1.20.- Fontes RSS remotas

Visualización do bloque antes da súa configuración Este bloque permite mostrar contidos de canles RSS de sitios web externos, permitindo manter actualizado o curso con novas que consideremos de interese, ao tempo que introduce un certo dinamismo o curso. Pero o igual que os algúns outros bloques, hai que configuralo previamente para poder visualizar as fontes de novas. Para configuralo basta con premer no enlace que mostra o bloque ( Prema aquí para configurar este bloque para mostrar fontes RSS) ou pulsar sobre o botón de configuración.


A parte de configuración do bloque ten dúas pestanas:

Pestaña na que se introduce a URL das fontes externas

Configuración da visualización do bloque

  • Xestionar todas as miñas fontes. Dende esta pestana engádense os enderezos URL das fontes de novas que nos puideran parecer interesantes,premendo sobre o enlace validar fonte, comprobase que o enderezo da fonte é correcto, o botón engadir incorpora a fonte a lista superior de canles o fontes de interese.
  • Configurar este bloque. Aquí seleccionanse os parámetros do bloque: número máximo de entradas, título do bloque, fontes RSS que aparecen no bloque.........

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06