1.1.- Acceso á aula virtual

Os requisitos necesarios para entrar en moodle e participar da plataforma son os seguintes:

Ter un navegador web ( Mozilla, Internet Explore, Chrome, Sahari, Opera...).
Ter unha conexión a Internet.
Coñecer a URL , o enderezo web, do servidor onde se atopa aloxado o moodle, e
Acceder rexistrandose como usuario da plataforma.


O moodle preinstalado dentro do proxecto de Web´s dinámicas ten un enderezo web do tipo: http://centros.edu.xunta.es/nome_do_centro/moodle , onde en nome_do_centro debe introducirse o identificativo ou nome de cada centro. Tamén, para facilitar o acceso, a páxina web do centro ( drupal) instalase cun enlace preconfigurado na cabeceira á Aula Virtual ou moodle.

Aula Virtual

Unha vez visualizada a plataforma no navegador que se está a empregar, para acceder a mesma hai que pinchar sobre o botón Acceso localizado na parte superior dereita da pantalla como se pode ver na seguinte imaxe.

Enlace de entrada a moodle
Bloque para rexistrarse introducción o usuario e contrasinal



Bloque que aparece posteriormente para introducir o Nome de usuario e a Contrasinal. No caso de olvido da contrasinal este mesmo bloque ofrece a posibilidade de recordala empregando o botón Sí, axúdeme a acceder.

Unha vez dentro podese ver unha imaxe similar a seguinte, donde se nos identifica como usuarios na parte superior dereita e unha parte central onde aparecen listados os cursos dispoñibles que conten a platafoma.
Visualización da aula virtual unha vez rexistrado
O título de cada curso vai acompañado dunha breve descripción do mesmo. Tamén e posible que apareza indicado o titor,e no caso que un curso vaia acompañado das seguintes imaxes, entenderase que:
Admisión de intivitados

Admite invitados
Ten clave de acceso

Ten chave de inscrición ou acceso


Os invitados son usuarios que non rexistrados e que teñen privilexios mínimos que lles permiten participar nas actividades dun determinado curso. Este acceso é interesante para cursos de demostración.

Unha chave de inscrición e unha contrasinal de acceso para poder acceder a un determinado curso.

Sempre que o usuario teña os permisos oportunos tamén é posible acceder ó curso pinchando directamente sobre o curso.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06