Este curso está dispoñible en formato aberto na Aula Virtual do Proxecto Webs Dinámicas

INFORMACIÓN SOBRE O PROXECTO WEBS DINÁMICAS

Páxina Oficial do Proxecto: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas
Contacto: websdinamicas@edu.xunta.es

O Proxecto Webs Dinámicas está desnvolvido polos Asesores SIEGA pertencentes á Subdirección Xeral de Sistemas Informáticos dependente da Secretaría Xeral - Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Este será un curso esixente, xa que damos por feito que controlades perfectamente a parte de usuarios para as tres aplicacións: Drupal, Moodle e Coppermine. Polo tanto será necesaria unha destreza xa adquirida creando contido para o bo desenvolvemento das prácticas que iremos realizando.

Estes coñecementos que damos por feito que controlades, e que son necesarios para un correcto aproveitamento do curso, serían os seguintes:
  • Acceso ás aplicacións dadas as URL's.
  • Identificación como usuarios nas tres aplicacións1: Drupal, Moodle e Coppermine
  • Edición do perfil de usuario (cambio de nome, contrasinal, etc.)
  • Utilización das diferentes barras de enriquecemento de texto, que implicarían:
    • Formateo de texto
    • Subida de imaxes
    • Creación de enlaces
    • Adxunte de arquivos


Notas:
1: Habilitaremos uns espazos web para cada un dos participantes. Teredes un usuario e contrasinal administrador para realizar as prácticas durante o curso.


RECOÑECEMENTO

IMAXES DO CURSO:

Módulo 1

Módulo 2

Módulo 6

Módulo 10
  • Icono Moodle Configuración: http://www.freeiconsweb.com/Vista_Style_GPS_Icon_Set.html
Última modificación: Mércores, 23 de Decembro de 2015, 11:06