Actividade: Crear preguntas de resposta curta

Crear preguntas de resposta curta

         As preguntas de resposta curta requiren que o alumno conteste cunha palabra ou frase curta a un enunciado. Este tipo de preguntas teñen o inconvinte de que a solución dada ten que se axustar exactamente ás establecidas previamente polo profesor que elabora a lista de respostas aceptables.

          Para crear una pregunta de resposta curta hai que segue-los seguintes pasos:

1. Elixi-la categoría á que pertencerá a pregunta

2. Dar á pregunta un nome descriptivo.

3. Crea-lo enunciado da pregunta. Se se cré oportuno engadir unha imaxe.

4. Escoller se se quere que se faga distinción entre maiúsculas e minúsculas.

5. Enche-los campos das respostas que se aceptarán como válidas e asignarlles un peso (pódese modular as valoración asignando diferentes pesos as respostas válidas).

6. Engadi-los reforzos para cada resposta.

7. Garda-los cambios.

          Repite os procedementos 3 veces para crear outras tantas preguntas deste tipo. É preciso para algunha das actividades que faremos máis adiante.