Secretaría

ADMISIÓN 2024-2025. Cursos nos que hai que baremar

 

Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2024-2025 temos que baremar nos seguintes niveis:

 

2º ESO

 

As familias poderán presentar a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 5 de abril de 2024 (ámbolos dous incluídos).

 

PROCESO DE ADMISIÓN 2024-2025

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024/2025

Lémbrase que a admisión e a matriculación nun centro docente público implican respectar o proxecto educativo do mesmo.

 

Se queres consultar a normativa sobre o proceso de admisión preme AQUÍ 

Se queres consultar o manual para as familias preme AQUÍ  

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ  

 

RESERVA DE PRAZA. Desde o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro. 

Por parte do alumnado dos centros adscritos.

            Centros adscritos na ESO: CEIP Cabanas (Salcedo) / CEIP San Martiño (Salcedo) / CEIP A Carballeira (Lourizán)

 Centros adscritos no Bacharelato: CPR plurilingüe Sagrado Corazón de Praceres / CPI de O Toural

Este trámite debe facerse no centro de orixe, é dicir, no centro no que actualmente está matriculado o alumno/a, ou a través da aplicación admisionalumnado.

      Feita a reserva de praza, para renunciar á mesma a data límite é o 28 de febreiro (incluído).

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO CENTRO. 

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 29/01/2024 é  "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de convivencia ou certificado de empadroamento.

Pódese consultar o criterio complementario de centro AQUÍ.

 

ANUNCIO SORTEO PÚBLICO DO NÚMERO PARA RESOLVER OS EMPATES. Ver AQUÍ.

 Ver resultado sorteo AQUÍ.

ASIGNACIÓN PRAZAS RESERVADAS ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS. 22 de febrero publicarase no taboleiro de anuncios do noso centro.Ver AQUÍ.    

 

VACANTES. Antes do 1 de marzo publicación dos postos vacantes no centro. Premer AQUÍ.

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN.Desde o 1 ao 20 de marzo, ambos inclusive. 

Por parte de alumnado que non pertence a un centro adscrito, que pertencendo a centro adscrito non reservara praza ou que se reincorpore ao sistema educativo. 

A solicitude será única. De ter presentadas máis de unha perderá os dereitos de prioridade que lle poidan corresponder, a non ser que renuncie á anterior indicándoo expresamente na nova solicitude. Poderanse pedir ata 6 centros por orden de preferencia e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. 

Presentarase:

 

Se quere acceder á aplicación informática do proceso de admisión prema AQUÍ  

Se quere consultar a zona de influencia do centro prema AQUÍ (A zona de influencia de bacharelato aínda non está actualizada pola Consellería).

Se quere coñecer os datos do centro, oferta educativa e demais servicios prema AQUÍ

Se quere consultar o manual para as familias prema AQUÍ  

Se quere consultar a normativa sobre o proceso de admisión prema AQUÍ

 

BAREMACIÓN.

Finalizado o prazo de entrega de solicitudes, e sempre que a demanda de prazas sexa superior á oferta de vacantes, será necesario baremar.

As familias poderán presentar, dentro dos 10 días hábiles seguintes ao fin de presentación de solicitudes (do 21 marzo ao 5 abril, ambos incluídos), a documentación acreditativa dos criterios de admisión alegados na súa solicitude. De non facelo entenderase que renuncia á valoración correspondente.

   

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 25 de abril.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión. 

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar do centro. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMISIÓN. Publicaranse o 15 de maio.

Aféctalle ao alumnado que presenta solicitude de admisión.

Non se facilitará información telefonicamente sobre as listas, por mor da protección de datos. Para acceder á mesma deberá achegarse ao taboleiro do hall do centro ou ben a través da sede electrónica coa súa conta.

Poderase interpor recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo de un mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación (do 16 maio ao 15 xuño).

 

MATRÍCULA. Entre o 23 de xuño e o 7 de xullo. Para todo o alumnado, sexa novo ou non, que quera cursar estudos no centro. 

