1.5.- Persoas

Bloque de persoas

Este bloque conten en enlace chamado Participantes que leva a unha relación da totalidade de participantes no curso ( alumnado e profesorado ) .


Lista de paticipantes

Premendo sobre Participantes visualizase a lista de integrantes do curso, tal como se pode ver na seguinte imaxe.

Lista de usuarios


Por defecto primeiro aparece o profesorado e logo o alumnado ordeados polo último acceso ó curso. Podense aplicar diferentes filtros no listado de participantes:

Papel actual: permite mostrar os participantes que teñen un determinado rol ( alumnos, profesores....) ou todos os participantes

Inactivo por máis de: mostra usuarios por tempo de inactividad ( 1 día, 2 días, 3 días....)

O listado tamen se pode ordear en orde ascedente ou descente polo Nome, Apelido, Cidade/vila, País ou Último acceso. Para ordealos por un deste campos bastara con premer sobre o nome de encabezamento de cada unha das columnas nas que se detallan os datos dos usarios. Premendo a primeira vez os usuarios son ordeados en orden ascendente nese campo, premendo unha segunda vez no mesmo campo os usuarios son ordeados en orden descendente.

Dende esta pantalla tamén existe a posibilidade de seleccionar os participantes na columna da dereita e enviarlle os seleccionados unha mensaxe común empregando o combo: cos usuarios seleccionados engadir /Enviar mesaxe situado na parte inferior da pantalla.

A lista de usuarios podese mostrar con maior detalle, como se ve na imaxe seguinte, seleccionando da opción Máis detalle da Lista de usuarios

Lista de usuarios detallada

No caso que o número de participantes do curso sobrepase 20, aparece un novo menú, tal como se pode ver na seguinte imaxe, que permite localizar e presentar en pantalla os participantes cumpran os criterios establecidos para a letra coa que comenza o nome e/ou apelido. Na pantalla soamente se poden listar 20 usuarios, no caso de haber máis é necesario empregar o botón seguinte ou seleccionar outra páxina para ver o resto dos usuarios

lista de usuarios


Perfil persoal dos participantes.

Premendo sobre o nome de calquera dos participantes que aparecen na lista de usuarios ( con menos detalles) da pantalla anterior, aparece o " Perfil persoal" do mesmo, onde se pode ver unha pequena información do usuario. A ficha mostrara máis o menos información dependendo dos datos que o usuario teña cubertos no seu perfil.

Ficha do perfil do usuario

Pinchando no correo podese enviarse unha mensaxe de correo a través do xestor do xestor de correo que se teña configurado no pc. Premendo sobre a imaxe do sobre, que aparece a continuación do correo electrónico, habilitase e deshabilitase a funcionalidade de enviar correos a dirección indicada.

Outros botón que aparecen:

  • Cambiar contrasinal, aparece cando visualizamos o noso propio perfil, no resto dos casos este botón no aparece.
  • Déame de baixa......, permite dar de baixa os usarios como participantes do curso.
  • Mensaxe, serve para enviarlle unha mensaxe o usuario que se ten en pantalla.

Detrás da pestaña de Perfil que se amosa como primeira, o premer sobre o nome de un participante, existen unha serie de pestañas con diferentes funcionalidades que se mostraran a continuación.


Editar perfil

Presentase na pantalla información sobre o usuario que parece clasificada en tres apartados: xeral, imaxe e opcional.

Ficha de edición do perfil

Existe a posibilidade de visualizar máis campos ( que aparecen sinalados con * ) ou información sobre o participante, premendo sobre o botón Mostra avazada .

A continuación comentanse algúns dos campos situados dentro do apartado xeral:

  • Correo electrónico, dirección na que o estudante recibirá mensaxes.
  • Ver correo, controla a visibilidade da dirección electrónica, permitindo ocultar ou mostrar o e-mail no curso
  • Correo activado, no caso de estar activada estar deshabilitada esta opcion, o usuario non pode recibir correo que proveña do sitio
  • Formato de correo, ten dúas opcións: Formato Pretty HTML ( permite que os mensaxes poidan ser frmateados ) e Formato de texto ( só permite escribir mesaxes sen ningún tipo de formato).
  • Tipo de resumo, os usuarios poden seleccionar como queren recibir o correo dos foros nos que estan suscritos. Hai tres posibilidades: Sen resumo ( recibense correos individuales), Completo ( recibese un resume diario) o Asunto ( recibese un solo resume diario pero soamente con temas dos mensaxes ).
  • Subscrición automática nos foros, controla o envío de copias dos mensaxes colocados nos foros ós que o usuario está suscrito.
  • Rastrexar foro, ofrece a posibilidade de marcar aqueles mensaxes que son leídos nos foros có fin de mellorar a navegación polos mesmos.
  • Cando está a editar un texto, coa opción Utilizar o editor HTML, permite aplicar formato ós textos.
  • Descrición, empregase para añadir información que podera ser visible para calquera que visite o perfil persoal.

Na sección Imaxe de permite subir unha nova imaxe para o perfil, e na sección Opcional hai diferentes datos que son públicos dentro do curso ( Páxina web, Número ICQ, ID AIM, ID Yahoo, ID MSM ) mentres que outros só son visibles para os profesores e administradores ( Número de identificación, Intitución, Departamento, Teléfono, Enderezo) .

Os campos de caracter obrigatorio que aparecen neste formulario estan marcados cun asterisco de cor vermella ( * ).


Mensaxes do foro

Mensaxes enviadas o foro

Nesta ficha amosanse as aportacións feitas polo usuario nos foros


Blog

Dende esta pestaña os usuarios ( estudantes, profesores e administradores ) ponen crear o seu propio blog persoal ou visible para o resto dos participantes ( opcións posibles dependendo dos axustes globais).

Blog persoal

Para crear unha entrada no blog, hai que empregar o enlace Engadir unha nova entrada, aparecendo entón un formulario, como se pode ver na seguinte imaxe, que permite escribir o artigo do blog, etiquetalo ou categorizalo, e seleccionar para quen é visible.

Formulario empregado para introducir unha entrada nun blog

Dende o punto de vista didáctico, un blog pode ser empregado como:

  • Ferramenta na que os participantes mostren o seu propio proceso de aprendizaxe
  • Espazo para compartir contidos entre os usuarios
  • Ver a capacidade de resumir artigos e etiquetalos con palabras claves


Infomes e activade

Esta pestaña só aparece cando o usuario rexistrado ten rol de profesor/a ou administrador/a e ten unha estructura de fichas: Informe, Informe completo, Accesos hoxe, Todosos accesos, Cualificación.

Informe das actividades dos participantes

Seleccionando a ficha axeitada, presentase na pantalla información sobre o usuario seleccionado e os recursos visitados, número de veces, cando e canto tempo, as actividades realizadas, calificacións obtidas, traballos entregados, conexións realizadas.


Papeis

Dende esta pestaña presentanse dúas posibilidades: asignar papeis e anular papeis para o usuario listado. O papel ou rol do usuario establece os permisos ou accións que pode realizar o usuario.

Asignar e desasignar papeis

Este tema de asignación de roles o usuarios tratase en detalle en posteriores apartados, polo que ahora unicamente se pretende aclarar que dende esta pestaña podense definir ou modificar o papel dun determinado usuario.

Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06