: destaque novas mensaxes publicadas
Cando editas texto
Habitualmente pódese escoller "Usar o editor de HTML". Esto permitelle utilizar opcións de formateo de texto, pero é válido únicamente para navegadores modernos. Si o teu navegador non che permite editar texto utilizando esta opción, selecciona "Utilice formularios web estándar".
Temos as opcións
  • Utilice formularios web estándar
  • Utilizar o editor HTML (só nalgúns exploradores)

Cidade, País e Idioma preferido


Estes campos empréganse para identificar aos usuarios con mais detalle pola súa localización xeográfica. O país e Idioma preferido seleccionamolo dende menús emerxentes.
Engade usuario 4

Zona horaria

Este campo utilizase para convertir as mensaxes do sistema relacionadas co tempo (como as datas límite das tarefas) da zona temporal por defecto de Moodle (a zona definida no servidor no que está instalado Moodle) a outra zona temporal (GTM +-).


Tema preferido

Podemos seleccionar un tema entre varios si o permite o curso.

Descripción

Neste campo podes poñer algún texto sobre tí mesmo, ben sexa información sobre os teus estudos, aficións, aptitudes ou calquera outra información que non vaia en contra da política do centro. Este texto será visible para calquera que vexa o seu perfil.

Imaxe de usuario

Engade usuario 5
Podes cargar unha imaxe do teu ordenador ao servidor, e esta imaxe empregarase en varios lugares para identificarte. Por este motivo, as mellores imaxes son as de estilo identificación, aínda que podes empregar a imaxe que desexes.
A imaxe debe ser formato JPG ou PNG (o que significa que o nome da imaxe terminará en .jpg ou en .png) e debe ter un tamaño de 100 x 100 píxeles ou máis.
Para cargar a imaxe, fai clic no botón "Examinar" e selecciona a imaxe do teu disco duro, pendrive, etc
IMPORTANTE: Asegúrate de non colocar unha imaxe que exceda o tamaño máximo permitido, en bites, pois non se cargará.
Logo fai clic en "Actualizar información persoal", abaixo de todo, se a imaxe é maior a 100 x 100 píxeles cortarase.
Cando remates de cambiar a túa imaxe é posible que non vexas o cambio, se iso sucede actualiza a páxina (premendo F5 ou o botón actualizar).


Mais datos opcionais

Son públicos (dentro do curso): Páxina web, Número de ICQ, ID Skype, ID AIM, ID Yahoo, ID MSN
Son visibles sólo para o profesor/administrador: Número de ID, Teléfono 1 e 2 e o Enderezo.
Engade usuario 6







Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06