 

Mapas da zona de influencia do noso centro

Poden consultar a zona de influencia do noso centro na ESO na seguinte ligazón:

Zona influencia ESO

 

Poden consultar a zona de influencia do noso centro no BACHARELATO o na seguinte ligazón:

Zona influencia Bacharelato

Inicio das actividades lectivas curso 2023-2024

O comezo das actividades lectivas do curso 2023-2024 será o luns día 11 de setembro de 2023 co seguinte horario:

  • 8:30 - 9:20 - Presentación.
    • O alumnado de 1º de ESO e 2º de ESO acudirá ao Salón de Actos.
    • O alumnado de Ciclo formativo acudirá á súa aula.
    • O alumnado de 3º ESO - 4º ESO - 1º BAC e 2º BAC esperará no patio as instruccións para subir a súa aula.
  • 9:20 - 15:00 - Clases normais para todo o alumnado.

Ese día o servizo de transporte escolar funcionará con normalidade.

Bolsas para o alumnado con NEAE curso 23-24

Recordamos que o prazo para pedir as bolsas do alumnado remata o 20 de setembro de 2023.

Poden consultar toda a información necesaria nesta ligazón.

Publicación de listaxes definitivas de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar

O día de hoxe publicáronse as listaxes definitivas de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO). 

As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).

 

Publicación de listaxes provisionals de admitidos e excluídos fondo libros e material escolar

O día de hoxe publicáronse as listaxes provisionais de admitidos e excluídos tanto do vale de material (para todos os cursos de ESO) como do fondo solidario de libros de texto (para 3º e 4º de ESO). 

As familias implicadas poden consultar os datos tanto no taboleiro interior do centro como na aplicación fondolibros (neste último caso o acceso deberá facerse con DNI electrónico o certificado dixital válido).

O prazo de presentación de reclamacións é de dous días contados a partir do seguinte a esta publicación.

Relación de libros de texto para o curso 2023-2024

A listaxe de libros de texto para o curso 2023-2024 é a seguinte:

Admisión curso 2023-2024 - Cursos nos que hai que baremar

Informamos que no proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024 temos que baremar nos seguintes nivies:

 

1º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACHARELATO modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

 

O prazo de presentación da documentación para a baremación é entre o 21 de marzo e o 3 de abril de 2023 (ámbolos dous incluídos)

 

Amisión alumnado curso 2023-2024 - Publicación de vacantes ofertadas

Publícanse as vacantes ofertadas no noso centro para a admisión de alumnado do curso 2023-2024.

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Criterio complementario do centro

Pódese consultar o criterio complementario de centro no seguinte ligazón.

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Alumnado Centros adscritos

Informamos que todo o alumnado dos Centros adscritos que solicitou praza no noso Centro está admitido.

Poden consultar os listados de alumnado no taboleiro de anuncios do noso Centro.

 

Admisión de alumnado curso 2023-2024 - Criterio complementario de Centro

Informamos que o criterio complementario aprobado polo Consello Escolar do centro IES Gonzalo Torrente Ballester con data 30/01/2023 consiste en "residir en zona limítrofe á área de influencia do centro", acreditado mediante volante de empadronamento ou certificado de convivencia.

Proceso de admisión curso 2023/2024

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2023/2024

 

Se queres acceder á aplicación informática do proceso de admisión preme AQUÍ

 

Podes consultar o manual para as familias AQUÏ

 

Podes consultar a normativa sobre o proceso de admisión:

    • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
    • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Listado libros de préstamo de 2º de ESO

No taboleiro interior do centro está exposto o listado de libros de préstamo que ten o centro para 2º de ESO para o curso 2022-2023.

Pregamos póñanse en contacto con nós ante calquer erro no listado ou calquera dúbida ou aclaración.

