Skip to Content

LIBROS DE TEXTO 2023-2024

Libros de texto curso 2023-2024

ESO: Arquivo adxunto

BACHARELATO E FP: Arquivo adxunto

 

 

PUBLICACIÓN LISTAXE DEFINITIVA DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL ESCOLAR

Publicadas as listaxes definitivas do alumnado con dereito as axudas do fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2023/2024.

So se poderá consultar a través da aplicación FONDO LIBROS no menú "cidadán" e de xeito presencial no taboleiro de anuncios do edificio principal do centro, en horario de 9:30 a 13:30 horas.

Tamén se poden retirar os vales de axuda para adquirir material escolar na conserxería do centro no mesmo horario.

 

RUTAS TRANSPORTE CURSO 2023-2024

Rutas e paradas transporte escolar 2023-2024: Arquivo adxunto

Dúas alumnas do IES Terra de Xallas foron premiadas no XX Certame Literario do Concello de Ames

O pasado mes de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas recolleron cadanseu premio no XX Certame Literario do Concello de Ames ao acadar un 2º e un 3º posto nas modalidades nas que participaron, poesía e narrativa, respectivamente. O acto celebrouse na Casa de Cultura do Milladoiro. As premiadas son Amalia Blanco, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto co seu poema titulado Po, vidro, cal, sol e area; e Soraya Paredes, de 4º da ESO, que recibiu o terceiro premio polo seu relato titulado A arma máis poderosa. O xurado estivo conformado por personalidades do mundo da literatura gañadores doutras edicións do concurso, que tiveronque escoller entre un total de 167 obras.

              

ALUMNADO PREMIADO NO CONCURSO LA VOZ DE GALICIA MELLOR XORNALISTA XUVENIL

O pasado venres, 9 de xuño, dúas alumnas do IES Terra de Xallas asistiron á entrega dos premios do concurso de La Voz de Galicia Mellor Xornalista Xuvenil ó acadaren un 2º e un 1º premio nas dúas modalidades nas que participaron, artigo de opinión e entrevista. O acto celebrouse na sede do Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, en Arteixo. As premiadas son Laura Calvo, de 1º de bacharelato, que conseguiu un segundo posto cun artigo de opinión sobre os ventres de alugueiro; e Uxía Conde, de 4º da ESO, que recibiu o primeiro premio pola entrevista que lle realizou á súa avoa e na que falaba das penurias da súa mocidade. Os traballos estiveron titorizados pola profesora de Lingua galega e literatura, Maricarme García Ares.

 

 

 

DATAS E HORAS DOS EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA (BACHARELATO E 1º DE FPBÁSICA)

No arquivo anexo a esta páxina están os horarios das probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de Bacharelato e 1º de FPBásica, que terán lugar no IES Terra de Xallas os vindeiros luns 19, martes 20 e mércores 21 de xuño.

Distribuir contido


by Dr. Radut