Skip to Content

25 DE NOVEMBRO: ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN PARCIAL DO CONSELLO ESCOLAR

Neste mes de novembro van ter lugar as eleccións para a renovación parcial do Consello Escolar. Estas eleccións son moi importantes, dado que o Consello Escolar é o órgano de participación no goberno do instituto dos diferentes membros da comunidade educativa, a saber: pais/nais/titores legais, alumnado, persoal de administración e servizos e profesorado. Neste órgano tamén están representados o Concello de Santa Comba e os empresarios da zona, a través das persoas designadas por cada un deles.

Dende a Dirección animámosvos a presentar candidatura para formar parte do Consello Escolar.

 

 

 

QUEN PODE PRESENTARSE ÁS ELECCIÓNS?

 Pode presentarse calquera persoa que sexa:

  • pais/nais/titores legais do alumnado do centro
  • un alumno/a do centro
  • pas (persoal de administración e servizos)
  • un profesor ou profesora do centro

 

 

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE CANDIDATURAS

Dende o 8 de novembro ata o 16 de novembro

COMO ME PRESENTO

Dúas vías:

  • Na Secretaría do centro
  • No correo electrónico ies.terra.xallas@edu.xunta.gal

En ambos casos hai que utilizar o pdf "Solicitude de candidatura".  

 

   

 CENSO

O censo provisional de nais/pais/titores legais, alumnado, pas e profesorado estará dispoñible para a súa consulta no taboleiro de anuncios do instituto entre o 7 e o 10 de novembro.

O período de enmendas ao censo electoral provisional abrangue dende o 7 ata o 11 de novembro.

 

COMO PODO RECLAMAR/ENMENDAR O CENSO ELECTORAL PROVISIONAL?

Dúas vías:

En ambos casos hai que utilizar ben o pdf "Solicitude de corrección_Censo", ou ben o pdf "Solicitude de inclusión no Censo".

 

CANTAS PRAZAS SE VAN RENOVAR?

Pais/Nais/Titores legais:     1
Alumnado:     2
Pas:     1
Profesorado:     3      

 

 

 



 

Relación de candidatos que se presentan ao próximo proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar.

 

Unha vez reunida a Xunta Electoral o día 17/11/2022 e revisadas as candidaturas presentadas, procédese a proclamar e publicar o listado de candidatos nos sectores indicados (*):

Sector do alumnado:

  • Andrade Domínguez, Hugo
  • Hernández Rey, Ismael
  • Souto Vázquez, Sara

Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:

  • Amarelle Trigo, Elisabeth
  • Carro Landeira, Juan José
  • Rey Torreira, María Argentina

 (*) Como é preceptivo, conta esta proclamación ábrese un periodo de dous días, contados a partires da publicación desta información, para recoller as reclamacións que poida haber. Para pór unha reclamación dirixirse á secretaría do centro ou a través do correo electrónico ies.terra.xallas@edu.xunta.gal.

Así mesmo infórmase que o prazo para realizar campaña electoral nos distintos sectores abrangue dende o 22 ata o 24 de novembro.



 

As votacións terán lugar no centro educativo o 25 de novembro cos seguintes horarios:

 

Sector do alumnado: Dende ás 9:00 ata as 12:00 (o alumnado irase desprazando segundo o horario acordado pola Xunta Electoral).

 

Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:

  • Dende ás 11:00 ata as 13:30.
  • Dende ás 15:30 ata as 18:00.

 

 

 



A Xunta Electoral do IES Terra de Xallas procede a proclamar e publicar o listado de candidatos/as electos no proceso electoral para a renovación parcial do Consello Escolar:

 

Sector do alumnado:

  • Souto Vázquez, Sara
  • Andrade Domínguez, Hugo

 

Sector dos pais/nais/titores/titoras legais:

  • Carro Landeira, Juan José

 

En Santa Comba, a 28 de novembro de 2022

O presidente da Xunta Electoral


Manuel Avelino Insua Hermo

 

 

AdxuntoTamaño
0120_Solicitude de CANDIDATURA.pdf145.18 KB
0121_Solicitude de Corrección_Censo.pdf138.4 KB
0122_Solicitude de Inclusión no Censo.pdf134.94 KB
Carta familias elección Consello Escolar 22_23.pdf125.81 KB


page | by Dr. Radut