Skip to Content

VISITA Á X FEIRA DE MINERAIS

O venres 1 de marzo, o alumnado de 1º da ESO e de 2º de Bacharelato que cursa Xeoloxía visitou a X Feira de Minerais celebrada en Area Central (Santiago de Compostela). O alumnado acudiu a Charla sobre "Cobalto, la fiebre del oro azul" impartida polo xornalista da Vanguardia, Xavier Aldekoa, e participou nos obradoiros de Mineraloxía, Fósiles, Identificación de minerais e Bateo de Ouro. A saída foi organizada polo Departamento de Ciencias Naturais. Se queres coñecer algo máis sobre a visita, Preme aquí.

XUNTANZA DE ORIENTACIÓN CON EX-ALUMNOS/AS

O pasado 29 de febreiro o Departamento de Orientación organizou unha Xuntanza de Orientación onde participaron nove exalumnos/as do Centro. O alumnado de restauración preparou para todos eles un apertitivo de benvida e a continuación desplazáronse o Salón de Actos onde contaron as súas experiencias, motivacións e deron consellos moi valiosos ao alumnado de 4º de ESO, 2º de Bacharelato e Ciclos Básicos de Restauración e Mantemento de Vehículos. Moitas grazas aos nosos exalumnos/as que por un día deixaron os seus traballos e participaron desta nova iniciativa!!! Se queres saber máis sobre a Xuntanza de Orientación, preme aquí.

PRIMEIRO POSTO NO CERTAME DE DEBATE 2024

O pasado martes 27 de febreiro celebrouse en Santa Comba o Certeme de Debate 2024. O noso alumnado que cursa Oratoria en 4º de ESO acadou o Primeiro Posto. O alumnado participante demostrou un gran dominio da lingua e moita calidade nas súas intervencións, Parabéns!!! Se queres saber algo máis sobre o Certame de Debate 2024, preme aquí

 

VISITA A SOGAMA

O martes 27 de febreiro, o alumnado de 1º da ESO xunto co alumnado dos Ciclos Básicos de Restauracion e Mantemento de Vehículos realizaron unha visita ao Complexo Medioambiental de Cerceda, SOGAMAA visita consistiu nunha charla formativa sobre as instalacións e a súa funcionalidade, unha visita polas instalacións empregando as lentes de realidade virtual e obradoiros de reciclaxe. A saída foi organizada polos Departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais, se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí.

PARTICIPACIÓN NO INTERCOMARCAL DE CROS

O pasado martes 27 de febreiro celebrouseen Noia a proba deportiva intercomarcal de cros organizada polo programa Xogade. Na actividade participou o alumnado de 2º da ESO  xunto con outros 65 centros educativos con un total de 700 participantesFermosa xornada de convivencia, deporte, disciplina, esforzo e superación coa que pretendemos dende o departamento de educación física inculcar estos valores e hábitos de vida activa e saudable. Parabéns as/os nosos atletas!!!

VISITA DE ROSALÍA DE CASTRO E MODESTO BROCOS

O venres 23 de febreiro honramos a nosa maior poeta celebrando o 187º aniversario do seu nacemento. Por un día viaxamos ao século XIX e desfrutamos da compañía de Rosalía de Castro e Modesto Brocos, coñecido pintor compostelán que a retratou no Pazo de Lestrobe. Cos Quinquilláns pasamos unha xornada moi divertida e instrutiva!! Se queres coñecer algo máis sobre a visita, preme aquí 

Distribuir contido


by Dr. Radut