Calendario de matrícula para o curso 2022/23

O periódo de matrícula para o curso 2022/23 realizarese en horario de 9:30 a 13:30 nas fiestras de administración segundo o seguinte calendario:

 

Día Curso
29 xuño 1º de ESO
1 xullo 1º de Bacharelato
4 xullo 2º de Bacharelato
5 xullo 2º de ESO
6 xullo  3º de ESO
7 xullo 4º de ESO
8 de xullo Incidencias

Entrega de notas da terceira avaliación en ESO e da avaliación ordinaria en 1º de Bacharelato

A entrega de notas da terceira avaliación nos grupos da ESO realizarase do seguinte xeito:

  1. O luns, 6 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
  2. O martes, 7 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas xunto cos informes específicos asinados por cada profesor/a das materias que teñen que recuperar cara á avaliación ordinaria. As actividades de recuperación e ampliación de cada materia realizaranse ata o 22 de xuño incluído.

A entrega de notas da avaliación ordinaria nos grupos 1º de Bacharelato realizarase do seguinte xeito:

  1. O mércores, 8 de xuño, entre as 21 e as 22 horas estarán dispoñibles as notas na aplicación Abalarmóbil.
  2. O xoves, 9 de xuño, no horario lectivo, o titor/a entregará boletín de notas asinadas. As actividades de preparación das materisa para a avaliación extraordinaria e de ampliación realizaranse ata o 22 de xuño incluído.
  3. O periodo de reclamacións contra as calificación da avaliación ordinaria será o 9 e o 10 de xuño.

 

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de material escolar. Curso 2022-2023

1.- NORMAS XERAIS

Dirixida ao alumnado do centro, que pode solicitar:

  • ALUMADO MATRICULADO EN 1º E 2º DE ESO NO CURSO 2022/23: Só axudas para adquirir material escolar. Este alumnado non poderá solicitar a participación no fondo solidario de libros de texto xa que ao ser o noso centro un centro EDIXGAL todo o alumnado destes niveis teñe garantidos un mínimo de 6 libros dixitais gratuitos.
  • ALUMADO MATRICULADO EN 3º E 4º DE ESO NO CURSO 2022/23: Participación no fondo solidario de libros de texto e/ou axudas para adquirir material escolar.

 

2.- OBRIGAS DAS PERSOAS BENEFICIARIAS

  • Devolver os libros de texto e o material reutilizable adquirido coas axudas para libros de texto ou recibido do fondo solidario no curso 2021/22.
  • Conservar en bo estado os libros de texto e o material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido coas axudas para libros de texto no curso escolar 2022/23 e devolvelos ao rematar este no mes de xuño.
  • Destinar o importe do vale para libros a adquirir, única e exclusivamente, os libros de texto que indique o centro en que estea matriculado o alumnado.
  • Destinar o importe do vale para material, única e exclusivamente, a adquirir o material escolar que necesite.
  • Respectar as obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

 

3.-PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

PRAZO: As solicitudes poderán facerse entre o 19 de maio e o 22 de xuño de 2022.

MODO: O solicitante será o pai/nai/titor legal do alumno.

  • Presentación electrónica: unha solicitude por fillo/a.
  • Presentación non electrónica: unha solicitude única para todos os fillos admitidos no mesmo centro docente

LUGAR: As solicitudes poderán facerse:

  • Preferiblemente por vía electrónica nos formatos dispoñibles na aplicación fondolibros: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros a través da sede electróncia da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
  • Presencialmente no centro docente no que estea admitido o alumno para o curso 2022-2023. Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2022/23, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2021/22.
  • Calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

FORMULARIO: (Anexo I) dispoñible:

DOCUMENTACIÓN COMPLEMENTARIA:

Xunto coa solicitude haberá que entregar a seguinte documentación, referida á situación a 31 de decembro de 2020:

  • Anexo II: comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar.
  • Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables.

Segundo a situación do alumno/a haberá que entregar outra documentación (sentencia xudicial de separación ou divorcio, documentación xustificativa da situación de violencia de xénero no ámbitofamiliar, resolución administrativa o xudicical que acredite a situación de acollimiento...).

 

4.- CALENDARIO DE APLICACIÓN

  • Presentación de solicitudes: do 19 de maio ao 22 de xuño de 2022 (incluídos).
  • Listaxes provisionais de admitidos e excluídos: 11 de xullo de 2022.
  • Listaxes definitivas de admitidos e excluídos: 18 de xullo de 2022.

 

5.- LEXISLACIÓN APLICABLE

Distribuir contido