Orientación
EURES
O teu primeiro traballo Eures:
http://xuventude.xunta.es/201206047863/o-teu-primeiro-traballo-eures.html
Axudas para empresas da rede Eures:
http://xuventude.xunta.es/201212179289/subvencions-a-pequenas-e-medianas-empresas-para-facilitar-a-integracion-de-mozos-traballadores.html
PRESENTACIÓN NA BIBLIOTECA : SIDA
O día 3 de decembro (luns) no 2º recreo, na biblioteca, haberá unha presentación en power point sobre o SIDA, con música de Queen (Who Wants To Live Forever).
CULTURGAL.FEIRAS DAS INDUSTRIAS CULTURAIS.PAZO DA CULTURA.PONTEVEDRA
LUGAR: Pazo da Cultura de Pontevedra
Días: 30 de novembro, 1 e 2 de decembro 2012
Acceso gratuíto
Habrá música, literatura, cine, televisión, teatro, danza, circo,maxia, novas tecnoloxías.Programas en direto da TVG e da RG,Redelibros que emitirá en streaming a programación literaria da feira.
Conta coa participación dun nutrido grupo de asociacións sectoriais que se instalarán na casa da cultura galega, a súa casa, e aproveitarán a oportunidade para achegarse ao público: Aaag (Asociación de Actores e Actrices de Galicia), Agpi (Asociación Galega de Profesionais da Ilustración),Agpti (Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación), Agpxc (Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural), Afearte (Asociación de Festivais das Artes Escénicas), Asociación de Gaiteiros, Asociación Músicos Ao Vivo, Asociación Oral de Galicia, APCG (Asociación de Profesionais do Circo de Galicia), Cgendl (Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística), Crea (Asociación de Directores e Realizadores de Galicia), Ctnl (Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua), Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Gatea,Danesga e Unima Galicia.
PONTEemprego 2012
A Feira de emprego PONTEemprego, celebrarase os días 21 e 22 de novembro no Pazo de Congresos.Busca ser un punto de encontro e reflexión para a búsqueda de emprego e ou autoemprego.Está orientada aos demandantes de emprego e estudantes dos derradeiros cursos. A apertura da Feira dará comezo o día 21 de novembro de 2012 ás 10:00 horas no salón de actos.Desenvolveranse distintas charlas en horario de mañá e tarde, nos distintos espazos habilitados: Salón de actos,Auditorio+Ideas,Workshops.
Inscricións: Envía teus datos ao email inscricions@feiraemprego.es
DECRETOS CICLOS LOE: EDIFICACIÓN E OBRA CIVIL.ANEXOS DE VALIDACIÓNS MÓDULOS LOGXE E LOE
LOE
|
Borrador do Decreto 188/2011 Técnico superior en proxectos de edificación
Decreto 173/2012 Técnico superior en proxectos de obra civil
Busca o anexo VI (derradeiras páxinas) e verás as validacións dos módulos LOGXE e LOE do Título
No enlace de www.edu.xunta.es/fp
Na parte superior debaixo do logo da Xunta , no apartado de curriculos podes acceder a unha nova páxina, na que na parte da esquerda atoparás
Entra en familias profesionais y preme no logo
Currículos
VALIDACIÓNS NA ESO E BACHARELATO
Orde do 7 de xullo de 2010 pola que se establecen medidas de ordenación acadé-
mica para o alumnado que cursa as ensinanzas profesionais de música e de danza e as ensinanzas de réxime xeral.
ANEXO I
Validación da materia de música da educación secundaria obrigatoria con determinadas materias das ensinanzas profesionais de música e de danza.
Música de 1º a 3º ESO co 1º curso da materia de instrumento principal ou voz
Música de 4º ESO co 2º curso da materia de instrumento principal ou voz
Música de 1º a 3º ESO co 1º curso de música
Música de 4º ESO co 2º curso de música
ANEXO II
Validación de diversas materias de bacharelato con determinadas materias das ensinanzas profesionais de música
Análise musical I con 2º curso de harmonía
Análise musical II con 1º curso de análise
Historia da música e da danza con 1º e 2º cursos de historia da música
Linguaxe e práctica musical con 3º curso de instrumento principal ou voz
ANEXO III
Validación de diversas materias de bacharelato con determinadas materias das ensinanzas profesionais de danza
Anatomía aplicada con 1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza
Historia da música e da danza con 1º e 2º cursos de historia da danza
Linguaxe e práctica musical con 3º curso de música
ANEXO IV
Validación de diversas materias das ensinanzas profesionais de música con determinadas materias de bacharelato
1º curso de análise con Análise musical II
1º e 2º cursos de historia da música con Historia da música e da danza
1º curso de linguaxe musical con Linguaxe e práctica musical
ANEXO V
Validación de diversas materias das ensinanzas profesionais de danza con determinadas materias de bacharelato
1º e 2º cursos de anatomía aplicada á danza con Anatomía aplicada
1º e 2º cursos de historia da danza con Historia da música e da danza
1º, 2º e 3º cursos de música con Linguaxe e práctica musical
ANEXO VI
Validación de diversas materias optativas da ESO con determinadas materias das ensinanzas profesionais de música e danza
Unha materia optativa dun curso da ESO coa Proba de acceso a calquera dos
cursos de música ou danza .
Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Linguaxe musical dun curso das ensinanzas profesionais de música
Optativa de 3º ou 4º cursos da ESO con Danza galega
ANEXO VII
Validación de diversas materias optativas do bacharelato con
determinadas materias das ensinanzas profesionais de música
e danza ou coro
Optativa de 1º de bacharelato co 1º curso de acondicionamento físico
Optativa de 2º de bacharelato co 2º curso de acondicionamento físico
Validación de módulos profesionais
Sistema de validacións
Alumnos matriculados en ciclos LOE
- As validacións de módulos profesionais dos novos títulos derivados da Lei orgánica 2/2006 de educación (LOE) con módulos profesionais de títulos derivados da Lei orgánica 1/1990 de ordenación xeral do sistema educativo (LOXSE) recollidas no anexo IV da norma pola que se establece o título ou o currículo, e a partir de unidades de competencia acreditadas do catálogo nacional de cualificacións profesionais recollidas no anexo V da norma pola que se establece o título ou o currículo, resolveranse pola dirección do centro educativo, segundo o disposto no artigo 41 da Orde do 12 de xullo de 2011.
(Nota) Ver casos singulares
- Validacións entre módulos profesionais de títulos LOXSE e de títulos LOE
- Todas as validacións que non aparezan nos casos anteriores enviaranse ao Ministerio de Educación, para a súa resolución.
Casos singulares
Módulo de formación e orientación laboral (FOL)
1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de formación e orientación laboral en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.
2.- O módulo profesional de formación e orientación laboral de calquera título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá ser obxecto de validación sempre que se acredite ter superado o módulo profesional de formación e orientación laboral establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, e se acredite a formación establecida para o desempeño das funcións de nivel básico da actividade preventiva de acordo co disposto na normativa vixente (Real decreto 39/1997).
Módulo de empresa e iniciativa emprendedora (EIE)
1.- As persoas que tivesen superado o módulo profesional de empresa e iniciativa emprendedora en calquera dos ciclos formativos correspondentes aos títulos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, terán validado o devandito módulo en calquera outro ciclo formativo establecido ao abeiro da mesma lei.
2.- Polo anterior, o módulo de empresa e iniciativa emprendedora que resulte validable con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderá ser validable en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.
Módulos co mesmo código
1.- A cualificación obtida nun módulo profesional superado, pertencente a calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, trasladarase a calquera dos ciclos formativos en que este estea incluído co mesmo código. Nestes casos non será unha validación.
2.- Polo anterior, os módulos co mesmo código, pertencentes a diferentes títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, que resultasen validables con algún módulo pertencente a algún título establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, poderán ser validables en calquera dos títulos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006.
Enderezo do Ministerio de Educación
Subdirección General de Orientación y Formación Profesional
Servicio de convalidaciones de Formación Profesional
C/ Los Madrazo, 15-17
28071-Madrid
Procedemento de validacións
Requisitos:
Deberá estar matriculado nun centro docente autorizado e presentar a solicitude de validación perante a dirección do centro educativo dentro dos primeiros 20 días de inicio das clases. No caso de centros privados, a dirección deste dará traslado das solicitudes ao centro público ao que estea adscrito, no prazo de cinco días hábiles.
Documentación necesaria:
A solicitude formalizarase no modelo de instancia establecida para tal efecto no anexo XIV da Orde do 12 de xullo de 2011. Acompañarase de:
- Fotocopia compulsada do DNI.
- Certificación académica oficial dos estudos cursados, segundo o anexo X da Orde do 12 de xullo de 2011 ou de certificado de profesionalidade ou da acreditación parcial a que se refire esta orde.
- O alumnado que teña estudos universitarios deberá achegar os programas daquelas materias cursadas que podan ser validables polos módulos profesionais.
Formularios de solicitude de validación de módulos profesionais
- Formulario de solicitude de validación (Anexo XIV)
Validacións para os técnicos superiores de FP que accedan a estudos universitarios
www.edu.xunta.es/fp/fp-universidade
Catálogo de validacións para os técnicos superiores de Formación Profesional que accedan a estudos universitarios. Este catálogo está vixente desde o curso 2011-2012 e mentres non se modifique.
A publicación estrutúrase en dúas partes:
Na primeira exponse o procedemento de acceso e a admisión das persoas tituladas en formación profesional de grao superior aos novos estudos universitarios oficiais de grao.
- Na segunda, que constitúe o catálogo de recoñecemento de créditos, relaciónanse para cada universidade as táboas de créditos recoñecidos e, de ser o caso, as materias validadas para as persoas tituladas en formación profesional de grao superior que desexen cursar –ou estean a facelo– ben estudos universitarios oficias de grao ou ben estudos universitarios correspondentes á anterior ordenación universitaria.
Nota: A cualificación das materias obxecto de recoñecemento será a nota media obtida polo alumno ou alumna no ciclo formativo, agás as de libre configuración nas que a cualificación será a de apto.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4