1.11.- Calendario

Calendario de eventos

Os usos máis frecuentes deste calendario é como recordatorio de datas para determinadas actividades ou como medio de difusión de actividades culturais e extraescolares evitando asi o envío masivo de mensaxes de correo electronico.
No calendario presentanse eventos localizados en días , resaltados con cores diferentes, para visualizar o título do evento é necesario pasar o rato por enriba do día que aparece sinalado.
O mes que se presenta é o actual pero empregando os botón situados a dereita e esquerda do nome do mes tamén é posible visualizar os eventos de meses anteriores e futuros.

Clases de eventos:
  • Eventos globais: Datas importantes para tódolos usuarios da plataforma, soamente poden ser publicadas polo administrador da mesma.
  • Eventos de curso: Datas sinaladas para os estudantes matriculados nun curso en concreto. Estos eventos soamnete son visibles polos participantes do curso e só poden ser publicados polo profesor.
  • Eventos de grupo: Estas datas só son visibles para un determinado grupo creado dentro do curso e tamén teñen que ser creadas polo profesor
  • Eventos de usuario:datas importantes para cada usuario que son creadas polo mesmo usuario. Estos eventos nunca son visibles para o resto de usuarios.



Premendo sobre o ollo que aparece a esquerda do nome e cadro que cor que identifica cada evento podese facer ocultar e aparecer do calendario cada un dos tipos de eventos.

Cando se crea unha actividade en moodle con data límite, está añadese automaticamente ó calendario de eventos.

Premendo sobre o mes do calendario aparece en pantalla unha axenda, como se pode ver na seguinte imaxe. Esta axenda mostra en pantalla o mes seleccionado, do listado da dereita, coa información detallada dos eventos.
Visualización da axenda mensual

Esta pantalla, ofrece a posibilidade de agregar, editar e xestionar os eventos empregando os botóns:

  • Novo evento, permite a través de un editor crear novos eventos.
  • Enlaces para cada tipo de evento, situados na parte inferior da pantalla dende os cales é posible activar e desactivar a sua visualización
  • Eventos do mes detallados segundo a opción seleccionada presentase no calendario os eventos referentes ó curso seleccionado ou tamén a tódolos cursos.
  • Preferencias, enlace dende o cal se pode configurar as opcións de visualización do calendario e dos eventos
  • Exportar calendario, permite xenerar un arquivo cos eventos da agenda que pode ser aberto con outras aplicacións como o Outlook.
  • Columna lateral mensual na que se presenta o mes anterior e seguinte para poder seleccionalos e visualizar os eventos do mesmo na parte central da pantalla.

Agregar un novo evento



Para crear un Novo evento, hai que premer sobre o botón Novo evento, para posteriormente seleccionar onde queremos que sexa visible o evento ou tipo de evento, as tipos de evento que moodle permite crear depende dos permisos ou perfís do usuario.
Pantalla de selección do tipo de evento

Unha vez seleccionado o tipo de evento aparece un formulario, como o seguinte:
Formulario para crear un novo evento
  • Nome: o contido deste campo aparece na xanela informativa do calendario, ó pasar o rato por enriba da data sinalada
  • Descrición: contido que aparece na vista diaria do calendario, conten un editor de texto para poder introducir táboas, imaxes...
  • Data e tempo: Indicase o día e a hora do evento
  • Duración: é posible indicar a duración do evento, sinalándose na calendario tódolos días indicados
  • Repeticións. Aquí é posible especificar a repetición dun evento semanalmente.

Configurar as preferencias

O botón Preferencias permite configurar as diferentes opción de visualización dos eventos no calendario, tal como se mostra na imaxe:

Permite establecer as opción de visualización dos eventos no calendario

  • Formato de hora: elíxese entre o formato de 12 horas ou de 24 horas.
  • Primeiro día da semana: afecta a forma de visualizar o calendario.
  • Número máximo de eventos próximos: limitase o número de eventos que se ven na pantalla.
  • Ver próximos eventos: Indicase con canta antelación debe aparecer un evento no calendario.
  • Lembrar a configuración do filtro: no caso de estar activada moodle restaura automaticamente os últimos axustes dos eventos cada vez se acceda os mesmo.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06