Skip to Content

bloque-estilos

Perfil
Agricultores
Estudantes
Emprendedores
Profesorado
Todo
Empregos
Formación
Tecnoloxías

Robot para monitoreo de viñas

O viño é unha produción moi importante en Europa. Para obter bos viños con alto valor engadido, é fundamental conseguir produción de uva de calidade uniforme. Por isto é preciso monitorear as viñas para identificar as necesidades do cultivo e avaliar o estado de madurez das uvas. Os métodos de monitoreo existentes, adoitan ser visuais ou por mostraxe aleatoria de uvas individuais, e non ofrecen información completamente fiable. Existen métodos máis exactos que usan sensores multiespectrais montados en drons ou avións. Non obstante, a baixa resolución dos datos que os sensores fornecen, fai que sexan pouco atractivos para os viticultores. 

O Robot Vinescout é unha evolución de Vinerobot que foi creado para abordar os problemas anteriormente citados. Ao tomar datos a nivel do chan, o robot achega imaxes de maior resolución, das que se pode obter información máis exacta. O Robot patrulla a viña e toma datos autonomamente. Está equipado cun GPS, unha cámara e sensores que toman información multiespectral xeoreferneciada das cepas. Os datos son transmitidos a un ordenador por tecnoloxía sen fíos, onde son procesados para obter mapas de produción de uva, crecemento vexetativo, estado hídrico da viña e composición da uva. Esta información é transferida a unha aplicación de teléfono móbil para que os viticultores podan monitorear constantemente as necesidades das súas viñas e tomar decisións sobre o mellor momento para regar, aplicar tratamentos ou recoller as uvas.

Vinescout traballa con paneis solares que incrementan a súa autonomía e fano máis eficiente enerxéticamente. 

Análise Económico

Desenvolvedor

Descrición:
A pesar de que o robot está suficientemente desenvolto, aínda está en fase de probas e non hai compañías que lo comercialicen.

Farm

Nome: No farm available for this technology

Actualizacións

Reduce o tempo que os agricultores teñen que estar nos campos. Ofrece información para valorar o mellor momento para aplicar tratamentos, optimizando o usos de recursos. O robot traballa con paneis solares que o fan máis eficiente enerxéticamente. A información obtida polo robot permite tomar decisións de xestión do cultivo máis acertadas e producir un produto de mellor calidade.

Precisamos a túa opinión...

Envíanos a tua:

Tecnoloxía Novo Emprego Formación
     


by Dr. Radut