2.2.- Explorar lista de usuarios

Dentro da carpeta Contas do menú de usuarios, temos tódalas opcións para engadir e modificar os mesmos, así como para cargar novos usuarios ou modificar os existentes dende un arquivo. menu lista usuarios

Ruta: Usuarios > Contas > Explorar lista de usuarios

Aparécenos unha relación do usuarios do sistema, con diversos campos, O nome e apelidos, o correo-e, a cidade, o país, o último acceso, e logo tres columnas, Editar, Eliminar, e por último Confirmar, esta solo aparece para os usuarios que solicitaron entrar no sistema por correo-e pero que aínda non se fixo a súa confirmación. Isto xa foi visto na opción de Autenticación.

Si facemos clic no nome e apelidos, entramos a ver os perfís dos usuarios, mensaxes do foro, blogue persoal, informe de actividades realizadas e papeis aos que pertence. Isto verase noutro apartado.

Si facemos clic en Editar, accedemos ao formulario cos datos do usuario. É o mesmo formulario que aparece en engadir usuario, polo que non se explica agora.

A opción eliminar permite borrar permanentemente a un usuario, pero pide confirmación antes do borrado definitivo.

Lista de usuarios


Si temos moitos usuarios no sistema, podemos botar man do buscador de usuarios. Podemos escoller a letra inicial do nome ou do apelido, ou combinados. Tamén podemos usar a caixa de busca, onde chega con poñer parte do nome ou apelido.

buscador de usuarios


Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06