ORIENTACIÓN SOBRE ESTUDOS

Na aula Virtual do centro están "colgados" diversos videos e outras informacións para que o alumnado e as súas familias coñezan as posibeis escollas académicas e os diversos itinerarios educativos e de formación profesional. Tamén poden consultarse estas informacións no Blog de Orientación (accesíbel desde a páxina do centro, onde figura unha ligazón na columna da dereita con este nome). 

Para acceder á información na aula virtual debemos entrar nela primeiro para seleccionar "organización e funcionamento do centro" e unha vez dentro deste "curso" seleccionar ORIENTACIÓN.

Espero que a información sexa útil a todos. En caso de dúbida sempre se pode contactar coa orientadora ou co Xefe de Estudos.