Tarefa 10 - Módulo 8 - Moodle: Alta de usuarios.

Tarefa 10 - Módulo 8 - Moodle: Alta de usuarios.


Esta tarefa ten dúas partes;

Na primeira parte, o administrador da de alta un usuario manualmente.

Entramos como administradores e imos a Usuarios->Contas->Engadir novo usuario.
Como sabemos, os campos en vermello e con asterisco son obrigatorios. tódolos datos serán inventados menos o nome e apelido, que serán como segue;
  • nome = platega
  • apelido = platega


Na segunda parte trátase de permitir que cada usuario se poida dar de alta coa autenticación baseada no correo electrónico.

Activar a autenticación baseada no correo electrónico. Debemos dar de alta un usuario dende o botón da parte dereita da pantalla de acceso, nesta opción tamén serán os datos inventados menos o nome e apelido, que serán como segue. Non será necesario confirmar a través do correo electrónico esta conta nin debemos facelo, de momento, a través da lista de usuarios.

  • nome = platega1
  • apelido = platega1

ENTREGA DA TAREFA

Imos a Usuarios->Contas->Explorar lista de usuarios, e realizamos unha captura da pantalla completa incluíndo navegador coa barra de direccións, onde se vexan claramente tódolos usuarios do sistema incluíndo os dous que se acaban de crear.

NOTA: Na fila do usuario platega1 deberá aparecer o botón "Confirmar" á dereita de todo.

A captura enviarémola a través desta tarefa.

* Nome do arquivo: nome_apelidos_tarefa10_usuario.jpg