Capturas de pantalla con Windows XP

Para a meirande das tarefas será necesario realizar unha captura de pantalla poder avaliar as actividades.

A seguinte explicación está baseada nun sistema operativo Windows XP que é o que tendes nos ordenadores nos centros. Si traballades con Windows Vista imaxino que será similar, ainda que co Vista nunca se sabe o que pode pasar... e si traballades con GNU/Linux o problema redúcese xa que na maioría de distribucións xa ben instalado o software de captura de pantallas.

FACER O PANTALLAZO

  1. Situamos o navegador de xeito que vexamos o que o titor necesita para realizar a avaliación da tarefa.
  2. Prememos no teclado do noso ordenador a tecla "Imprimir pantalla". Con isto conseguimos gardar a captura no portapapeis do noso sistema.
    • Esta tecla cambia dependendo do ordenador:
      • Si é portátil: no meu aparece como "PrtSc" en outros como "ImprPant". Case sempre está á dereita do teclado e contra arriba.
      • Si é un PC de mesa: Case sempre á esqueda dun grupo de tres teclas. Enriba da tecla "insertar".
  3. Accedemos ó "Paint" do noso ordenador.
    • Inicio -> todos os programas -> Accesorios -> Paint.
  4. Prememos no menú "Edición" -> "Pegar".
    • Agora vemos a imaxe no paint.
  5. Prememos no menú "Arquivo" -> "Gardar como".
    • Abaixo de todo en "Tipo", seleccionamos "JPEG" (non serán correctos os pantallazos enviados en *.bmp, *.doc, *.odt...).
    • Dámoslle un nome á imaxe e seleccionamos a ubicación onde a queremos gardar
  6. Pantallazo Listo!

ENVIAR A TAREFA CO PANTALLAZO

  1. Accedemos á plataforma de formación e na tarefa correspondente prememos en Examinar para seleccionar a imaxe gardada cando fixemos o pantallazo.
  2. Prememos "Enviar" para completar a tarefa no curso.
  3. E listo!!
Só queda esperar a avaliación por parte do titor.
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06