Tarefa 09 - Módulo 7 - Moodle: Personalización da páxina principal do sitio (modificada a día 21 de Abril)

Tarefa 09 - Módulo 07 - Moodle: Personalización da páxina principal do sitio

DEBIDO Á FALTA DE TEMPO DESEÑAMOS ESTA PRIMEIRA PARTE DE MOODLE CON MÁIS PRESA DA DESEXABLE COS CONSECUENTES ERROS QUE PROCEDEMOS A SOLUCIONAR. PERDOADE AS MOLESTIAS.

MODIFICACIÓN a 21 de Abril de 2010:

A páxina principal do sitio é a que aparece unha vez accedemos a http://www.edu.xunta.gal/centros/cursoXX/aulavirtual

Para realizar a tarefa é necesario que nos identifiquemos coa contrasinal configurada na Tarefa 01 deste curso: http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/aulavirtual/mod/assignment/view.php?id=1070
Unha vez identificados debemos premer en "Activar Edición" co que aparecerán os botóns de configuración para cada un dos bloques, e na esquina inferior dereita un despregable para engadir novos bloques.

Tarefa.
  1. Editaremos o bloque "Descrición do sitio" personalizándoo ó noso gusto. Debemos incluir nel o noso nome e apelidos.
  2. Crearemos un bloque tipo "HTML" inserindo nel como mínimo texto e unha imaxe. Ollo coa dimensión horizontal da imaxe que nos pode dar lata!
  3. Activaremos o bloque "Usuarios en liña"
  4. Crearemos un bloque "Fontes RSS remotas" e amosaremos nel as novas do Portal Webs Dinámicas. A url da orixe é: "http://www.edu.xunta.gal/centros/websdinamicas/taxonomy/term/228/all/feed"
    (Non é necesario facer este apartado debido a que a configuración do servidor de momento só permite sindicarse a orixes procedentes de dominios "www.edu.xunta.es". Nin sequera "centros.edu.xunta.es". Tentaremos solucionalo.
  5. Ocultaremos o resto dos bloques excepto "Administración do sitio" e os xa indicados.

ENTREGA DA TAREFA

Realizaremos unha captura da pantalla completa incluíndo navegador coa barra de direcións. Enviarémola a través desta tarefa.
  • Nome do arquivo: nome_apelidos_tarefa09_bloques.jpg